Skip to Content

Filosofía

25N... Unha data obrigada

De entre todas as datas significativas do mes de novembro o 25N segue a ser unha das máis infamantes para o ser humano. Certo que toda a Historia da Humanidade está pragada de actos violentos, e que a agresividade forma parte da nosa natureza e intervén como mecanismo de defensa para a supervivencia, pero todas estas realidades e características do ser humano non xustifican, NON poden xustificar, a situación que estamos vivindo. A evolución do ser humano é irrenunciable, e o perfil de progreso das sociedades entra en conflito con estes crimes que se seguen sucedendo ao noso redor.

Son moitas as actividades e os actos programados para este Día, son moitos os enlaces e as páxinas suxeridas para educar no respecto, na igualdade, na aceptación do diverso,... e nos queremos sumarmos a estas colaboracións cun video que resume o traballo de moitos cursos anteriores... Fai tempo xa, un pequeno grupo de alumnas de Filosofía e embaixadoras do Parlamento Europeo, decidiron aportar un pouco do seu traballo na sensibilización e na difusión do porque desta data,... non podemos deixar pasar de lembralo, repetilo e mostralo,... 

 

SCIENCE IS WONDERFUL!

Estamos rexistrados nesta actividade na que o alumnado toma contacto coa Ciencia actual a través das charlas con científicos de diversas nacións europeas e de diversas institucións, e tamén a través de videos e actividades que podemos descargar e consultar en calquera momento.

SCIENCE IS WONDERFUL!

O VENRES 26 de 11 a 12 horas participaremos na Sesión de clausura deste programa, e invitamos a todo o profesorado interesado e que teña clase nesa franxa horaria a estar presente no acto.

Ofrecer posibilidades de conexión, información e actualización forma parte da liña educativa que como ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO intentamos manter cada curso. Agardamos que estas iniciativas sexan aproveitadas tanto polo profesorado como polo alumnado do noso centro para acadar unha formación actualizada como corresponde á escola do século XXI. Xa nos contaredes...!

Movember - Novembro

Novembro comezou con almas e defuntos, cantos, froitos e tradicións de diverso orixe, e desde a perspectiva contemporánea coa preocupación polas enfermidades masculinas e co anuncio da morte lenta e agónica da Filosofía a pesar dos avisos dos terceiros xoves deste infausto mes.

Diversas actividades temos planificadas, poucas de eco claustral, a fin de contas vivimos e pensamos desde materias inconexas por problemas de tempo e de curriculo... e tamén por falta de ganas e saturación de traballo...

 

En Defensa da Filosofía 2021

En Defensa da Filosofía 2021 El Progreso. En Defensa da Filosofía 2021 Cronica3.com La Voz de Galicia

Sobre a Defensa da Filosofía en 2020.

Sobre a Defensa da Filosofía en 2019.

Sobre a Defensa da Filosofía en 2013.

Pero tamén temos que facer referencia a outras actividades que moven o mundo e que van tomando corpo e peso no conxunto de iniciativas que nos rodean.... MOVEMBER!

Que que cousa é isto de Movember??... Levamos xa varios cursos dando a coñecer estas iniciativas sen ánimo de lucro e que pretenden contribuír a formar unha sociedade sana e tolerante

 

Entre unhas cousas e outras seguiremos a nosa ruta e manterémosvos informados.....

RODANDO O CURSO.... OUTUBRO 21

... Xa imos rematar Outubro, xa imos cambiar de horario; despedimos definitivamente este final de eco de verano e con el todos eses tempos de paso relaxado e ritmo lento.... Agora toca meterse nas materias, ordear os espazos de estudo e participar activamente nas leccións!

Os preliminares das materias están presentados e xa estamos adaptados aos novos lugares e ao novo profesorado. A entrada simbólica na fase de estudo farémola logo desta fin de semana que ten, universalmente, significados profundos. As actividades comezarán a aparecer e a transversalidade que sempre imprimimos ás nosas materias terá un protagonismo especial. Aproveitemos pois o que queda e saudemos aos novos tempos coa mellor das nosas caras... Con esa intención traballamos no día a día...! (22 out)

Reportaxe sobre IGUALDADE de La Voz de Galicia

Pechamos o curso e con el parte das actividades previstas. Algunha delas que xa tiña a súa orixe en cursos anterioires, como a reportaxe sobre IGUALDADES publicada o 25 de novembro de 2020 da que agora faise eco o suplemento de PRENSAESCUELA do mércores 16 de xuño, o derradeiro no programa para este curso. Neste artigo recollen os 10 traballos presentados e dez máis que sairán publcados nos primeiros meses do curso.

Reportaxes do proxecto PERIODISMO ESCOLAR

Os traballos da primeira fase traballaron temas moi diversos, e o noso deu voz á loita sobre os dereitos e valores fundamentais que debemos defender fronte ás intolerancias e ás inxustizas. Sempre será un tema prioritario para nos e continuaremos con este proxecto desde as distintas materias do noso ámbito. Cremos que tamén o alumnado implicado non soamente é consciente desta necesidade, senón tamén de manter esta actitude ante calquera situación que nos toque vivir.

Con esta idea e esta esperanza rematamos este curso e planificamos o novo. Sorte a todos en todo o que fagamos!

A IGUALDADE: UNHA LOITA PARA ACEPTAR A DIFERENZA

E aquí tedes a avanzadilla do noso traballo. Un recoñecemento a priori do noso continuado labor en defensa de todas as igualdades en todos os tempos .... (Artigo de prensaescuela)

Recepción do Justicia de Aragón aos MEP V Asamblea

Tamén hoxe mércores 16 de xuño, nun acto virtual para o noso centro, os institutos que participamos na V Asamblea Extraordinaria MEP de Aragón, asistimos a un acto final no que as resolucións elaboradas polo alumnado presentáronse ás autoridades da comunidade. Un acto que pon en valor a participación cidadá e o traballo que alumnado e profesorado desenvolve en pro dunha sociedade tolerante, progresista e sobre todo comunicativa; valores que suliñan a importancia que ten a unidade europea no presente e no futuro educativo.

EXPOSICIÓN «Ribadeo: Música en feminino»

Xoxe mércores 16 de xuño e ata o vindeiro mércores 23 teremos na entrada do centro 11 paneles que fan un percorrido pola historia en femenino da música. Mulleres no pasado, no presente e no noso pobo que sinten e transmiten a música como linguaxe universal. 

Unha exposición pensada e elaborada polos e polas docentes do colexio Sagrado Corazón da nosa vila que rinde tributo a un capítulo máis do traballo, as máis das veces oculto, que a muller desenvolve en todos os ámbitos culturais desde o principio dos tempos. Unha exposición que coloca en primeira plana a moitas destas mulleres que contribuiron a facer da MÚSICA o elemento cultural que debe unirmos e que debemos coñecer, sobre todo cando o traballo levado a cabo permanece no esquecemento.

Esta exposición estivo exposta a comezos de xuño na oficina de Turismo e agora podemos dedicarlle algo máis de tempo aproveitando os derradeiros días lectivos do curso. 

SEGUIREMOS SENDO ESCOLA EMBAIXADORA!!!

Grazas a todo o alumnado e profesorado implicado neste proxecto! Acabamos de recibir a notificación de que o curso 2021-2022 mantemos o status de ESCOLA EMBAIXADORA DO PARLAMENTO EUROPEO.

Un título que nos permitiu achegarmos a espazos educativos de moitas partes de Galiza, de España e de Europa. Grazas ao esforzo do grupo de alumnas de Filosofía de 4º ESO e ao grupo de alumnas de Filosofía de 1º de BACH, tamén ao profesorado: Manuel Lozano e Susi López-Leitón da materia de Educación Física, Sofía Acevedo da materia de Relixión, e a Manel Yáñez da materia de Filosofía e coordinador do proxecto, polo seu incansable esforzo para manter estas iniciativas.

Por extensión queremos tamén agradecer desde aquí ao resto de Escolas Embaixadoras polos seus consellos e axuda, e sobre todo ao grupo que formamos as Escolas de Galicia, que, coordinadas por EUROPE DIRECT A CORUÑA, e coa axuda de EUROPE DIRECT LUGO, souberon aportar, colaborar, apoiar e enviar material e ánimo suficiente para levar a cabo os nosos cometidos. GRAZAS a TODS! e seguiremos traballando por lograr unha Europa en paz e unida na diversidade...!

A CONCORDIA PRESENTA A OBRA DE SUÁREZ COUTO

Este xoves 3 de xuño, cun acto oficial de presentación no salón de actos do centro, a Asociación A Concordia fixo pública a cesión temporal da exposición de debuxos e gravados de Suárez Couto ao IES de Ribadeo. Con esta exposición ambos colectivos queren lembrar, difundir e sobre todo dar a coñecer á xuventude da vila, a obra dun artista ribadense que permanece esquecido para a gran maioría.

A colección que a asociación A Concordia conseguiu reunir de familiares, amigos, prensa e publicacións da época está composta de medio centenar de debuxos e gravados moi variados e de distintas épocas: ilustracións para libros e folletos, publicidade de xabóns, festas patronais, semana náutica,... Unha mostra testemuñal que recupera parte do legado artístico de Amando Suárez Couto e revaloriza o interese cultural que toda a familia Suárez Couto amosou por Ribadeo. Un legado que tanto a Asociación A Concordia como o IES Ribadeo Dionisio Gamallo consideran necesario conservar e coñecer.

Breve historia de A Concordia, por Matilde González

En Twiter @cosmopolitas1

(05/06/21) Cronica3.com

(06/06/21) El Progreso

  

(28/05/2021) NARY LY: Supervivente, científica, olímpica

O IES Ribadeo, como Escola Embaixadora do Parlamento Europeo, despide maio cunha actividade moi especial: unha charla coa atleta olímpica Nary Ly. A súa experiencia de vida cubre aspectos emocionais, educativos e deportivos que servirán de acicate a todo o alumnado ribadense.
Un total de case 200 alumnos e alumnas tiveron a oportunidade de compartir con esta atleta olímpica experiencias e emocións que ao longo de dúas horas a protagonista expresou tanto a través de videos como da súa propia voz e sentimento. Un relato que comeza na súa infancia en Camboia e que a levou por circunstancias sociais e políticas ata Francia, Estados Unidos, Camboia,... e finalmente a León, onde reside na actualidade.

Entrevista en El Progreso (sábado 29/05/2021)

Información en Cronica3.com

Distribuir contido


by Dr. Radut