Skip to Content

Filosofía

ESDELIBRO

Varios equipos de alumnos de 1º de BAC, coordinados polo profesor Manel Yáñez Dablanca, participaron na 11ª edición do programa ESDELIBRO, que ten como obxectivo poñer en valor o libro, a creación e os dereitos de autor nas aulas.Pola súa participación, cada equipo recibiu un diploma:

Equipo EQUALIUM [blog]

Equipo AXÓUXERE [blog]

Equipo CAXIA [blog]

Equipo EUROFANS [blog]

Aldeas infantís

Manel Yáñez informa sobre a participación de Covadonga Yanes, de 2º de ESO, representando a Galicia na IV Xornada de adolescentes ALDEAS INFANTÍS SOS.

O pasado 24 de maio celebramos a "IV Jornada de adolescentes ALDEAS INFANTILES SOS", que culminou un curso de traballo co tema "El respeto y la convivencia, contra el acoso escolar", no programa didáctico "Párate a pensar", onde plantean 50 actividades que abordan maneiras de formar a personalidade adolescente e potenciar a súa autoestima, as relacións cos seus compañeiros e a familia e de promover o esforzo e a participación social por un mundo máis xusto e solidario. [LER MÁIS]     [PRENSA]     [ÁLBUM DE ALDEAS INFANTÍS]    [MÁIS IMAXES]

Os intercambios con Europa como modelo de aprendizaxe

OS INTERCAMBIOS CON EUROPA COMO MODELO DE APRENDIZAXE

[IMAXES NA GALERÍA]

O profesor Manel Yáñez, do departamento de Filosofía, fai estas reflexións sobre o intercambio que coordina desde hai anos cun centro de Alemaña.

A aposta que o noso centro fai por Europa renóvase cada curso co intercambio que temos co KARL VON FRISCH GYMNASIUM de Dusslingen (Stuttgart, Alemaña). A necesidade de apertura a outras nacións, o coñecemento destas e a posibilidade de futuro que representan as diversas institucións da Unión Europea conforman os obxectivos que perseguimos con estas actividades. 

De forma concreta o coñecemento do sistema educativo dun país veciño, a realización de actividades culturais e artísticas en conxunto, a asistencia a clases no centro socio e a convivencia coas familias cremos que enriquecen a perspectiva cultural e académica do noso alumnado, fomentan o seu interés polo contexto sociopolítico no que viven, e sitúaos nunha perspectiva máis positiva e favorable para a súa formación.

"Redeiras: do profesorado e para o profesorado", un artigo de Manel Yáñez

No Espazo Abalar publicouse este curso un artigo de Manel Yáñez, do departamento de Filosofía, sobre a utilidade da rede Redeiras para o labor docente. 

Esdelibro.es

Dous equipos de alumnado do noso centro, coordinados polo profesor Manel Yáñez, obtiveron diplomas pola súa participación en Esdelibro.es

DIPLOMA 1

DIPLOMA 2

 

9 de maio: Día de Europa

O 9 de maio celebramos o Día de Europa no IES Ribadeo Dionisio Gamallo coa presenza de dous alcaldes da vila que animaron a mañá do alumnado de 4º de secundaria e 1º de bacharelato. Os traballos dos alumnos e alumnas da materia de Europa, que elaboraron videos sobre a historia da Unión Europea, blogs, e fixeron entrevistas pola vila preguntando sobre os 30 anos da pertenza de España e polas ventaxas ou inconvenientes, deron pe ás reflexións dos nosos invitados.

Eduardo Gutiérrez lembrou 1986, daquela como concelleiro, en vísperas de ser elixido alcalde (1987-1995), a súa visión daquel Ribadeo de entonces dista moito da imaxe do Ribadeo actual, que representa Fernando Suárez, que, a pesares das dificultades e dos tropezos que as actividades políticas xeran ao noso redor na política comunitaria, mantén que sempre fomos Europa, e ámbos os dous coinciden en que, nestes tempos que nos tocan vivir, cos altibaixos propios dos avatares políticos, estamos mellor dentro que fóra…. Só nos queda equilibrar os distintos potenciais nacionais e ser capaces de defender os nosos dereitos, para que a idea da Unión Europea se consolide na liña na que foi ideada: un espazo común de intercambio pacífico e progresista, no que poder construir un futuro democrático e de valores para todos os cidadáns.

Participación no "I Seminario de Jóvenes Talentos"

Sara Canto González, Martín García Lorenzo, Alba González Pérez e Cristina Martínez García de 2º de bacharelato, e Celso Aenlle Currás, Irene Duinkerken Rodríguez e María Redondo Peña, de 1º, participaron no I Seminario de Jóvenes Talentos (IYTS), que tivo lugar en Madrid o día 31 de marzo.

O alumnado estivo acompañado polo profesor Manel Yáñez Dablanca, que nos redactou esta crónica do evento.          [MÁIS IMAXES]

Comercio xusto

Na última semana de decembro, leváronse a cabo obradoiros cos grupos de 2º ESO. Máis de 80 rapaces e rapazas que reflexionaron sobre o consumo, sobre as condicións de traballo noutras partes do mundo, e sobre a necesidade de favorecer un tipo de consumo ecolóxico e responsable.
 
Durante estes días, tamén xestionaron a venda de produtos alimenticios e de artesanía que cumpren na súa elaboración e distribución os principios do Comercio Xusto.
 
A actividade estivo coordinada por dúas monitoras de Solidariedade Internacional de Galicia. No centro, promoveu e coordinou as actividades o profesor Manel Yáñez, do departamento de Filosofía.

Naufraxios en Ribadeo

Eva e Inés, dúas alumnas de 2º de ESO, recibiron unha mención extraordinaria do xurado do Concurso para investigadores convocado por esdelibro.com polo seu traballo sobre os Naufraxios en Ribadeo.

Nesta edición, participaron 1959 estudantes de todo o Estado, agrupados en 626 equipos. Como finalista, o traballo das ribadenses figura entre os 30 primeiros.

Coordinou a investigación o profesor Manel Yáñez, do departamento de Filosofía.

Parabéns a todo o equipo!

 

 

Premio "La Voz de la escuela"

O alumno Máximo Reija Ríos, de 2º de bacharelato, obtivo o 2º premio na modalidade de "Opinión" do certame La Voz de la escuela.

Coordinou o traballo o profesor Manel Yáñez Dablanca, do departamento de Filosofía.

Pódese ler o seu traballo (páxina 7 do pdf) e o dos outros premiados premendo aquí.

Parabéns!

Distribuir contido


by Dr. Radut