Skip to Content

Blogs, Exposicións, cursos e avisos, Info Point

Ultimando o PROXECTO TAEUS

Hoxe luns 30 de maio o alumnado implicado no PROXECTO TAEUS visita de novo o concello para ultimar a información máis relevante sobre o traballo. Unha visita na que recolleremos fotos e videos sobre os elementos máis singulares e especiais do traballo que veñen desenvolvendo con fondos europeos desde que se solicitaron e organizaron na nosa vila.

Nesta ocasión queriamos concretar algúns dos aspectos concretos para acometer a redacción definitiva e difundir o informe nas plataformas elixidas. Ana e o seu equipo facilitaron, unha vez máis, a nosa visita cunha selección dos documentos máis significativos dos que levan inventariado e dixitalizado, e incluso algunha peza algo máis orixinal e exclusiva que comentaremos nos resultados finais. Ata entonces... Grazas por todo!!!

EUROSCOLA 20 maio

Unha nova sesión de EUROSCOLA, unha nova oportunidade de facer escoitar a nosa voz e a nosa opinión en toda Europa. 7 centros españois, 90 centros europeos, 24 países poñendo oído e voz a unha problemática real e preocupante. Os nosos xoves queren participar, queren construír comunidade, queren manifestar o seu compromiso cunha sociedade máis xusta, máis igualitaria, máis sostible e máis democrática. Máis de 60 alumnos e alumnas de  BAC participaron nesta xornada.

Cronica3.com (25 maio 22)

O Xornal da Mariña (25 maio 22)

La Comarca del Eo (4 xuño 22)

 

Suplemento A Mariña El Progreso 26/05/22 

 Suplemento A Mariña El Progreso 26/05/22

Programa EUROSCOLA 20may

European Parliament Multimedia Centre (europa.eu)

 

 

 

9 de Maio 2022: DÍA DE EUROPA NO IES RIBADEO

Lembrade que aínda podedes participar no IX Concurso de Fotografía A cidadanía europea en Galicia.... tedes toda a información neste enlace de EUROPEDIRECT LUGO, ou tamén nesta dirección do Facebook... para maiores de 18 anos e ata o 9 de xuño!!!!

Mensaxe da Presidenta do Parlamento Europeo Roberta Metsola ás ESCOLAS EMBAIXADORAS.

Alumnado de 1º BAC signando o FELIZ DÍA DE EUROPA!

Esta tarde, dentro das actividades no DÍA DE EUROPA, recibimos a visita de Iván Lombardero, xeólogo, activista ambiental, traballador no Sindicato Labrego Galego,... entre outras moitas facetas que ven desempeñando desde fai tempo con convicción e firmeza. Con convicción xa que o estudo e a dedicación ás ciencias ambientais proporciona un punto de partida e de análise da realidade obxectivo e fundamentado, e con firmeza xa que as consecuencias dos seus estudos marcan unha liña clara de coñecemento que comparte en cada unha das súas actividades. A súa charla de hoxe titulouna "Europa fronte ás crises climática e enerxética", na que desenvolveu unha mirada crítica da sociedade actual desde as contendas mundiais e os primeiros pasos da unidade europea, unha unidade de marcado signo económico que aínda hoxe mantén o seu poder e a súa impronta na creación dos camiños de futuro para todos os países que compoñen a Unión Europea e incluso do resto de países de influencia no mundo. Unha charla que marcará un punto de inflexión na forma de pensar os contidos de Historia e de Filosofía do noso alumnado, e que sen dúbida dará para comentar e continuar charlando noutras ocasións.

Cronica3.com (11 maio 22)

O Xornal da Mariña (11 maio 22)

La Voz de Galicia (19 maio 22)

A charla comezou coa proxeción do vídeo que o alumnado de 1º ESO D realizou para a "Estación Verde", un espazo virtual proposto por EUROPE DIRECT A CORUÑA, e que reuniu a 8 centros de Galicia no estudo e divulgación dos obxectivos do Pacto Verde Europeo (tamén comentado na charla), e do que tedes o enlace máis abaixo.

Xa está dispoñible o espazo virtual "Estación Verde"; unha colaboración de 8 diferentes centros de Galiza sobre o PACTO VERDE EUROPEO. 

 

   Podedes acceder no seguinte  enlace:

  ESTACION VERDE 

   Para visualizar os vídeos, premede no cartel

   "Estación Verde na escola".

EUROSCOLA 20 MAIO

O vindeiro 20 de maio e por segunda vez este curso fomos seleccionados para participar nunha nova sesión de EUROSCOLA, un proxecto internacional que permite ao alumnado poñerse en contacto directo con responsables das institucións europeas e coñecer algúns dos temas de debate actual que se veñen desenvolvendo na política comunitaria. Nesta ocasión o tema versa sobre TRANSFORMACIÓN DIXITAL. Adxuntamos contidos e enlaces para tods os que queirades participar nesa xornada.

Para poder participar nesta xornada debedes acceder, cubrir, imprimir, asinar, escanear, subir e entregar o xustificante de ter realizado todo o anterior ao responsable da activiade.

(In order to validate the participation of all students, we kindly ask you to send this registration form to their parents via the following link):

https://ec.europa.eu/eusurvey/runner/Euroscola200522 

 

AO REDOR DO DÍA DE EUROPA

Comezamos esta semana con actividades de contido europeo e que terán o seu centro unificador o día 9 de maio, no que celebraremos o DÍA DE EUROPA....

ACTIVIDADES 

EUROPA CON NOS: Visita de Nicolás González Casares

O vindeiro venres 29 de abril, ás 12:30 recibiremos no centro a visita de Nicolás González Casares, europarlamentario desde 2019, co que comentaremos as actuais circunstancias que vive Europa e as consecuencias para o noso futuro. É a primeira vez que nos visita un parlamentario europeo e queremos aproveitar a ocasión para coñecer o funcionamento interno do Parlamento e doutros órganos de xestión e control dos organismos europeos.

Estamos convencidos de que será unha experiencia única e que suporá un antes e un despois no noso labor como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo.

Blog de Nicolás G. Casares

Amarinaxa (26 abril)

Cronica3.com (27 abril)

Iniciación Lingua de signos: un xesto de Eva para comezar!

Mércores 29 marzo: un xesto vale máis que 1000 palabras!!!! Hoxe por fin a nosa compañeira Eva fixo a visita prometida aos grupos de 1º BAC B e C para explicar a orixe, protagonistas e conceptos básicos da Lingua de signos. A recente creación no centro dunha aula de Educación Especial e unha aula de Audición e Linguaxe, engadiu varias especialistas coas que iniciamos este camiño de necesario coñecemento. A IGUALDADED  e a INTEGRACIÓN  son elementos fundamentais na nosa aprendizaxe e debemos poñermos en contacto coa realidade humana que nos rodea e as súas particularidades.

Aprender a convivir, a relacionarse,... inclúe tamén coñecer outras formas de expresión que nos permitan crecer como sociedade sen exclusións nin separacións. Consideramos que esta é unha boa forma de comezar...! Grazas Eva... esperamos a 2ª parte... e as seguintes!

O CAMIÑO QUE NOS TORNA IGUAIS (38 CONCURSO ESCOLAR ONCE)

Este xoves 24 de marzo presentamos o noso video pola incusión para participar nunha nova edición do Concurso Escolar ONCE, que este curso ten o lema 

Co que seguimos o noso camiño didáctico e ético pola INCLUSIÓN, os Dereitos e a tolerancia na nosa sociedade. O video foi realizado por alumnado de 2º BAC C, coa axuda da incombustible Sara Sixto de 1º BAC. Esperamos que vos guste e que o espalledes polos medios.

"Necesitamos inclusión, pero tamén necesitamos medios"

O grupo de 2º ESO A coordinados pola profesora Sofía Acevedo resultaron gañadores na categoría C co seu video "Loitando por unha accesibilidade inclusiva"... NORABOA!!!!!

Seguimos!!!!

8 MARZO coas ESCOLAS EMBAIXADORAS

Compartimos hoxe a actividade conxunta de varias ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO con motivo do 8 de Marzo. Un collage onde aparecen mulleres anónimas, pero coñecidas de cada un e unha de nos como testimonio da importancia que cada persoa ten en todo tempo e en todo lugar. 

Unha suma de rostros cercanos, de actitudes positivas e de vidas entregadas ás demais... Un recoñecemento que vai máis alá de frases feitas, de tópicos intelectuais, de sonidos e postureos repetitivos e que se impón no día a día da nosa existencia, e codo a codo con cada situación vital.

En definitiva, un traballo conxunto desde distintas partes do territorio español, e que amosa unha mesma realidade: a necesidade de igualdade frete a todas as situacións de desequilibrio e de exclusión.

Desde esa idea seguimos desenvolvendo o noso traballo....

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER COAS ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO

MANIFIESTO EUROPA EN EL AULA

O venres 11 estivemos presentes na Xornada do MANIFIESTO #EUROPAENELAULA, unha iniciativa do Equipo Europa, que reclama e promociona unha materia de libre configuración optativa sobre a UE. 

A nosa traxectoria como profesorado de Filosofía, como centro, e como ciudadáns europeos está marcada oficial e academicamente desde 2015, cando deseñamos, presentamos e incluimos EUROPA COMO MATERIA como optativa para o noso alumnado de 1º BACH. A pesares de que é ofertada só nunha modalidade e como alternativa á materia de Relixión, cremos que este posicionamento disciplinar é un paso decisivo na nosa conciencia europeísta. Ademais, as actividades levadas a cabo ese curso deron un eco fundamental e rigoroso á nosa iniciativa.

Agora, sendo ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO por segundo curso, e ante as circunstancias dramáticas que estamos a vivir faise máis necesaria aínda unha implicación e participación cidadá desde unha reflexión consciente do que somos e do que queremos ser. 

Nesta liña cremos que o noso traballo debe continuar e que as institucións e os poderes públicos deben fomentar e promocionar os valores que a UE prima e defende e expallalos por toda a cidadanía.

Para todos aqueles/as que credes nunha educación en valores de paz e cooperación... asinade o Manifesto!

Distribuir contido


by Dr. Radut