Skip to Content

Entroido 2016

O venres, día 5 de febreiro, celebramos o entroido.

[PREME NA IMAXE PARA VER O VÍDEO]

O inverno na biblioteca

Estamos no inverno e na biblioteca temos unha exposición de libros que teñen algún tipo de relación con esta época. É un xeito máis de animar á lectura. Coordinou a iniciativa a profesora Susana Díaz Orol.

 

Día mundial dos humedais, 2016

O alumnado de 4º de ESO que cursa bioloxía, xunto coas profesoras Lorena e Susi,  aproveitamos parte da mañá do luns para facer unha saída á Ría e celebrar así o Día Mundial dos Humedais (2 febreiro). Tivemos moita sorte co tempo xa que a mañá foi espléndida (nin vento, nin frío, nin chuvia) e ademais acompañounos Óscar Chao, antigo alumno é gran ornitólogo

Nas distintas paradas que fixemos, puidemos observar... [LER MÁIS]  [FOTOS]

 

 

Somos un mundo de xente. Espazo lila

Proveitamos a celebración do Día da Paz para levar a cabo dúas iniciativas que teñen certa relación con iso e que nós denominamos "Somos un mundo de xente" e "Espazo lila", respectivamente.

SOMOS UN MUNDO DE XENTE é unha homenaxe á diversidade que temos dentro do noso centro, con alumnado procedente dunha ducia de países distintos. Queremos que iso se vexa como unha riqueza e non como un problema, e por iso celebramos un acto simbólico consistente en que  o alumnado con orixe en países de fóra fose colocando a bandeira do seu Estado nun gran mapa mundi que colocamos nun espazo común do centro. 

ESPAZO LILA é unha iniciativa que ten como obxectivo sensibilizar a comunidade educativa dos problemas que afectan ás mulleres na actualidade: peores condicións laborais, violencia, discriminación, ... Pretendemos que isto sexa motivo de atención e reflexión constante e non só en datas sinaladas, como poden ser o 25 de novembro ou o 8 de marzo. Para iso, pintamos de lila unha superficie considerable dun espazo común do instituto, rotulámola como "Espazo lila" e aí iremos colocando información diversa relacionada co tema.   VÍDEO          MÁIS IMAXES

 

Pescudando nas orixes da materia: o bosón de Higgs no CERN

15 de xaneiro de 2016

Cibrán Santamarina Ríos, investigador e profesor da Universidade de Santiago de Compostela (tamén participante no Grupo de innovación docente en Física FISTERRA) estivo de visita no IES impartindo a charla “Pescudando nas orixes da materia. O bosón de Higgs no CERN”, unha introdución á física de partículas que tamén cubriu o descubrimento do bosón de Higgs.

Unha presentación diferente dunha parte da física, dende aspectos que se estudan no ensino medio como as ligazóns entre átomos a outras que só se citan no curso máis avanzado, como os quarks, ou aínda outras que non soen nin citarse, como os bosón W ou os gluóns.

A charla, a segunda que o programa A Ponte puxo a disposición do IES este curso, supuxo un repaso da historia da física do moi pequeno dende o século XIX ata os nosos días. Unha conferencia que agradou a moitos dos que asistiron (non puidemos comprobar se a todos) e que esperamos poida ter secuela, tanto noutras charlas vindeiras como nos estudos dalgunhas das persoas que atenderon e na visión do mundo de todas elas.

Matrícula 2º cuadrimestre Educación Secundaria de Adultos

INFORMAMOS de que permanece aberto o prazo para matricularse nos Módulos 2 e 4, correspondentes ó 2º cuadrimestre da Educación Secundaria de Adultos.

Matrícula de luns a venres, entre as 9:00 e as 14:00 h. 

Información tamén polas tardes, de luns a xoves, entre as 16:20 e as 21:40 h.

Premio poesía Nadal

A alumna Alicia Asensio Bande, de 2º de ESO, gañou o 1º premio na categoría C (de 12 a 16 anos) do certame de poesía de Nadal convocado pola Biblioteca Municipal "El Viejo Pancho", de Ribadeo. O título do seu poema é Sabela.

Parabéns!

 

 

Presentación de "No me pegues que llevo gafas"

O xoves, día 7 de xaneiro, tivo lugar a presentación do cómic "No me pegues que llevo gafas", do ilustrador Jorge Monlongo, exalumno deste centro nos anos 90. Asistiu o alumnado de 3º e 4º da ESO.

Organizou a actividade o equipo da biblioteca.

 

FELIZ 2016

A comunidade educativa do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo deséxavos un

FELIZ 2016

 

Concurso de postais de Nadal

A profesora Rosa Paz, do departamento de Lingua castelá e literatura, organizou un concurso de postais de Nadal. As vencedoras foron:

CATEGORÍA A: 3º e 4º de ESO

1º premio: Inés Canto (3º ESO B).

2º premio: Antía Gómez (3º ESO B)

CATEGORÍA B: 1º e 2º de ESO

1º premio: Paula Martínez (2º ESO C)

2º premio: Lucía Conde (1º ESO A)

Velaquí os traballos premiados: 

[MÁIS FOTOS]

 

 

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut