Skip to Content

Visita a Pontedeume

Os días 4 e 5 de abril, o alumnado de portugués de 4º de ESO, xunto coa súa profesora Dores Fernández Abel, visitou as Fragas do Eume, o museo Etnográfico de A Capela e a vila de Pontedeume, e participou en diversas actividades organizadas polo albergue de Ecoturismo Alvarella.

Foron dous días cheos de actividades en galego como premio a ter gañado o concurso do Manifesto do Correlingua 2016.

 

 

Participación no "I Seminario de Jóvenes Talentos"

Sara Canto González, Martín García Lorenzo, Alba González Pérez e Cristina Martínez García de 2º de bacharelato, e Celso Aenlle Currás, Irene Duinkerken Rodríguez e María Redondo Peña, de 1º, participaron no I Seminario de Jóvenes Talentos (IYTS), que tivo lugar en Madrid o día 31 de marzo.

O alumnado estivo acompañado polo profesor Manel Yáñez Dablanca, que nos redactou esta crónica do evento.          [MÁIS IMAXES]

Viaxe a Porto

Entre os días 18 e 20 de marzo, o alumnado de Lingua portuguesa de 1º de bacharelato realizou unha viaxe a Porto. Coordinou a actividade a profesora Dores Fernández AbelO Concello de Ribadeo colaborou cos gastos do transporte.

[MÁIS IMAXES]

"Nomeámolas. Existimos!" 8 de marzo: Día internacional das mulleres.


[Alumnado do Comité Lila coa súa coordinadora, a profesora Teresa González Piñeiroa. Podes ver os vídeos do seu último traballo premendo nas imaxes que hai despois do texto ou nos seguintes enlaces]

[VÍDEO 1ª PARTE] - [VÍDEO 2ª PARTE]

Celebramos o 8 de marzo cun magnífico acto organizado polo “Comité lila”.

Despois da lectura colectiva dun texto da feminista Nuria Varela, vimos unha montaxe audiovisual de apenas 22 minutos pero que ten detrás horas de traballo previo: investigar, escoller información, caracterizarse, gravar, montar, ...

Como resultado, temos información e recreación da vida de trece mulleres destacadas de distintas épocas e lugares, entre elas a nosa alumna María Redondo, capitá da selección galega de fútbol sala sub 17, que recentemente se proclamou campioa de España.

Concurso "Manifesto Correlingua 2016"

PARABÉNS!

O alumnado de portugués de 4º de ESO do instituto e coordinado pola profesora Dores Fernández Abel gañou o concurso "Manifesto Correlingua 2016".

Premendo na seguinte imaxe pódese ver o momento no que lle comunican o fallo do xurado.

 

Laretas de igualdade

O alumnado da ESO o noso centro está participando no programa "Laretas de igualdade", promovido polo CIM de Ribadeo. Trátase dunha iniciativa orientada ó fomento da igualdade e á prevención da violencia de xénero entre o alumnado a través da posta en valor da aprendizase, da creatividade individual e grupal e da comunicación social.

 

24 de febreiro: Día de Rosalía

O 24 de febreiro conmemórase o nacemento de Rosalía de Castro. Queda aquí como homenaxe a recreación que Irene Sánchez Sixto, de 2º de ESO, fixo do poema "A xustiza pola man":

Se premes na imaxe podes oír este poema versionado por Nao. 

PREMIO POESÍA NADAL

A alumna Alicia Asensio Bande, de 2º de ESO, que resultara gañadora na súa categoría na fase local do certame de poesía de Nadal, convocado pola biblioteca municipal "El Viejo Pancho" obtivo o 2º premio na mesma categoría da fase provincial, competindo cos premiados na fase local do resto das bibliotecas públicas da provincia de Lugo.

Parabéns!

Hai unha carta para ti

Un ano máis, celebramos o Día dos namorados con "Hai unha carta para ti", unha das iniciativas que, curso tras curso, conta con máis aceptación entre o alumnado.

Cada participante escríbelle unha carta de amor, amizade ou afecto á persoa que quere, utilizando o idioma galego, e introdúcea nun buzón preparado a tal efecto. Hoxe, uns "carteiros" escollidos entre o alumnado axudante entregaron as cartas ós seus destinatarios, acompañadas dun pequeno agasallo entregado pola organización.

Promove e coordina a actividade o Equipo de dinamización lingüística.

Acto de repulsa dos feminicidios e de solidariedade cos irmáns Deza

[15 de febreiro de 2016]

Despois da nota de urxencia que fixemos pública como mostra de solidariedade cos nosos exalumnos Santiago e Julio Deza, pensamos que debiamos facer algo máis para manifestar a nosa repulsa ó asasinato de Ana Gómez.

Por ese motivo, convocamos para o recreo de hoxe unha concentración na que varias persoas integrantes do comité lila leron un texto de condena. Posteriormente, gardamos un minuto de silencio.

TEXTO: A comunidade escolar do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo condena de forma contundente e rotunda o asasinato de Ana Gómez Nieto producido o xoves 11 de Febreiro  en Herbón (Becerreá). Este crime sobrecolleunos moi fortemente porque Ana era a nai de Santi e Julio Deza, amigos, compañeiros e ex_alumnos deste instituto. [SEGUIR LENDO]

Distribuir contido


by Dr. Radut