Skip to Content

Premio no III certame de banda deseñada AX1

As alumnas Paula Amor Díaz, Andrea Barcia García e Celia Gasalla Sánchez recolleron hai poucos días en Santiago o 1º premio (categoría 12 a 16 anos) do III certame de banda deseñada AX1, organizado polo IES Arcebispo Xelmírez 1 e a Secretaría Xeral de Política Lingüística

Desde este enlace podes acceder ó seu traballo, titúlado ¡Meh!, polo que recibiron 500 euros de premio e desde aquí pódese acceder á acta do xurado

Parabéns!

Velaquí unha foto do acto de entrega:

 

Premio no XIII Concurso de Contos ASPAMITE

A alumna Estela Bravo Montero, de 1º de ESO, obtivo o 3º premio no Certame de Contos ASPAMITE (Asociación de pais de persoas con discapacidade intelectual do Concello de Teo) polo seu traballo "O reto".

Parabéns!

Acollida do novo alumnado

O día 3 de xuño tivo lugar o acto de acollida do alumnado de 6º dos colexios adscritos, que vai vir para o centro o próximo curso.

A xornada comezou cunha xuntanza no salón de actos, onde o noso alumnado  axudante de 1º de ESO lles transmitiu unhas primeiras impresións sobre o instituto. 

Posteriormente, organizáronse en grupos e visitaron as distintas dependencias do centro (aulas, biblioteca, ximnasio, laboratorios, oficinas, ...), guiados polo noso alumnado, que lles ía dando as explicacións oportunas. A visita rematou cunha nova xuntanza, desta vez no patio, para xogar un pouco.

Esperamos que o alumnado de 6º marchase contento para os colexios e que o próximo curso veñan con agrado e ánimo para traballar e aprender.

Proxecto Ríos. Inspección primavera 2015

O pasado martes, 26 de maio, os alumnos de 4º ESO de Bioloxía saíron ó Río Pequeno despois do recreo para realizar a toma de datos correspondente á inspección de primavera.

Foi unha saída breve na que despois de percorrer o tramo de estudo para observar os posibles cambios, os  alumnos procederon a facer as análises pertinentes co fin de cubrir a ficha na que se reflexan 3 aspectos do río: calidade hidromorfolóxica, calidade físico-química e calidade biolóxica...  MÁIS INFORMACIÓN

MÁIS IMAXES

Naufraxios en Ribadeo

Eva e Inés, dúas alumnas de 2º de ESO, recibiron unha mención extraordinaria do xurado do Concurso para investigadores convocado por esdelibro.com polo seu traballo sobre os Naufraxios en Ribadeo.

Nesta edición, participaron 1959 estudantes de todo o Estado, agrupados en 626 equipos. Como finalista, o traballo das ribadenses figura entre os 30 primeiros.

Coordinou a investigación o profesor Manel Yáñez, do departamento de Filosofía.

Parabéns a todo o equipo!

 

 

Marcadores de lectura

Andrea Díaz Andreu, María López Fernández e Andrea Rodríguez López, alumnas de 1º de ESO, deseñaron uns marcadores de lectura para a acollida do alumnado de 6º de primaria que virá o próximo curso para o instituto. Promoveu a iniciativa Raquel Vijande, orientadora do centro.

Graciñas polo esforzo. Ben bonitos quedaron!

 

Premio "La Voz de la escuela"

O alumno Máximo Reija Ríos, de 2º de bacharelato, obtivo o 2º premio na modalidade de "Opinión" do certame La Voz de la escuela.

Coordinou o traballo o profesor Manel Yáñez Dablanca, do departamento de Filosofía.

Pódese ler o seu traballo (páxina 7 do pdf) e o dos outros premiados premendo aquí.

Parabéns!

Finalistas do Reto Alcoa

As alumnas Cristina Teixeira e Irene Muruais, de 1º de BAC, quedaron finalistas do Reto Alcoa de simulación de empresas, na modalidade "Principiantes". 

Proximamente, desprazaranse a Madrid, para participar na final, á que tamén chegaron equipos representantes dos IES Xermán Ancochea Quevedo, de Póboa de Trives, e Eusebio da Guarda, da Coruña.

Coordina a actividade a profesora Marisa Goás, do departamento de Economía.

Parabens!

 

Premio III Certame de Banda Deseñada "AXI"

As alumnas Paula Amor Díaz, Andrea Barcia García e Celia Gasalla Sánchez, de 3º de ESO, gañaron o 1º premio do III Certame de Banda Deseñada "AXI", convocado polo IES Arcebispo Xelmírez e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Coordinoua participación do noso alumnado a profesora Paula Alvite, do departamento de Debuxo.

PARABÉNS a todas elas!!!

Podes acceder ó seu traballo en formato pdf premendo na imaxe:

Solidariedade co Nepal

Dende as distintas materias do departamento de Filosofía quixemos amosar a nosa solidariedade co pobo de Nepal levando a cabo unha actividade proposta por UNICEF e sumarmos á REDE DE ESCOLAS SOLIDARIAS CO NEPAL, colocando no alto do noso centro unha bandeira de plegaria. Este xesto simbólico non é máis que un modo de sensibilizar a toda a comunidade da importancia da axuda e colaboración entre os pobos, máxime en situacións de catástrofes. 

Desta forma o alumnado de 1º, 2º ESO e 4º ESO xuntaron folios coas cores dos elementos naturais que as súas crenzas consideran positivos para a súa vida, e esperamos que estes bos desexos os axuden para recuperarse desta situación que están vivindo.

A unidade didáctica que UNICEF propón na súa páxina tamén foi traballada polo alumnado e así puidemos coñecer máis de cerca a súa xeografía, costumes, crenzas, situación socio-política,... e tamén nos adentramos no mundo da natureza e os seus cambios e transfomacións que tan brutalmente poden afectar ó ser humano.

Coordina a actividade o profesor Manel Yáñez, do departamento de Filosofía.

Distribuir contido


by Dr. Radut