Skip to Content

Premio Meendinho á profesora de Portugués, Dores Fernández Abel.

 

A finais do curso 2018-2019, o órgao de goberno da Fundaçom Meendinho concedeu o Prémio Meendinho á profesora do noso centro Dores Fernández Abel, por ser a docente de toda Galiza con máis alumnado de portugués. Todo isto dentro do contexto da implementación da Lei Paz Andrade (LEI 1/2014, do 24 de marzo, para o aproveitamento da lingua portuguesa e vínculos coa lusofonía), por como esta serve para mellorar o desenvolvemento social, económico e cultural galego ao tirar proveito da vantaxe histórica da variante internacional da nosa lingua. 

O pasado sábado, día 19, foi entregue esta distinción no decurso dunha Festa da Lusofonia, no Círculo Habanero da Devesa. Asistiron ao convivio, antigo alumnado e alumnado actual, ademais de profesorado do centro, para alén doutras persoas con interese no portugués. Tamén se contou coa presenza do Presidente  e a secretaria da Fundaçom Mendinho, Alexandre Banhos Campo e Manuela Riveiro Cascudo, así como coa do lexicógrafo e  profesor Isaac Alonso Estraviz. Amenizaron o acto, ademais dun concurso sobre a lusofonia, un grupo de alumnos do IES Perdouro de Burela e un grupo de cantareiras de Ribadeo.

A prensa fíxose eco do evento:

- PLG.gal

- Sermos Galiza

- La Comarca

Premendo aquí pódese acceder á nova publicada no Blog da Biblioteca.

AdxuntoTamaño
meendinho.jpg122.1 KB
IMG_0103.JPG56.67 KB


page | by Dr. Radut