Skip to Content

(05/03/2021): Concurso Coca-Cola Novos Talentos Relato Curto.

O pasado venres 5 de marzo as alumnas Ángela Alcántara Coto de 2º ESO C, Claudia Loureiro García, María Moledo de Diago, Sabela Navia Pérez e Laura Ortiz González, de 2º ESO A, participaron no concurso de Novos Talentos de Relato Curto proposto pola Fundación Coca-Cola.

A actividade consistiu en realizar unha proba escrita a través da plataforma do concurso. Agradecemos moito a súa participación e a implicación e traballo da profesora Luana Ferreira Pires, organizadora da actividade. Desexámoslles toda a sorte do mundo!

(04/03/2021): "A PONTE ENTRE O ENSINO MEDIO E A USC".

Un ano máis, tivemos a sorte de participar no programa "A Ponte entre o Ensino Medio e a USC" coa actividade "Visitas da USC aos Centros de Ensino Medio de Galicia" organizada polo Departamento de Orientación. Contamos coma sempre coa colaboración de Francisco Javier López González que se achegou ata o noso centro, do que saíu titulado hai corenta anos, para ofrecer ao alumnado de 2º de Bacharelato unha charla informativa.

Primeiro reflexionou sobre a importancia de que sexa o propio alumnado o que decida que estudar e despois presentoulles a Universidade de Santiago de Compostela e deulles unha explicación sobre a ABAU e o acceso á Universidade.

Agradecémoslle a Javier o tempo dedicado, a proximidade, os agasallos e o feito de que sempre estea pendente e dispoñible para nós, especialmente na celebración da ABAU.

 

(02/03/2021): TODAS E TODOS CONTRA A VELUTINA.

A asociación "Os Abelleiros" de Ribadeo colaborou novamente co IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, impartindo a conferencia "Todos e todas contra a velutina".

Comezou Antonio Valea, secretario da asociación, explicando as características da avespa asiática e como distinguila doutras especies semellantes. A continuación, o presidente Marcos Villamil, centrouse en amosar as distintas trampas e líquidos atraentes que se empregan na loita contra ela. Finalmente, os dous xunto con Jesús Rodríguez trataron de sensibilizarnos da importancia de loitar contra esta invasora que no só pon en perigo ás nosas abellas senón tamén aos nosos ecosistemas.

O curso pasado, xusto antes do confinamento, xa fixeramos esta actividade, e para animar a participar convocamos un concurso cun premio moi doce que se entregou ao final da conferencia. A alumna Uxía Fernández Díaz, de 2º ESO B, foi a gañadora recibindo como agasallo dous tarros de mel e o libro "Apicultura para principiantes" dedicado polos Abelleiros. Noraboa a Uxía e tamén a súa nai Oliva que sabemos foi gran colaboradora!

LER MÁIS...

ACCEDE AQUÍ Á GALERÍA DE IMAXES

 

 

(02/03/2021): Noraboa, Marga!

Noraboa polo nacemento de Iria, coidádevos moito e disfrutade dela. Os mellores desexos para vós de toda a Comunidade Educativa do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

(22/12/2020): NOTICIARIO RADIOFÓNICO.

Xornalistas co Jornal de Notícias.

O alumnado de Portugués de 2º de Bacharelato exerceu o xornalismo durante unhas horas co Jornal de Notícias portugués. Foron varias sesións de traballo as necesarias para que cada alumno/a conseguese elaborar, en portugués, unha primeira páxina do xornal, ou ben participar na elaboración e emisión dunha noticia nun noticiario radiofónico. Tamén se tratou a importancia dos medios de comunicación e da veracidade das noticias nunha sesión telemática conxunta dirixida por xornalistas portugueses.

Estes son os resultados!

PRIMEIRAS PÁXINAS

 

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA (11 de febreiro)

Esta conmemoración serve para lembrar o papel fundamental que teñen as mulleres e as nenas na ciencia co obxectivo de fomentar a súa participación de forma plena e equitativa. 

As iniciativas para esta celebración desde o Ministerio de Ciencia e Innovación podedes seguilas neste ENLACE.

Outra publicación institucional que utilizamos, e que volveremos utilizar en menos dun mes, será a adicada a Investigadoras, innovadoras e académicas que fixeron Historia: Ellas hicieron Historia.

Tamén podedes ampliar información na páxina web das NACIÓNS UNIDAS, na sección dos días internacionais.

Nas aulas, as nosas embaixadoras junior levan a cabo unha difusión de moitas das mulleres que ao longo da historia deixaron a súa pegada no progreso da Humanidade, e difunden estes pasos para que sirvan de acicate ás novas xeracións e como alicerce dun futuro en igualdade.

Recollemos tamén actividades que dende fai moitos cursos vimos realizando cos distintos grupos e nas distintas materias do departamento.

        

Aproveitamos un pequeno "roubo" ao departamento de Bioloxía e rebotamos tamén esta páxina de animación de "La mujer en la ciencia", 9 biocomicpics que podemos comentar en calquera clase, ou cando esteamos de garda, ou coas nosas titorías....

Unha actividade máis: Adxuntamos unha serie de enlaces dunha miniserie de 10 episodios (2-3 minutos cada) que utilizamos en clase para falar sobre o tema da Muller na Ciencia, e que presentamos baixo o título:

    MAMÁ.... QUERO SER CIENTÍFICA...  

Epidemióloga: 

  Matemática:

  Comunicadora científica:

 Inxeñeira biomédica:

 Investigadora clínica:

  Investigadora farmacéutica:

  Inxeñeira informática:

  Inxeñeira en robótica:

  Inxeñeira de tecidos:

 Inxeñeira textil:

(08-12/02/2021): SEMANA DO ENTROIDO.

GALERÍA DE IMAXES

Esta semana visítanos no IES a MECA DIONISIA. Para cada día da semana, o alumnado de Plástica de 4° ESO elaborou uns carteis que nos van dando as indicacións para o día seguinte, así que animamos a todo mundo a participar para festexar con sentidiño este Entroido 2021!

(02/02/2021): DÍA MUNDIAL DOS HUMIDAIS.

Un ano máis, aínda que dun xeito ben distinto, celebramos o Día Mundial dos Humidais, esta vez baixo o lema ”Inseparable: Auga, Humidais e Vida”.  Tratamos de sensibilizar ao noso alumnado da importancia destes ecosistemas e do afortunados que somos por poder disfrutar cada día da nosa ría, A Ría de Ribadeo, que conta con numerosas e merecidas figuras de prtotección (zona ZEPA; espacio RAMSAR, zona LIC.... ) que avalan a súa importancia internacional.

Non puidemos facer a saída á Ría coma tódolos anos  porque a pandemia cambiou case tódolos nosos hábitos tamén nos centros educativos....pero toca facer pola saúde máis ca nunca e non só pola nosa, tamén pola saúde e sostibilidade do noso entorno.

Para quen o desexe, propoñemos un par de enlaces interesantes: o de Kike Sampedro, un ribadense moi afeccionado á ornitoloxía, co que outros anos tivemos a sorte de celebrar este día  http://ria-de-ribadeo.blogspot.com/p/la-ria-de-ribadeo.html e o oficial do Ministerio correspondente ó 2021: https://www.miteco.gob.es/es/biodiversidad/temas/ecosistemas-y-conectividad/conservacion-de-humedales/Dia_Mundial_Humedales_2021.aspx.

(30/01/2021): DÍA DA PAZ.

GALERÍA DE IMAXES

Este ano decidimos conmemorar o Día da Paz cunha serie de lecturas e actuacións organizadas desde o Departamento de Música, da man da profesora María Ron. Agradecemos enormemente a participación do alumnado que empregou o seu tempo e esforzo en organizar e formar parte desta actividade.

Durante dous recreos puidemos reflexionar e, ao mesmo tempo, disfrutar do seu traballo que nos axudou a romper coa rutina imposta pola pandemia no que levamos de curso.

 

 https://youtu.be/4nc5H4CutLQ

Moitos parabéns!

DÍA DA PAZ E SESIÓN AUTONÓMICA DO MEP

(6 de febreiro) Durante este mes que levamos de clase do recén estreado e pandemiado 2021 o alumnado do centro segue a traballar dilixentemente e segue tamén realizando as actividades que xa son clásicas no departamento aínda que de forma novedosa.

  A semana anterior e posterior ao sábado 30 de xaneiro (DÍA DA PAZ E A NON VIOLENCIA) o alumnado de Filosofía traballou sobre símbolos, protagonistas, premios Nobel e outros aspectos significativos desta data. En breve faremos público algún traballo que intenta recoller parte deste proxecto que o alumnado segue defendendo. lembrade que o 2021 é o ANO INTERNACIONAL DA PAZ E DA CONFIANZA, e tendo alumnas parlamentarias podedes ler a resolución das Nacións Unidas, e incluso pedirlles a elas que vos expliquen convenientemente eses contidos de linguaxe parlamentaria...

 

Tamén esta fin de semana, o venres e o sábado, as catro alumnas seleccionadas para a participación na II Sesión do Modelo de Parlamento Europeo aportaron todo o seu bo facer nesta singular edición do MEP. Un formato máis estresante e que nos privou de experiencias como as dos anos anteriores, pero que segue mantendo un nivel educativo, académico e social moi elevado. A súa participación foi brillante e tanto nas preguntas como nas respostas souberon presentar as súas ideas con racionalidade e boa argumentación. Unha pequena mostra deste formato virtual podedes vela nos documentos gráficos que acompañan a noticia.

(10/2/21) Artigo de El Progreso sobre as xornadas desta II Sesión e o programa MEP.

(12/12/21) Publicación en AMARIÑAXA

(10/2/21) Publicación da actividade en Cronica3.com.

(11/2/21) Publicación da actividade en La Voz de Galicia.

Ceremonia inaugural da II Sesión Autonómica do Modelo de Parlamento Europeo

Distribuir contido


by Dr. Radut