Skip to Content

"Cando o plano se torna volume"

O alumnado de Debuxo técnico de 1º de bacharelato realizaron unha serie de maquetas empregando o técnica dos planos seriados (repetición de formas planas), representando detalles de dous edificios emblemáticos da vila: a torre dos Moreno e a praza de abastos. Ambos os dous son símbolos que enmarcan lugares de encontro e de relación entre as persoas. Ademais, amosan gran beleza plástica e contribúen á forxa da identidade do lugar.

Un mesmo edificio revela diferentes aspectos de si mesmo cando se ve desde distintos ángulos e distancias, e o alumnado tivo a oportunidade de camiñar ó seu carón centrándose só no seu volume, nos ocos, etc. A continuación, escolleron elementos arquitectónicos, cimplificándoos e transformándoos en novas estruturas rítmicas visualmente que manteñen a "verdade" da arquitectura (un edificio é honesto na súa expresión de funcións e materiais) e a súa "narrativa" (un edificio é o vehículo para contar historias, o escenario do teatro da vila.

Os elementos xeométricos trazados que conforman esa estrutura enfatizan a percepción da forma: desde a estatizidade do cadrado á direccionalidade do rectángulo; da seriación que suxire solidez ó oco que marca o tránsito.

En definitiva, con estas pequenas obras quérese manifestar a inspiración constante que emana dunha arquitectura, espectadora pero tamén condicionante do ir e vir das nosas almas.

Promoveu e coordinou a actividade a profesora Paula Alvite.

MÁIS IMAXES

 



page | by Dr. Radut