Skip to Content

Tina Blanco

Venres, 16 de xaneiro

A escritora asturiana Tina Blanco estivo no noso centro para falarlle ó alumnado dalgúns grupos da ESO sobre os seus libros Háblame del fantasma del faro e Y montaré caballos salvajes, que leron previamente. Coordinou a actividade a profesora Rosa Paz, do departamento de Lingua española e literatura.

Matrícula na ESO de adultos

Comunicamos que está aberto o prazo de matrícula para os Módulos correspondentes ó 2º cuadrimestre da ESO de adultos (2º e 4º de ESO).

As clases comezarán o luns, 9 de febreiro.

"Je suis Charlie"

O atentado contra o semanario satírico francés Charlie Hebdo non nos deixou indiferentes e provocou diversas iniciativas no centro:

O departamento de Lingua española e literatura elaborou un caderniño cunha recompilación de viñetas relacionadas co asunto.

Podes acceder a unha versión dixital premendo neste enlace ou na portada:

Susana Díaz Orol, do departamento de galego, promoveu unha exposición de cómics de autores franceses e doutras publicacións periódicas francesas. Os exemplares dos que dispoñemos poden consultarse na biblioteca, onde tamén colocamos un panel con viñetas alusivas ós feitos de París, para que calquera membro da comunidade escolar poida engadir as súas propias creacións.

Velaquí tres fotos da exposición (se non aparecen todas en pantalla, preme en "ler máis":

Charli1

 

NADAL

DECEMBRO, 19

Hoxe celebramos o NADAL.

O alumnado de 1º e 2º da ESO decorou as pizarras das aulas con motivos navideños e os de 3º e 4º asistiron a unha sesión de cine no salón de actos. A película proxectada foi La bicicleta verde, a primeira película dirixida por unha muller en Arabia Saudí.

Desde aquí podes acceder a máis imaxes das pizarras.

Alumnado de 2º ESO A co seu taboleiroLa bicileta verde

 

Concurso de postais de Nadal

O departamento de Lingua castelá e literatura organizou un certame de postais de nadal. Coordinou a actividade a profesora Rosa Paz Rico

A gañadora foi Inés Canto González, de 2º da ESO e como finalista quedou Iria Vidal Vega, de 1º de ESO.

Aproveitamos esta iniciativa para desexarvos

BO NADAL

Velaquí as postais premiadas e unhas fotos da enntrega de premios:

1º premio

s pre

Finalista:

Finalista

 

Viaxe a Xixón

DECEMBRO

O martes, día 9, o alumnado de 2º de bacharelato realizou unha viaxe a Xixón para visitar as termas, o museo Jovellanos e outros lugares de interese.

Organizaron a actividade Carmela Besteiro, do departamento de xeografía e historia, e Ignacio Rodríguez Vega, de latín.

Podes ver máis fotos da actividade na nosa galería.

Presentación de "Tópicos sobre a lingua galega"

DECEMBRO

O luns, día 15, tivo lugar a presentación do caderniño Tópicos sobre a lingua galega, editado polo Concello de Ribadeo. Asistiu o alumnado de bacharelato.

No acto, organizado polo Equipo de dinamización lingüística, participaron Neves Paz, técnica de cultura do Concello, e Suso F. Acevedo, profesor do centro.

 

Exposición sobre "O club da calceta", de María Reimóndez

Co gallo do Día internacional contra a violencia machista, ademais das actividades que reseñamos máis abaixo, tamén se organizou unha exposición relacionada coa novela O club da calceta, de María Reimóndez.

O alumnado de 1º de bacharelato encargouse de seleccionar fragmentos representativos e de achegar a súa opinión sobre a novela.

Agora que desmontamos a exposición, podes seguir vendo o material neste caderniño que elaboramos para que quede constancia da iniciativa.

Coordinaron a actividade as profesoras Isabel López Fernández e Teresa González Piñeiroa, do departamento de Lingua galega e literatura.

Preme na imaxe para acceder ó caderno en pdf

Exposición: O club da calecta

 

Poesía creativa I: Caligramas

O alumnado de 2º de ESO elaborou estes preciosos caligramas. Coordinou a actividade a profesora Rosa Paz Rico, do departamento de Lingua e literatura española.

Preme na portada para acceder ó caderno:

Caligramas

Proxecto Ríos: inspección do río Pequeno (outono- 2014)

Como xa vén sendo habitual, o alumnado de 4º de ESO de Bioloxía, acompañado polas profesoras Áurea Parcero e Mª Jesús Besteiro, participantes no Proxecto Ríos, fixeron a saída ó río Pequeno para realizar a inspección correspondente ó outono.

(Ler máis...)            MÁIS FOTOS DA VIAXE NA GALERÍA

Distribuir contido


by Dr. Radut