Skip to Content

Blogs, Exposicións, cursos e avisos, Info Point

EUROHALLOWEEN

Compartimos aquí unha proposta do IES Francisco García Pavón... se queredes saber algo máis e non vos asusta o reto... contactade a través deses medios a partires das 19 horas.....

A DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE ENTREGA O 4º PREMIO TAEUS

Este venres 14 de outubro a Directora Xeral de Xuventude, Cristina Pichel Toimil, e o Xefe Territorial de Política Social e Xuventude Javier Vázquez Nodal, entregaron o 4º Premio do concurso TAEUS “Take a walk on the EU side” ao alumnado de 2º BAC do IES Ribadeo Dionisio Gamallo. 

Nun acto celebrado ante un numeroso alumnado de 4º ESO, 1º e 2º BAC, Cristina Pichel fixo entrega dos certificados ao alumnado logo de dirixir unhas palabras e de escoitar a presentación que Paula López Yáñez, en nome dos seus compañeiros e compañeiras fixo do video “Recuperación de nuestra memoria histórica a través de Fondos Europeos" sobre o arquivo histórico do noso concello, levado a cabo baixo a supervisión do profesor de Filosofía Manel Yáñez Dablanca o curso pasado. 

Neste acto estivemos acompañados por Sara e Nino, integrantes do equipo INGALICIA, coordinadores do Proxecto TAEUS (e outros) que desenvolveron a actividade TIME TO MOVE para rematar unha xornada de formación e difusión de alternativas para a xuventude, en definitiva para todo o alumnado. Gracias!!!

  

 

La Voz de Galicia 15 out 22:

 

La Comarca del Eo 22 out 2022:

Ribadeo en Bruxelas

O pasado 9 de maio Nicolás González Casares visitounos co gallo do DÍA DE EUROPA. A súa charla animou ao alumnado e ao profesorado no labor de coñecemento e difusión dos valores europeos, aguilloando así a unha xeración de xoves a seguir mantendo o interés polas institucións europeas.

Co comezo do curso unha invitación do europarlamentario para visitar a sede do Parlamento Europeo en Bruxelas foi o detonante dunhas semanas de traballo, selección e decisión que levaron a 14 alumnos e alumnas e a 4 profesores a esta especial visita. Marchamos o luns 10 de outubro e regresamos o xoves 13. Unha viaxe rápida que intentamos aproveitar todo o posible, incluíndo unha visita a Bruxas e Gante que de seguro serviu para expandir as nosas mentes e enriquecer a nosa memoria visual.

Mañá nos espera un venres de traballo pero tamén de contar e recontar algunhas das anécdotas desta epopeia (todas non). Grazas pola vosa actitude e polo voso comportamento. Sodes exemplo a seguir!

El Progreso 13 outubro 2022:

 

La Voz de Galicia 13 outubro 2022:

TWITER @Cosmopolitas1

Páxina do eurodiputado Nicolás González Casares.

VISITA DA DIRECTORA XERAL DE XUVENTUDE

O vindeiro venres 14 de outubro a Directora Xeral de Xuventude Cristina Pichel Toimil estará no IES Ribadeo Dionisio Gamallo a partir das 11 da mañá para a entrega de certificados ao alumnado que participou no proxecto de ámbito nacional TAEUS, coordinado polo equipo de INGALICIA, co traballo “Recuperación de nuestra memoria histórica a través de Fondos Europeos" sobre o arquivo histórico do concello de Ribadeo. 

As alumnas Áyelin Álvarez Cuéllar, Cristina Álvarez Rey, Susana Díaz Bedia, María García del Río, Andrea Rodríguez Cansignia, Paula López Yáñez, Antía Romero Prieto, Claudia Vizoso González, e os alumnos José María Gutiérrez Mangiavacchi, Daniel Otero López, Álvaro Pérez Fernández, Andrés Portela Besteiro, e Jesús Bernabé Salazar García, dirixidos polo profesor J. Manuel Yáñez Dablanca visitaron o concello en varias ocasións e recibiron información do equipo de xoves participantes no Obradoiro de Emprego Territorio Vivo e da responsable do obradoiro Ana Belén Vázquez Rodríguez para a realización desta investigación. O resultado pode ser visionado na páxina do centro, en youtube, en tiktok ou no espazo twiter @cosmopolitas1 que difunde o equipo de alumnos/as e profesores/as do centro. 

Na segunda parte desta xornada os responsables do equipo INGALICIA realizarán un obradoiro titulado “Time to move” que difundirá entre o alumnado as posibilidades que a Unión Europa ofrece á xuventude a través das distintas institucións que a compoñen e presentarán distintas páxinas e enlaces nos que poder obter información sobre estes ámbitos. 

Podedes ver o noso traballo no espazo de TikTok de Kosmopolitas:

https://vm.tiktok.com/ZMNNQV26P/?k=1

E tamén en youtube na seguinte dirección:

https://youtu.be/3t-cHJO6aFA

E en twiter @cosmopolitas1

Cronica3.com (5 out)

 

Xornadas de formación das EPAS en Madrid

Este xoves 29 e venres 30 de setembro 120 centros de toda España xuntáronse como ESCOLAS EMBAIXADORAS DO PARLAMENTO EUROPEO e ESCOLAS MENTORAS, para intercambiar información e preparar estratexias de traballo para o curso 2022-23.

Dous días de intensos debates, presentacións, experiencias, actividades,... que servirán para enriquecer a educación en valores do noso alumnado e que nos porán en contacto con centros de todas partes de Europa e con alumnado e profesorado con intereses comúns de paz e benestar cidadán.

Somos conscientes de que só nesta liña de traballo podemos conseguir unha educación integral, comprometida co futuro e cunha clara conciencia de unidade e progreso.

 

  

Inicio de curso 2022-2023

Novo curso iniciado. Novo alumnado, nocvas actividades e moitas posibilidades. Seguimos como ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO, seguimos postulándonos para integrarnos na rede PEA  de Escolas da UNESCO, seguimos e seguiremos traballando a igualdade e a integración...

Os nosos primeiros pasos están encaminados á renovación e consolidación do grupo de traballo para as actividades de europeización e internacionalización, e rematar algunhas actividades que quedaron pendentes o pasado curso, e retomar e darlles continuidade ás que son xa un elemento vertebrador do Centro: Prensaescuela, STOP Accidentes, ONCE, SAVE THE CHILDREN, Loco Festival ACNUR, MEP, Investiga I+D+i, EUROSCOLA,... Unha serie de propostas que enriquecen e dinamizan a vida lectiva cotiá do noso alumnado.

Así que xa sabedes: se queredes rendabilizar o tempo, coñecer outras posibilidades, mergullarvos na realidade europea actual, participade nas nosas actividades. Esperámosvos....!

FIN DE CURSO 2021-2022

Coa finalización do proxecto TAEUS rematamos este curso. As actividades como EPA seguen xa que temos que concretar a nosa viaxe á sede do Parlamento Europeo en Bruxelas, pero para iso aínda temos tempo por diante. Agora veñen días de informes e de recoller papeleo, ordear e deixar constancia do feito e preparar un novo curso. Temos aínda moitas cousas que facer e teremos xente nova para completar o que xxa levamos feito. 

Passade un bo verano, lembrade sempre que debemos seguir mantendo algunhas rutinas e verémonos nun par de meses (non tres como dín por aí), nunca suficiente, pero sempre necesarios!

PROXECTO TAEUS: Patrimonio Documental de Ribadeo

O equipo Cosmopolitas, formado por 13 alumnos e alumnas de 1º BAC B do noso centro presentou o seu traballo de divulgación do patrimonio documental do concello de Ribadeo nun webminar coordinado pola Asociación INGALICIA a mañá do mércores 15 de xuño entre as 9 e as 12 horas xunto a outros 250 alumnos e alumnas de centros de toda España. Unha oportunidade de difundir o legado dos nosos predecesores e unha ocasión exclusiva de achegarse a ámbitos da vida cotiá de Ribadeo desde 1536.

Introdución á Lingua e Cultura alemá

Hoxe mércores 8 de xuño tivemos a visita da profesora de alemán Blanca Sánchez Sampedro (EOI Ribadeo) que nos descubriu, de forma amena e instrutiva os moitos e variados coñecementos que temos de lingua alemá e tamén das similitudes e diferenzas coa cultura dos nosos veciños. Unha xornada moi animada que contou coa asistencia de parte do alumnado de 1º BAC dos 3 grupos que temos no centro (o alumnado máis interesado e responsable cos seus quefaceres e intereses). Durante hora e media paseamos por conceptos, lugares, protagonistas,... que son coñecidos e coñecidas por tods e que contribuiron, dalgunha maneira, ao benestar e progreso da Humanidade. Houbo tamén atrancos nesta evolución, pero deses igualmente queremos sacar leccións positivas. 

A vindeira semana continuaremos co noso periplo introdutorio cos grupos de secundaria, así que... preparade os voso recursos, poñede en activo o móbil,... e sigamos aprendendo, que aínda temos curso por diante!

   

Distribuir contido


by Dr. Radut