Skip to Content

Ciencias Naturais

Estudio do Río Pequeno . (Outubro 2017)

Fotografías

O IES de Ribadeo vai participar un ano máis no Proxecto Ríos co dobre obxectivo de estudar o río como ecosistema e sensibilizar  da conservación do medio como patrimonio natural.

O pasado luns, 31 de outubro,  algúns alumnos de 4º ESO de Bioloxía  saíron ó Río Pequeno durante tres horas para facer a toma de datos correspondente á inspección de outono. Tras recorrer o tramo de estudio facendo unha observación xeral, os  alumnos procederon a facer as análises axeitadas co fin de cubrir a ficha na que se reflexan 3 aspectos do río: a calidade hidromorfolóxica, a calidade físico-química e a calidade biolóxica.

  

Os resultados foron os seguintes:

1.- Respecto á calidade hidromorfolóxica, observamos que a auga flúe aínda que lentamente, o nivel de auga é bastante máis baixo do esperado porque os últimos meses foron moi secos, o substrato son coídos e gravas con area e limos,  a cobertura de vexetación acuática é escasa e o río está sombreado con claros. De calquera xeito, todo esto,  lévanos a unha valoración final do hábitat  boa, de 65 puntos, segundo as táboas facilitadas por Proxecto Ríos. Isto podemos interpretalo como un hábitat ben constituído.

Saída ó Río Pequeno. Inspección de primavera

A profesora Mª Jesús Besteiro, do departamento de Ciencias Naturais, informa sobre a inspección de primavera do Río Pequeno:

O pasado martes, 16 de maio, algúns alumnos de 4º ESO de Bioloxía saíron ó Río Pequeno pola mañá, para realizar a toma de datos correspondente á inspección de primavera.

Despois de recorrer o tramo de estudio para observar os posibles cambios, os alumnos procederon a facer as análises pertinentes co fin de cubrir a ficha na que se reflexan 3 aspectos do río: calidade hidromorfolóxica, calidade físico-química e calidade biolóxica. [LER MÁIS] [MÁIS IMAXES]

Feira da ciencia 2017

Os pasados 5, 6 e 7 de abril tigo lugar a XXIII edición da Feira da Ciencia de Ribadeo. O IES buliu durante tres días arredor de traballos con ciencia e feitos, máis ou menos, a conciencia. Un ano máis, tivemos visitas externas (do CP Gregorio Sanz) xunto coas internas do propio centro e familiares (ou non) do alumnado.
 
E, un ano máis, a feira servirá de selección para levar traballos ó día da Ciencia na Rúa na Coruña o próximo sábado 6 de maio, e calquera sabe a cantos sitios máis.
 
Cada ano, a feira ten os seus puntos fortes e as súas debilidades. Para calquera que a visite, pode ser doado ver sobre todo os puntos fortes, pero, para nós, dentro do centro, sempre estrarán presentes as debilidades. Este ano houbo que corrixir ás presas a primeira mañá unha pequena descoordinación que a piques estivo de botar abaixo tódalas visitas...

Día dos humidais, 2017

En  1971, na cidade iraní de Ramsar, moitos países firmaron voluntariamente o  convenio do mesmo nome, comprometéndose a velar pola conservación das zonas húmidas. Dende entón, tódolos 2 de febreiro, celébrase a nivel internacional o Día dos Humidais.

No Instituto, xa levamos máis de 20 anos facendo esta celebración porque en Ribadeo temos a sorte de contar coa Ría de Ribadeo, que é  un humidal de importancia internacional [LER MÁIS]

[MÁIS IMAXES]

A ciencia do mito: Atlantis.

O pasado 17 de xaneiro, tivemos a oportunidade de disfrutar dunha conferencia ofrecida polo periodista e divulgador científico Emilio Varela. É un vello coñecido para nós porque xa nos visitou máis veces, sempre con proxectos interesantes nos que conta  parte das súas espectaculares viaxes. [LER MÁIS],

[MÁIS IMAXES]

Investigadores no laboratorio Domus

18 de decembro

O pasado 18 de decembro, o alumnado de bioloxía de bacharelato tivo a oportunidade de participar no museo Domus da Coruña nunha actividade  moi interesante. Tratábase dunha práctica de enxeñería xenética titulada: “Buscando unha diana para o tratamento da aterosclerose” [LER MÁIS]

  [MÁIS IMAXES]

MAXI PIÑEIRO: "Investigación e sistemática bacteriana"

O mércores, día 23, o alumnado de Bioloxía de 2º Bach  tivo a sorte de asistir a unha conferencia sobre Investigación e Sistemática Bacteriana impartida polo noso compañeiro de Dpto. Maxi Piñeiro Vidal, quen a pesar da súa xuventude posúe un amplo, brillante e envexable currículo.

Maxi licenciouse en Ciencias do Mar pola Universidade de Vigo e [LER MÁIS]

"Proxecto Ríos": saída de outono ó río Pequeno.

Un curso máis o IES de Ribadeo vai participar no Proxecto Ríos co obxectivo de sensibilizar o alumnado da importancia de valorar e conservar o noso medio educando así nun desenvolvemento sostible.

O pasado luns, 14 de novembro, o alumnado de 4º ESO de Bioloxía acompañados polos profesores Maxi Piñeiro e Susi Besteiro saíron ó Río Pequeno durante tres horas para facer a toma de datos correspondente ó outono. [LER MÁIS[MÁIS FOTOS]

Exposición de cunchas

Esta semana, unha parte do alumnado e profesorado  do IES de Ribadeo, achegámonos á oficina de turismo para recibir unha clase distinta por parte do  coleccionista ribadense David López Álvarez, quen nos  amosou con auténtico entusiasmo parte da exposición que leva xuntando dende neno.

[MÁIS IMAXES]

Puidemos  observar máis dun millar de cunchas de todo o mundo así como así como centos de bolboretas,  insectos e tamén algúns fósiles. David contounos que para  facerse con tal número de exemplares leva moitos anos capturando e intercambiando con aficionados de todo o mundo e tamén ás veces comprando. Tamén nos amosou a manga para cazar bolboretas,  a forma de estendelas para poder conservalas e contounos moitas curiosidades dalgunhas especies. 

Proxecto Ríos, 2006

Un ano máis no Río Pequeno

Un ano máis quixemos seguir participando en Proxecto Ríos coa finalidade de concienciar ó noso alumnado da importancia de conservar o medio natural a través do estudio do río como ecosistema, é dicir estudiando o biotopo, a biocenose e as  relacións existentes entre eles. [LER MÁIS]  

[IMAXES SAÍDA PRIMAVERA]        [IMAXES SAÍDA OUTONO]

 

Distribuir contido


by Dr. Radut