Skip to Content

Filosofía

EXPOSICIÓN O NOSO MUNDO O NOSO FUTURO

Durante estes primeiros días de decembro puidemos visitar na entrada do centro unha exposición sobre o mundo no que vivimos e as realidades socioambientais que nos afectan. Unha reflexión sobre todo o que está pasando debe ser obrigatoria e debe ir acompañada da información necesaria sobre o que nos rodea para que consigamos ter unha perspectiva o suficientemente aberta e tolerante que permita comprender que o mundo é redondo e non plano, e que somos moitos os seres humanos que vivimos nel, e TODS podemos facer algo positivo para melloralo.

Os departamentos de Filosofía e Bioloxía coordinamos esta actividade que estaba programada para o pasado mes de maio e que as circunstancias impediron. Agora volvemos a retomar aquelas iniciativas e en breve poderemos albergar unha nova exposición sobre a que informaremos no seu momento.

 

Reportaxe actualizada

Hoxe o suplemento de La Voz de la Escuela de La Voz de Galicia faise eco de novo das reportaxes que se levan publicadas no proxecto PERIODISMO EN LA ESCUELA, e no que participaron 6 alumnas de 2º de BAC: Celia Fernández Tojo, Claudia Villapol Duarte, Lucía Fernández López, Carla López Rodríguez, Nekane García Fernández e Carlota López González.

Queremos recoñecer o bo traballo realizado, máxime tendo en conta que o fan nun momento crucial da súa vida docente, o derradeiro curso no centro, que soe estar plagado de agobios e presións por todas partes. Estas alumnas souberon compaxinar o seu traballo de aula, cun traballo de campo moi completo en torno ás desigualdades. Lembrámosvos aquí a posibilidade de acceder a ese traballo e votar por esta reportaxe como unha forma de visibilizarmos e solidarizarmos con esta reflexión ampla, profunda e sen lugar a dúbidas, necesria no mundo e no momento que nos toca vivir.

Coa esperanza de movermos en común cara a metas de tolerancia e respecto VOTADE o traballo das nosas alumnas, das vosas compañeiras, por elas e por todo o que se atreveron a decir e defender. Nese traballo nos atoparedes sempre!!!

3 de decembro: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Non podedmos deixar pasar esta data tendo presentada recentemente unha reportaxe en torno as desigualdades. Unha parte desa reportaxe estaba adicada a reflexionar sobre a necesidade de practicar a INCLUSIÓN  e asimilala como parte do noso comportamento cotiá. Esa parte quedou desbotada da publicación (e tamén outras reflexións que abriremos en datas vindeiras), e a recollemos agora para compartirla con todos vos.

Crimos nela cando a escribimos e seguimos convencidos da súa necesidade. Escoitade (lede) pois as nosas reporteiras e aunemos esforzos para crear unha sociedade aberta... INCLUSIÓN

 

25 de novembro Día Internacional contra a violencia á muller

Un curso máis clamamos contra a violencia e todas as formas de agresión contra a muller!!!

Foi un lema de fai moitos cursos, pero, por desgracia, segue a ser un grito unánime. Recuperamos así esta loita e co novo alumnado traballamos en reportaxes sobre IGUALDADE (Periodismo na escola) e facémonos oir en twiter, na nosa conta de actividades @cosmopolitas1. Haberá máis espazos para reivindicar e concienciar sobre os problemas que consideramos decisivos para a nosa existencia e poderedes colaborar con nos na nosa loita de vida.

Tamén elaboramos un video no que as alumnas de Filosofía de 4º ESO explican as razóns da elección da data do 25N, Podedes velo premendo neste enlace, ou tamén en twiter.

DÍA MUNDIAL DA FILOSOFÍA

Un ano máis debemos facermos eco da proclama da UNESCO do 2005 reivindicando a necesidade da Filosofía nas nosas escolas. Un ano máis as decisións políticas apartan á Filosofía do seu debido cumprimento. Queremos sumarmos á chamada de atención de moitas agrupacións e colectivos nada corporativistas e lanzar un grito mundial en defensa dos nosos obxectivos. A nosa colaboración é un pequeno artigo que máis ben soa a panexírico dada a natureza da cuestión actual. Podedes lelo, comentalo, expandilo e criticalo desde estes espazos públicos.

FILOSOFÍA AD PORTAS

Tamén nos leron en La Voz de Galicia 

E en Crónica 3

E en La Comarca cederon un espazo de cómoda lectura! Grazas a TODS!!!

 

 

Somos Escola Embaixadora do Parlamento Europeo!

O pasado 17 de xullo o centro recibiu a noticia da selección como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo para o curso 2020-2021.

O traballo desenvolvido desde fai anos na Coordinación de Proxectos Europeos acada así un recoñecemento máis polo seu esforzo e adicación ao ensino, á realidade europea e á necesidade de unir países e persoas na construcción dun futuro en común.

O programa pretende aumentar o coñecemento de Europa e a democracia parlamentaria entre os xoves. As directrices básicas que estes centros referentes dinamizan co alumnado de 4º ESO e 1º e 2º de BACH son:

- Manter un InfoPoint sobre o Parlamento Europeo actualizado no centro.

- Traballar contidos relacionados co Parlamento Europeo.

- Levar a cabo actividades durante o curso relacionadas coa Unión Europea.

- Celebrar o 9 de maio, "Día de Europa".

De todas estas iniciativas xa hai información na web do centro, e no propio blog do departamento de Filosofía, no que se encadra esta tarefa complementaria que a tantas xeracións de Ribadeo ten acompañado por Europa.

Noraboa pois a toda a comunidade educativa de Ribadeo porque isto sitúa ao noso centro como única Escola Embaixadora de Parlamento Europeo de Lugo, unha das 6 de Galicia, e unha das 100 de toda España. Esperamos que o traballo do alumnado e a colaboración do profesorado supoñan un aliciente máis para o vindeiro curso.

Deixamos aquí a mensaxe de benvida de David Sassoli a todas as Escolas Embaixadoras!

Novas sobre o centro en Cronica3.com.

Artigo do 1 de agosto en La Comarca del Eo

Tamén La Voz de Galicia fíxose eco da nosa selección (non hai noticia pequena). Mércores 5 de agosto.

 

 

A Mariña Xa (Xornal Independente da Mariña) tamén fixo un oco nas súas páxinas para este recoñecemento...

FIN DE CURSO!

... E agora despedimos ao resto... ata o vindeiro curso. O alumnado de ESO e 1º BACH remata os estudos tanto presenciais como virtuais. Tal vez tiveron menos protagonismo neste final virtual, pero tamén teñen por diante un panorama moi distinto e descoñecido. Terán que dar continuidade a rutinas recén aprendidas, e nas que moitos/as aínda teñen que traballar, e algúns comezar incluso.... Pero deberán logralo, porque entramos nun novo mundo.

Desde este departamento seguiremos profundando nos valores e conceptos que marcan e distinguen as nosas materias, e que vimos desenvolvendo desde os nosos principios: tolerancia, cooperación, respecto, solidariedade, iguladade,... e tamén resaltar a necesidade de seguir fomentando os valores da nosa Europa, como unha realidade inmediata e cercana que debe marcar un futuro en común.

Despedimos unha nova xeración!

(10/06) Noraboa a todo o alumnado que remata este curso os seus estudos de Bacharelato. NORABOA a todos! A maioría estudou os seis anos de estudos no centro, e algúns/has os últimos anos de Bacharelato. Levarán unha ensinanza de vida especial e singular, e de seguro que será unha xeración marcada pola súa adaptación a unhas circunstancias inéditas sobre as que aínda teremos que reflexionar.

Seis anos de instituto dan para moito, pero este último curso foi desde logo unha experiencia única para todos. Aprendemos xuntos a adaptar a nosa vida a circunstancias extremas, a colaborar de forma distinta, con recursos que creiamos dominados, e que, sen embargo, debemos revisar. Muitos de nos colaboramos para que todo o alumnado se vira favorecido a pesar da anómala situación, sobre todo aquel alumnado que tiña máis problemas e dificultades para levar o curso en positivo. Os/as que estudastes con regularidade e con constancia non tivestes problema, vos adaptastes con rapidez as novas normas de vida, pero os/as con máis lentitude para os cambios eran o noso obxecto máis directo. Esperamos que o esforzo conxunto fora positivo, e desexamos poder seguir mantendo esta liña de esforzo e colaboración que vimos demostrando desde fai meses. Houbo outras actitudes e outros comportamentos, e imaxinamos que seremos capaces de asimilalo con conciencia crítica. Non esqueceremos ningún dos aspectos que afectaron a nosa vida en común durante esta pandemia, e aprenderemos deles, para rexeitalos ou para compartilos e repetilos, pero de seguro que serán recordados.

Vaia agora a nosa FELICITACIÓN sincera, e o brindis de colaboración para este mes previo as probas de ABAU, ou de calquera tipo de estudos ou de elección de vida. Sabedes que seguiredes contando con muitos de nós!!!

Sabedes que falta profesorado, son moitos cursos de instituto, e non todos imparten clase en Bacharelato, pero contamos que os/as levades no corazón e no recordo. Boa andaina alá onde vaiades!

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 5 de xuño

A estas alturas e para este DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE tiñamos prevista unha exposición ata o remate de curso en colaboración co departamento de Bioloxía e Xeoloxía sobre o mundo no que vivimos e as realidades socioambientais que nos afectan. Teremos que retomar estas actividades nun futuro próximo, pero agora vos deixamos un par de paneis para que vos vaian soando de algo....

  

Unha reflexión sobre todo o que está pasando debe ser obrigatoria e debe ir acompañada da información necesaria sobre o mundo para que consigamos ter unha perspectiva o suficientemente aberta e tolerante que permita comprender que o mundo é redondo e non plano, e que somos moitos os seres humanos que vivimos nel, e TODS podemos facer algo positivo para melloralo. Con esa confianza volveremos a vermos polas rúas. Saúdos e saúde!!

DE MAIO A XUÑO

(28/05) Entramos xa na última recta do curso para o alumnado de 2º BACH. Os finais sempre sorprenden, e este curso sen dúbida, será moi especial. Moitos alumnos e alumnas deixarán o centro logo de 6 anos polas nosas aulas. Demasiado tempo xa, e toca un cambio, subir un escalón na vida, cambiar de ambiente e de pre-ocupacións. Cada vez que pasa as circunstancias son distintas, e nos tempos que nos tocan, a incertidume é aínda máis grande.

Sexa como sexa os tempos son cumpridos e a propia natureza obriga ao cambio, así que.... sigamos preparándonos para ese cambio.... Hoxe teremos unha proba escrita, e como sempre teredes tempo para responder convenientemente, sen superar os tres folios, e coas normas estéticas de presentación que esiximos desde o principio, tamén coas esixencias de entrega telemática ás que xa nos estamos acostumando. É unha proba de recuperación para o alumnado que non superou estes temas, e unha proba de mellora para os/as que xa o tedes aprobado. O mundo faise cada vez máis grande e cada vez máis virtual, e iso non supón que estudiemos menos! 

A partires da semana que ven introduciremos a posibilidade de ensinanza presencial voluntaria para a ABAU, e retomaremos a supervisión do traballo do alumnado de 1º BACH e dos cursos da ESO onde a Filosofía ten presenza, aínda que só sexa testimonial.

Sorte a tods e verémonos nas debidas condicións....

#encasacoaFilosofía

Distribuir contido


by Dr. Radut