Aproveitando que un exalumno do instituto é o Lector de galego na Universidade de Varsovia, realizamos un vídeo que supón un diálogo entre o noso alumnado e o alumnado de lingua galega de Varsovia. O obxectivo, pola nosa parte, é que o alumnado coñeza a proxección internacional da nosa lingua e que reflexione sobre a valoración que lle damos aquí e a que se lle dá fóra.
Participaron no vídeo Linda Aristizábal, Irene Logares, Sara Logares, Julia García, Aicha Rajouani e Marina Ramos. Coordinou a actividade Suso Fernández Acevedo.