Skip to Content

A palabra perdida

O martes, 21 de xuño, tivo lugar o acto de entrega dos premios correspondentes ó concurso A palabra perdida. Durante varias semanas, os equipos foron investigando a partir de pistas, ata dar coa solución, que este ano era "Manuel María". As alumnas gañadoras foron Cristina Pérez, Inés Canto, Ana Rico e Clara García.

Coordinou a actividade a profesora Susana Díaz Orol, do departamento de Lingua galega e literatura.

Parabéns ás vencedoras!

Premio no certame de narración "Letras galegas, 2016"

O alumno Samuel Alonso Espiñeira, de 4º de ESO, obtivo o 1º premio na categoría C do certame de narración convocado polas bibliotecas públicas da provincia co gallo da celebración do Día das Letras Galegas.

Samuel obtivera o 2º premio na fase local do mesmo certame.

PARABÉNS!

Viaxe cultural a Santiago

O día 17 de xuño, o alumnado de 2º da ESO viaxou a Santiago para realizar unha visita ó Museo do Pobo Galego e a outros lugares de interese. O grupo estivo acompañado por Isabel López, Mª José Álvarez, Mª Carmen Rañón e Suso Fernández. Organizou a actividade o Equipo de Dinamización Lingüística.

[MÁIS IMAXES]

 

Esdelibro.es

Dous equipos de alumnado do noso centro, coordinados polo profesor Manel Yáñez, obtiveron diplomas pola súa participación en Esdelibro.es

DIPLOMA 1

DIPLOMA 2

 

Falua: música en portugués

O venres, día 10 de xuño, o grupo Falua (Sara de Sousa e Gom de Abadim) actuou para o alumnado de Lingua portuguesa. Organizou a actividade Dores Fernández Abel, xefa deste departamento. Previamente, a nosa alumna Yolanda Dias interpretou un tema de Aline Frazão.

Aquí pódese ver un VÍDEO doutra actuación deste grupo.

PREMIOS BIBLIOTECA MUNICIPAL "EL VIEJO PANCHO"

Aínda que con algo de retraso, subimos os traballos do noso alumnado que foron premiados no certame da Biblioteca Municipal "El Viejo Pancho", co gallo do Día das Letras galegas.:

NARRATIVA (categoría C):

1º premio: Uxía Fernández Vázquez, de 4º da ESO

2º premio: Samuel Alonso Espiñeira, de 4º de ESO.

DEBUXO (categoría C)

1º premio: Irene Logares Carvajales, de 1º de ESO

2º premio: Iria Freije Yanes, de 1º de ESO

PARABÉNS!

VISITA DO ALUMNADO DE PRÓXIMA INCORPORACIÓN

O venres, día 3, visitounos o alumnado que se incorporará ó centro o próximo curso. Despois dunha recepción no salón de actos, percorreron as distintas instalacións do centro, en grupos, guiados por membros no noso alumnado axudante.

Esperamos que a visita lles resultase agradable e que o próximo curso se incorporen con moita ilusión.

Coordinou a actividade o departamento de Orientación.

Manuel María noutros idiomas

Nas últimas semanas fomos escribindo nun lugar ben visible do centro uns versos de Manuel María traducidos ós idiomas dos distintos lugares de procedencia do noso alumnado. Rematado o proceso, elaboramos un VÍDEO que se pode ver premendo na imaxe.

 

Montse

Montse Iravedra estivo con nós nos últimos anos, na oficina. Nin os períodos de agobio pola carga de traballo, nin as intervencións pouco afortunadas que sempre hai que acabar oíndo cando se atende ó público, nin os momentos persoais adversos nin ningunha outra circunstancia lograron nunca modificar o seu bo talante, a súa amabilidade coa xente, o seu sorriso permanente, a súa eficacia...

Hai pouco decidiron trasladárnola para o Colexio Gregorio Sanz. Parécenos ben que os colexios públicos conten con persoal para a administración, que o traballo é moito en todos os lados, pero non que se cubran esas prazas á conta de precarizar outras. E menos aínda cando se nos dixo que a fusión dos dous centros que deron lugar ó noso non ía afectar ó persoal. Palabras que se esquecen. Non compartimos a decisión pero temos que aceptala.

Non quixemos que Montse se fose sen unha pequena mostra do noso agradecemento e afecto. Por iso hoxe nos xuntamos para tomar un café, charlar e entregarlle un pequeno agasallo.

Moita sorte, Montse.

 

 

Decorando o instituto

O alumnado de EPV da ESO, coordinado pola profesora Paula Alvite, estase encargando de que algunhas zonas do instituto resulten un pouco máis atractivas.

[Máis IMAXES]

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut