Skip to Content

Educación Física

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA

PROFESORES:

  • Pilar Barros Castro (Xefa de Departamento)
  • Gustavo López Fernández

MATERIAS:

  • Educación Física: 1º,2º,3º,4º de ESO, 1º BAC
  • Promoción de estilos de vida saudables: 1º ESO
  • Saúde e calidade de vida: 1º BAC
  • Ciencias da actividade física e deportiva: 2º BAC

PROXECTO DEPORTIVO DE CENTRO

Proxecto de vida activa e deportiva 

 

SECCIÓN NA WEB: prema na imaxen

INSTAGRAM: @barranadeportiva

FACEBOOK: @barranadeportiva

AULA VIRTUAL: Actívate en casa 

 

Modificacións da programación didáctica. Curso 2019 - 2020.

Presentación da Bolsa "JUAN LAMPÓN" 2020

PRESENTACIÓN BOLSA JUAN LAMPON_0.jpg

  José Luis Nogueira Varela, profe de Educación Física do Insti da Pobra veu presentarnos a nova edición da Bolsa "JUAN LAMPÓN" aos nosos alumnos de 1ºESO.  

Foi unha charla enriquecedora e emotiva, don de se recordou a pegada que deixou Juan entre todo aquel que o coñecía, e do importante que é andar pola vida facendo gala de valores como o respecto, o compañeirismo, e a empatía cos demais.

Como todo deportista sabe, tamén é esencial esforzarse por facer as cousas o mellor que poidamos independentemente do noso nivel de destreza ou das dificultades que poidamos ter.

Aquí deixamos un link sobre isto último que de seguro nos fará reflexionar a todos. 

 

 

Xa sabedes que para mais información sobre esta Bolsa seredes informados polos membros do Departamento de Educación Física do centro.

Campións do mundo de vídeo submarino

Dende o IES Praia Barraña queremos felicitar á nosa querida compañeira Pilar Barros, profesora de Educación Física do noso IES, e á súa parella de mergullo, o tamén aprezado e recoñecido videógrafo submarino Jorge J. Candán, por acadar o primeiro posto do Campionato Mundial de fotografía e vídeo submarino CMAS 2019,  na modalidade de vídeo submarino, celebrado entre os días 17 e 21 de setembro nas Illas Canarias. Parabéns, campións, por este novo éxito deportivo do que estamos moi orgullosos no IES.

 

 

*Premendo na imaxe pode verse o video gañador do Mundial de Jorge e Pilar.

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA- RESUMO DAS ACTIVIDADES #MAIONATURALNOBARRAÑA2019.

  Despedímonos deste #maionaturalnobarraña2019 encantados de promover os deportes de aventrura e en contacto ca natureza.

 Temos claro que ensinar e aprender pode ser algo divertido e enriquecedor para ámbolos dous lados.

 Sen dúbida estes días de aventuras e amizade serán vivencias que han perdurar no recordo.

Para o ano prometemos mais.

*Recordade que podedes seguir as actividades deportivas do insti nas redes sociais. barrañadeportiva ou barranadeportiva

 

ACTIVIDADE PARA 1º ESO: "XOGANDO CO MAR E O VENTO"

 

 

ACTIVIDADE PARA 2ºESO: MULTIAVENTURA 

AVENTURA 2019.jpg

 

ACTIVIDADE PARA 3º ESO: RAFTING NO RÍO MIÑO 

 

RAFTING 2019.jpg

 

ACTIVIDADE PARA 4º ESO: PADDLESURF E KAIAK DE MAR EN BARRAÑA.

 

 

PADEL KAYACK 2019_0.jpg

ACTIVIDADE PARA 1º BACHARELATO: INICIACIÓN AO SURF NA LADEIRA.

 

SURF 2019.jpg

 

 

barrañadeportiva logo_0.png

 

 

Programa XOGADE 2018-2019

O IES Praia Barraña a través do Departamento de Educación Física participará en algunhas das actividades do Programa XOGADE 2018-2019.

A campaña de actividade lúdico deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar), é unha iniciativa promovida e financiada pola Xunta de Galicia, co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma, dáselle así resposta a un dos obxectivos principais da política deportiva da Xunta de Galicia: fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade dende as idades máis temperás.

xogade

 Para máis información sobre o Programa XOGADE pinche na imaxen.

XIII Bolsa Juan Lampón

       A nosa alumna de 2º de ESO Sandra Folgar Martínez gañadora dunha das Bolsas Juan Lampón 2018. Os nosos parabén a Sandra e a todas as persoas premiadas en esta XIII convocatoria.

 

I Mostra: Boiro Deportivo

       O pasado 20 de abril, dentro da V Semana Temática, o Departamento de Educación Física e os alumnos/as de 3º e 4º de ESO baixo o título “I Mostra: Boiro Deportivo” organizaron unha Feira de Mostras no ximnasio do Instituto onde deron a coñecer e promocionaron toda a oferta deportiva que se leva a cabo nos clubes deportivos, asociacións, ximnasios públicos e privados, escolas deportivas, etc... do Concello de Boiro. O obxectivo é reunir nun mesmo evento toda a información das posibilidades existentes na contorna próxima dos nosos alumnos e motivar a todo aquel que visite a Mostra a escoller a actividade física-deportiva que mellor se adapte ás súas necesidades para poder levar un estilo de vida activo, deportivo e saudable.

      Aquí podedes ver unha pequena mostra do que se montou no ximnasio do insti: 

Andaina Castelo de Vitres

       El Departamento de Educación Física del IES Praia Barraña - junto con alumnos de la asignatura Ciencias de la Actividad Física de 2° de Bachillerato - prepararon una ruta a pie que se hizo efectiva este martes 17 de abril. Actividad enmarcada dentro de la V Semana Temática del IES Praia Barraña, dedicada a Boiro en esta edición.

       Participaron más de un centenar de senderistas de nuestro instituto de 1º y 2º de ESO que disfrutaron de un día inolvidable y que demostraron que, con ganas y motivacion, son capaces de superar estos 18 kms. y otros muchos más retos que se les pongan por delante.

¡¡¡Arriba Barraña Deportiva!!!

       Gracias a:

    • Profes acompañantes:  Marieta, Ramón y Celia.
    • A nuestros alumnos de 2 Bachiller (fantásticos guías).
    • Y mención especial para Nacho y miembros de Protección Civil de Boiro por su inestimable colaboración (rescate de zapatilla incluido).

      Estad atentos porque pronto prepararemos más actividades para fomentar hábitos de vida activa y saludable.

Distribuir contido


by Dr. Radut