O Departamento de Ingés ven de preparar unha unidade didáctica sobre deporte para o alumnado de 4ºESO, facendo mais visible os deportes "menos publicitarios", o deporte feminino e o deporte para persoas con discapacidade.
Todo o alumnado xunto ca súa profesora Pury Vez puideron disfrutar da visita do atleta galego Celso Comesaña, quen é tamén guía da atleta galega Susana Rodríguez.
Ámbolos dous van participar nos próximos Xogos Paralímpicos 2020.
Celso foi quen de transmitir ó alumnado a sua paixón polo deporte e o seu respeto polos deportistas que superan barreiras e en especial por Susana Rodríguez.
Dun xeito moi claro explicou o seu día a día entrenando e compitindo xuntos.
Animou ó alumnado a practicar deporte e a contribuir na inclusión das perosas con discapacidade.
Parabéns Celso e Susana por todos os vosos logros e moita sorte para os futuros retos.
José Luis Nogueira Varela, profe de Educación Física do Insti da Pobra veu presentarnos a nova edición da Bolsa "JUAN LAMPÓN" aos nosos alumnos de 1ºESO.
Foi unha charla enriquecedora e emotiva, don de se recordou a pegada que deixou Juan entre todo aquel que o coñecía, e do importante que é andar pola vida facendo gala de valores como o respecto, o compañeirismo, e a empatía cos demais.
Como todo deportista sabe, tamén é esencial esforzarse por facer as cousas o mellor que poidamos independentemente do noso nivel de destreza ou das dificultades que poidamos ter.
Aquí deixamos un link sobre isto último que de seguro nos fará reflexionar a todos.
Xa sabedes que para mais información sobre esta Bolsa seredes informados polos membros do Departamento de Educación Física do centro.
Somos X comeza o curso 2019-2020 berrando contra a violencia machista. No noso rincón a nosa homenaxe ás 1027 mulleres asasinadas dende que temos cifras oficiais.Sabendo que son máis porque tamén hai feminicidios fóra dos límites familiares.
Baixo este prisma, a día de hoxe van 93 mulleres asasinadas no que vai de ano por violencia de xénero!!! 93!!! 1.079 dende o ano 2010, cando se iniciou o cómputo extraoficial de vítimas de feminicidio en España.
Neste curso 2019-2020 o EspazoFamiliaS-Boiro inicia a súa segunda etapa cun faladoiro para reflexionar e aprender a mellorar a alimentacion e evitar a obesidade infantil ou outros trastornos alimentarios.
Lembrade que temos setvicio de canguraxe. Apuntádevos no vos cecntro educativo ou enviádenos un correo a espazoboiro@gmail.com.