Skip to Content

Préstamo de libros e axudas para material escolar. Curso 2019 2020

No DOG do 20 de maio saíu publicada a orde que regula a participación no fondo solidario e na que se convocan as axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria e secundaria. Toda a información correspondente pódese consultar na páxina web do centro ou no enderezo https://www.edu.xunta.es/fondolibros.

 

A solicitude para a axuda poderá cubrirse accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderan optar polas seguintes formas de presentación:

 

1.-Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. As solicitudes deben presentarse  preferiblemente  por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal.

 

2.-Presentación no centro cuberta telemáticamente: Neste caso, unha vez cuberta a solicitude e gardada na aplicación (https://www.edu.xunta.es/fondolibros); imprimirán a solicitude e o anexo II (na solicitude debe figurar o número asignado pola aplicación) e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa seguinte documentación:

 

  • ANEXO II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
  • Fotocopia do DNI do alumno/a para o/a que se solicita a axuda.
  • Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. No caso de que o libro de familia non reflicta a situación en 31 de decembro de 2017, poderán acreditar o número de membros  coa sentenza xudicial de separación onde figure a custodia do menor ou cun certificado de convivencia.
  • Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da familia, se o órgano que o recoñece non pertence á Xunta de Galicia

 

Estes documentos son os máis xerais, para casos especiais débese consultar a documentación a entregar.

 

Tamén se podería presentar a solicitude no centro cuberta de forma manual. Neste caso habería que descargar e imprimir a solicitude  (Anexo I) e o Anexo II , cubrilos e asinalos manualmente e entregalos no centro coa documentación sinalada no punto anterior.

 

O alumnado que se vaia a matricular en 1º ou 2º da ESO para o curso 2019/2020 (cursos incluídos no proxecto de educación dixital) está excluído do préstamo de libros. No obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar.

 

O prazo para a presentación remata o 21 de xuño.

 

 

Modelo de solicitude

AdxuntoTamaño
anexo I.pdf2.32 MB


page | by Dr. Radut