Skip to Content

CALENDARIO DE COMEZO DE CURSO 2015-16

Preme neste ENLACE para acceder ó CALENDARIO DE COMEZO DE CURSO 2015-16

 

CURSO 15-16

↑↑

↑↑  CURSO 2015-16 ↑↑

Acto de recoñecemento ós mellores expedientes dos centros de ensino de Galicia nas PAAU 2015

Inés Echevarría García, Uxío Graña Corral e Martín López Pérez, de 2º de bacharelato, participaron no acto de recoñecemento ós mellores expedientes dos centros de ensino de Galicia nas PAAU 2015.

Desde este enlace da USC pódese acceder á galería de fotos e ós vídeos do acto, nos cales o noso alumnado aparece en varias ocasións.

 Parabéns! 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO 15-16 : ADMITIDOS E EXCLUÍDOS

RELACIÓN PROVISIONAL DE ADMITIDOS

RELACIÓN PROVISIONAL DE EXCLUÍDOS

Os interesados poden presentar reclamacións no centro o 8 e 9 de xullo.

O resultado destas reclamacións publicarase o 10 de xullo.

O alumnado con materias pendentes para setembro aparece provisionalmente na lista de excluídos, pero non teñen que achegar documentación ata saber se aproban na convocatoria extraordinaria de setembro.

EXISTENCIAS DE LIBROS NO FONDO SOLIDARIO

EXAMES DE SETEMBRO - CURSO 14-15

ACCEDE Ó CALENDARIO DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO-2015 PREMENDO NA IMAXE

Final do Reto Alcoa

As alumnas Cristina Teixeira e Irene Muruais, de 1º de BAC, participaron en Madrid na final do Reto Alcoa de simulación de empresasCoordinou a actividade a profesora Marisa Goás, do departamento de Economía.

Parabens!

Velaquí unhas imaxes da actividade:

Paseo pola costa

O venres, día 19, despedimos as actividades lectivas cun paseo pola costa, desde Rinlo ata Ribadeo. Organizou a actividade a profesora Teresa Díaz Estévez, do departamento de Física. 

MÁIS FOTOS NA NOSA GALERÍA

 

A palabra perdida. Entrega de premios

O xoves, 11 de xuño, tivo lugar a entrega de premios correspondente á 1ª edición do xogo "A palabra perdida", coordinado pola profesora Susana Díaz Orol, do equipo da biblioteca. As vencedoras foron o equipo nº 1, formado por Nuria Fernández Fanego, Cristina Pérez Díaz, Uxía Lorenzo Rivas e Ana Rico Díaz, de 3º de ESO.

Aquí vemos unhas imaxes do acto:
Na primeira, aparecen as alumnas gañadoras acompañadas por Susana Díaz, coordinadora da actividade; na outra, a alumna Cristina Vizoso Cruz le un texto sobre a importancia dos libros, das bibliotecas e da lectura, acompañada por Alfonso PiñeiroDirector do centro, e por Teresa DíazCoordinadora do equipo da biblioteca.

Premios no certame de debuxo da Biblioteca Pública

As alumnas Iria Vidal e Uxía Chimeno resultaron premiadas no Certame das Letras Galegas convocado pola Biblioteca Pública "El Viejo Pancho", na modalidade de debuxo.

Os seus traballos pasaron á fase provincial, na que o debuxo de Iria Vidal foi premiado de novo, competindo desta vez cos premiados nas outras bibliotecas da provincia. 

Parabéns!

Velaquí os seus traballos:

 IRIA VIDAL

UXÍA CHIMENO

Realidade

Realidade é un videopoema elaborado por María Cando e Clara Maseda, alumnas de 4º de ESO. Promoveu a actividade a profesora Susana Díaz Orol, do departamento de galego.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut