O luns, día 9 de xuño, visitounos o alumnado de 6º dos centros adscritos, que previsiblemente se incorporará ó noso centro o próximo curso.
Recibíronos no salón de actos o Director, Alfonso Piñeiro; a Orientadora, Raquel Vijande; e un grupo de alumnos e alumnas de 1º e 2º de ESO do noso centro. Despois dunhas palabras do Director e da Orientadora, a alumna Aicha Rajouani dirixiuse a eles para darlles a benvida en nome de toda a comunidade escolar.
A continuación, organizados en pequenos grupos, visitaron as instalacións do instituto guiados polo noso alumnado.
Agradecemos a colaboración de Tania Carballo, Vanesa García, Samuel Alonso, Eros Iglesias, Aicha Rajouani, José Luís Villar, Carmen Fernández, María Doural, Eva Iglesias, Ismael Martínez, Román López, Rubén Fernández, Carla Díaz, Inés Canto e Zaira Teixeira, que desempeñaron perfectamente o seu papel de anfitrións.