Skip to Content

Información durante a suspensión da actividade lectiva

 

Durante o período de suspensión da actividade lectiva poderán contactar connosco a través dos teléfonos 881 866 601 / 658 48 66 10 ou do correo electrónico ies.praia.barrana@edu.xunta.es

Recomendámoslles encarecidamente que non se acheguen ao centro en cumprimento do estado de alarma declarado polo goberno e que limita a libre circulación das persoas pola vía pública durante o período de suspensión.

De tódolos xeitos, se tivesen a necesidade de vir recoller algún libro de texto que se tivese quedado no centro ou material de traballo proposto polos docentes para os seus fillos e fillas - e ao que non poidan acceder na Aula Virtual- fagan o favor de chamar previamente ou escribir un correo electrónico para concretar o día e hora exactos da entrega.

#Euquedonacasa

------------------------------------------------

CONTACTO COA ORIENTACIÓN DO CENTRO

Para contactar co Orientador do IES poden escribirlle a:

masr@edu.xunta.gal

------------------------------------------------

INSTRUCIÓNS SOBRE AVALIACIÓN 2º TRIMESTRE

 

 

 

Trasládanse ás familias as seguintes informacións referidas ás cualificacións do alumnado e á súa comunicación aos pais/nais ou titores/as legais, dacordo coas instrucións dadas pola Consellería de Educación:

1) O profesorado do IES Praia Barraña está desenvolvendo durante esta semana as avaliacións do 2º trimestre do alumnado do centro.

2) As cualificacións finais do alumnado avaliarán todo o feito por este dende o inicio do trimestre ata o inicio do estado de alarma.

3)Tódas as as actividades realizadas polo alumnado telematicamente dende o inicio do estado de alarma non serán avaliables, tal como establece a Consellería.

4) Debido á situación excepcional que estamos a vivir e que obriga ao confinamento absoluto da poboación nos seus fogares, as cualificacións serán comunicadas única e exclusivamente a través de ABALARMóBIL.

5) No caso de que haxa familias que non dispoñan de ABALARMÓBIL terán que facerse usuarias da aplicación. Na ligazón proporcionada teñen información sobre como proceder para darse de alta e facer uso dela. É moi importante que o número de teléfono móbil que empreguen para darse de alta sexa o mesmo que temos rexistrado no IES como número de contacto. En caso contrario, escriba un correo electrónico ao centro para actualizar o número.

6) Excepcionalmente, se hai algunha familia que, polas circunstancias que sexa, non poidan facer uso do aplicativo escriban un correo ao enderezo electrónico do IES para comnuicar esta circunstancia.

7) Agradecemos a súa comprensión por esta maneira inédita de proceder, pero as circunstancias actuais nas que estamos todos inmersos impiden que o proceso avaliador se faga de maneira tradicional e presencial. En todo caso, durante este proceso estase a velar polo beneficio do alumnado. Damos as grazas tamén pola boa vontade e o bo labor que tanto o alumnado como as súas familias están realizando durante este duro confinamento e esperamos que en breve as cousas  volvan á normalidade.

 

Abalar móbil

 

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o achegamento entre o profesorado e as familias, ofrece abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 
•Acceder aos datos persoais
•Consultar as cualificacións
•Consultar e xustificar as faltas de asistencia
•Consultar as faltas de conduta
•Solicitar unha cita de titoría
•Consultar os datos do centro educativo
•Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
•Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
•Modificar o idioma da aplicación
 
A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado do Centro. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.
 
Para saber máis sobre esta aplicación e como instalala poden premer na imaxe do artigo para acceder a un vídeo explicativo ou, se o prefiren, acceder á guía rápida de descarga e instalación que se lles ofrece en arquivo adxunto.

Excursión a Ourense dos alumnos de 1º e 2º Bacharelato de Relixión.

EXCURSIÓN OURENSE RELIXIÓN_0.jpg

Admisión de alumnado no IES Praia Barraña. Curso 2020 - 2021

 

 

AVISO IMPORTANTE

AMPLÍASE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN ATA O 03 DE ABRIL DE 2020.

RECOMÉNDASE PRESENTAR A SOLICITUDE POR VÍA TELEMÁTICA.

 

Prazo de presentación de solicitudes.

O prazo de presentación de solicitudes de admisión será do día 1 ao 20 de marzo, ambos os dous incluídos.

Lugares e formas de presentación das solicitudes.

Información xeral sobre o proceso de admisión e vacantes ofertadas.

Poden lela na seguinte ligazón:

Información xeral e prazas vacantes

Documentación  necesaria que se deberá entregar:

a) Formulario de admisión ED550B (proporcionado co impreso de prematrícula solicitado polo Centro)

b) DNI do/a alumno/a.

c) Se é o caso, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

d) Co obxecto de contribuír a unha mellor organización por parte do Centro, os/as solicitantes deberán indicar as materias que desexan cursar no nivel para o que solicitan praza. Con este obxectivo, na táboa seguinte recóllense os impresos organizados por cursos xunto co formulario normalizado ED550B:

ESO BAC
 
 

 

Nota: todo o alumnado procedente dos centros adscritos (CEIP Praia Xardín e IESP A Cachada) que fixo a reserva de praza escolar entre os días 01 e 17 de febreiro está admitido para continuar os seus estudos no IES Praia Barraña na etapa correspondente.

As listaxes deste alumnado admitido polo procedemento de reserva de praza están expostas no taboleiro de anuncios do Centro para a súa consulta pública.

Máis adiante publicarase tamén no devandito taboleiro a listaxe de alumnado que, tendo presentada instancia durante o periodo de admisión, fose admitido no centro, segundo o seguinte calendario:

 

            A) Listaxe provisional de admitidos/as: 17 de abril de 2020.

                Prazo de reclamacións contra as listaxes provisionais: entre o 20 e o 24 de abril.

           B) Listaxe definitiva de admitidos/as: 13 de maio de 2020.

                Prazo de presentación de recurso de alzada: un mes.

Convocatoria de axudas para realizar actividades formativas en linguas estranxeiras

 

 

 

 

Achégase ligazón á convocatoriade axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiv. Premendo na imaxe pódese acceder a toda a información.

VENRES 21 DE FEBREIRO (11:20h-14:10h)

CARTEL ENTROIDO 2020.jpg

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut