Skip to Content

Concurso de postais de Nadal

A profesora Rosa Paz, do departamento de Lingua castelá e literatura, organizou un concurso de postais de Nadal. As vencedoras foron:

CATEGORÍA A: 3º e 4º de ESO

1º premio: Inés Canto (3º ESO B).

2º premio: Antía Gómez (3º ESO B)

CATEGORÍA B: 1º e 2º de ESO

1º premio: Paula Martínez (2º ESO C)

2º premio: Lucía Conde (1º ESO A)

Velaquí os traballos premiados: 

[MÁIS FOTOS]

 

 

 

 

 

Comercio xusto

Na última semana de decembro, leváronse a cabo obradoiros cos grupos de 2º ESO. Máis de 80 rapaces e rapazas que reflexionaron sobre o consumo, sobre as condicións de traballo noutras partes do mundo, e sobre a necesidade de favorecer un tipo de consumo ecolóxico e responsable.
 
Durante estes días, tamén xestionaron a venda de produtos alimenticios e de artesanía que cumpren na súa elaboración e distribución os principios do Comercio Xusto.
 
A actividade estivo coordinada por dúas monitoras de Solidariedade Internacional de Galicia. No centro, promoveu e coordinou as actividades o profesor Manel Yáñez, do departamento de Filosofía.

25 de novembro: Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres

25 de novembro:

No noso centro non podemos deixar pasar sen máis esta data e, para concienciar a comunidade escolar da importancia do problema, ademais do traballo de clase, organizáronse dúas actividades:

- Participación na cadea humana que se formará por diversas rúas da vila.

- Elaboración de carteis con lemas alusivos á data, que se colocaron nunha das entradas do centro.

MÁIS IMAXES

 

O outono na nosa biblioteca

Aínda que a vexetación da nosa zona non dea motras moi evidentes, estamos no outono e na nosa biblioteca non quixemos que esta estación pasase desapercibida, por iso decidimos separar unha pequena escolma dos nosos fondos e expoñela en lugar ben visible.

Coordinou a actividade Susana Díaz, profesora do departamento de Lingua galega e membro do equipo da biblioteca

"Eu digo..." no OUFF Escola 2015

O vídeo "Eu digo...", elaborado o curso pasado no noso IES foi finalista no OUF Escola 2015 organizado polo Concello de Ourense.

O alumnado que participou no traballo, acompañados por Teresa González e Suso F. Acevedo, do departamento de Lingua galega e literatura, asistiron o día 16 de novembro á gala de entrega de premios.

 

NOVAS AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR

No DOG do 10 de novembro de 2015, convócanse unhas novas axudas para a adquisición de material escolar destinadas ó alumnado matriculado en educación primaria, secundaria orbigatoria ou educación especial, que non puidesen acollerse ás anteriores axudas, ou ben a aqueles que, tendo solicitada dita axuda, resultase excluído por causa emendable.

Recórdase que para que a axuda poida ser concedira, a renda per cápita familiar terá que se ser igual ou inferior a 5.400€.

O prazo para presentar as solicitudes remata o 21 de novembro. O anexo I para a solicitade pódese descargar desde https:/sede.xunta.es

Samaín 2015

Achégase o Samaín e algúns libros da nosa biblioteca relacionados co asunto xuntáronse nun recanto para seren máis visibles.

Intercambio co KvFG, de Duslingen (Alemaña)

Setembro, 15

Un ano máis, un grupo de alumnas e alumnos de 1º de BAC desprazáronse a Duslingen (Alemaña) para participaren nun intercambio co  Karl-Von-Frisch Gymnasium.  
Coordinaron a actividade e acompañaron ó alumnado os profesores Manel Yáñez e Ángeles Ríos                  
[MÁIS IMAXES]

Xeorruta por Rinlo e As Catedrais

SETEMBRO, 15

Os pasados  25 e 29  de setembro o alumnado de 4º ESO e 1º Bacharelato que cursan Bioloxía e Xeoloxía como optativa, tiveron a oportunidade de facer unha Xeorruta por As Catedrais e Rinlo. Foron catro horas de percorrido e explicacións a cargo de Francisco Canosa e Iván Lombardero,  que nos explicaron de forma moi sinxela e gráfica como a nosa morfoloxía costeira está totalmente condicionada polas fracturas do terreo. [LER MÁIS]  [FOTOS]

 

Conferencia inaugural do curso 2015-16: Francisco Díaz-Fierros Viqueira

16/09/15

Hoxe tivo lugar a conferencia inaugural do curso 2015-16. O ponente foi o Doutor Francisco Díaz-Fierros Viqueira, que falou sobre "Xeoloxía e paisaxe. Na memoria de Isidoro Asensio Amor", homenaxenado así a este xeólogo, sevillano pero moi relacionado con Ribadeo, no centenario do seu nacemento.

No acto tamén participaron Alfonso Piñeiro, director do centro, Mª Jesús Besteiro, xefa do departamento de Ciencias, e Roberto Rodríguez, do departamento de Xeografía e historia, que presentou o conferenciante.

[PRESENTACIÓN]

Díaz Fierros

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut