Skip to Content

MODELOS MATEMÁTICOS, PEGADA E DÉBEDA ECOLÓXICA EN GALICIA

Dentro do Programa A Ponte e grazas a colaboradores da Universidade de Santiago de Compostela, o noso alumnado de bacharelato tivo a ocasión de participar en dúas interesantes conferencias. A primeira, baixo o título Modelos matemáticos: unha axuda para entender e explicar a realidade impartida por Miguel Angel Vilar Rivas e a segunda titulada A pegada ecolóxica e a débeda ecolóxica na Comunidade Autónoma de Galicia a cargo de Eugenio Fernández Carrasco.

Agradecémoslles a axuda e esperamos que sirvan para  que o  noso alumnado reflexione sobre a importancia e aplicación dos modelos matemáticos na vida cotiá pero tamén para ser conscientes de que aínda que vivimos como se os recursos foran infinitos, nada máis lonxe da realidade. De feito, os países do Hemisferio Norte sobrevivimos a costa da capacidade ecolóxica dos países do Sur. Temos unha débeda ecolóxica moi superior á capacidade de carga da Terra como ecosistema polo que resulta imprescindible que nos mentalicemos de que só coas accións individuais de toda a poboación conseguiremos reducir a pegada ecolóxica e permitir que as futuras xeracións herden unha Terra na que o Desenvolvemento Sostible se faga realidade.



page | by Dr. Radut