Skip to Content
Correo electrónico: ies.ribadeo@edu.xunta.es | Teléfono: 982870666

Libros de texto para o curso 2019 - 2020

Para ver a relación de libros de texto para o curso 2019 - 2020 preme na imaxe

Convocatoria extraordinaria 2º Bacharelato XUÑO 2019

Establécense os seguintes períodos de exames:

15:30 – 17:15
17:30 – 19:15
19:30 – 21:15

 

Entrega de Cualificacións

As cualificacións entregaranse o luns día 24 a partir das 13:00h.

 

Reclamacións

Martes 25 e mércores 26 ata as 14:00h.

 

Ligazón para ver os horarios

 

Recollida dos libros prestados no curso 18/19

Para ver a información para a recollida dos libros no curso 2018 / 2019 fai clic nesta Ligazón

Relación de libros prestados a cada estudante

Para ver que libros foron prestados a cada estuante hai que facer clic sobre o curso correspondente

2º curso ESO

3º curso ESO

4ª curso ESO

Préstamo de libros e axudas para material escolar. Curso 2019 2020

No DOG do 20 de maio saíu publicada a orde que regula a participación no fondo solidario e na que se convocan as axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado de educación primaria e secundaria. Toda a información correspondente pódese consultar na páxina web do centro ou no enderezo https://www.edu.xunta.es/fondolibros.

 

A solicitude para a axuda poderá cubrirse accedendo á aplicación Fondolibros, e unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo así o número de solicitude, e posteriormente poderan optar polas seguintes formas de presentación:

 

1.-Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. As solicitudes deben presentarse  preferiblemente  por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación “fondolibros” (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia http://sede.xunta.gal.

 

2.-Presentación no centro cuberta telemáticamente: Neste caso, unha vez cuberta a solicitude e gardada na aplicación (https://www.edu.xunta.es/fondolibros); imprimirán a solicitude e o anexo II (na solicitude debe figurar o número asignado pola aplicación) e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa seguinte documentación:

 

  • ANEXO II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
  • Fotocopia do DNI do alumno/a para o/a que se solicita a axuda.
  • Fotocopia do libro de familia onde figuren todos os membros computables. No caso de que o libro de familia non reflicta a situación en 31 de decembro de 2017, poderán acreditar o número de membros  coa sentenza xudicial de separación onde figure a custodia do menor ou cun certificado de convivencia.
  • Certificado do grao de discapacidade do alumno/a ou de calquera membro da familia, se o órgano que o recoñece non pertence á Xunta de Galicia

 

Estes documentos son os máis xerais, para casos especiais débese consultar a documentación a entregar.

 

Tamén se podería presentar a solicitude no centro cuberta de forma manual. Neste caso habería que descargar e imprimir a solicitude  (Anexo I) e o Anexo II , cubrilos e asinalos manualmente e entregalos no centro coa documentación sinalada no punto anterior.

 

O alumnado que se vaia a matricular en 1º ou 2º da ESO para o curso 2019/2020 (cursos incluídos no proxecto de educación dixital) está excluído do préstamo de libros. No obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar.

 

O prazo para a presentación remata o 21 de xuño.

 

 

Modelo de solicitude

Visita de Pepita Pedreira

Neste mes de xullo, tivemos no IES unha visita entrañable: trátase de Dona Josefa Pedreira, máis coñecida como Pepita Pedreira, Catedrática de Lengua Castellana y Literatura nos anos 60 cando o centro se chamaba "Carlos María Rodríguez de Valcárcel". Ademais, exerceu distintos cargos: bibliotecaria, xefa de estudos e tamén directora, xusto antes de marchar a Madrid no ano 1975 onde segiu a súa carreira como inspectora de educación e onde exerceu a cátedra no Instituto Mixto de Las Rozas e no IES "Ramiro de Maetzu" no que se xubilou.

Estivo con nós parte dunha maña e quixo visitar a biblioteca, a sala do profesorado e tamén o paraninfo, nome que entón recibía o Salón de Actos e no que estreou co grupo de teatro, entre outras, a obra de Cortezón "Nicolás Flamel", gardando moi bo recordo e moitas anécdotas. Contounos que esta obra resultara premiada no I Festival Literario del Miño en 1960 e que lle parecera importante dar a coñecer un escritor ribadense que empezaba a destacar. Precisamente no Salón de Actos, aínda conservamos algunhas pezas do decorado realizado por alumnado e profesorado do centro.

Deixounos unha dedicatoria no Libro de Honra do IES e tamén quixo facer unhas fotografías.

Agradecemos moito a súa visita!

 

 

 

Mellores Expedientes 2019. Noraboa!

 

O pasado 4 de xullo, dúas alumnas e un alumno de 2º bacharelato (Inés Canto González, Lara López Pérez e Pablo Vivero Fernández) foron convocados pola Universidade de Santiago de Compostela para participar no “Acto de recoñecemento ao mellor alumnado de centros de ensino medio de Galicia” celebrado no Palacio de Congresos e Exposicións de Santiago.

Como cada curso, dende o programa “A ponte entre a USC e o ensino medio”,a USC fai entrega duns diplomas a todo o alumnado que acadou unha nota media de 9 entre o bacharelato e a fase xeral da ABAU.

Presidiu o acto o Reitor da USC, Antonio López Díaz. No seguinte enlace pódense ver vídeos do acto; o noso alumnado aparece no segundo clip "Entrega de diplomas" entre os minutos 38 e 40.

http://tv.usc.es/serial/index/id/653

Dende o IES de Ribadeo, queremos dárlles os parabéns polo esforzo realizado e os excelentes resultados acadados. Son un bo exemplo a seguir e un orgullo para nós e as súas familias e dende aquí queremos expresar os nosos mellores desexos para todos eles na nova etapa que comezan.

 

Noraboa a tod@s!!!

 

Premios de Banda Deseñada e Ensaio do IES Xelmírez I.


O alumno de 2º ESO, Marco Tripiana González, ven de gañar o primeiro premio do certame de banda deseñada AX1, na categoría de 12 a 15 anos, coa obra "Desde o meu cuarto" que trata a temática do ciberbullying.

O certame chega esta ano á súa séptima edición, convocado polo IES compostelán en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo e coa Asociación Cultural Colectivo Xelmírez. Os seus obxectivos son incentivar o espírito crítico entre a xuventude e dinamizar o seu compromiso coa nosa época e coa nosa lingua, así como fomentar o mundo da creación plástica como vía de expresión e manifestación da mocidade.

Desde o centro dámoslle os parabéns a Marco polo traballo feito e o recoñecemento conseguido. É un verdadeiro orgullo contra co seu talento e creatividade.

Pódese consultar a nova nos seguintes enlaces:

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2019/06/18/galardones-xelmirez-i/0003_201906S18C109912.htm

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/40764/valentin-garcia-participa-entrega-los-premios-banda-disenada-ensayo-del-ies-xelmirez

 

Distribuir contido


by Dr. Radut