Skip to Content

E.N.D.L.

Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística

COMPOÑENTES DO E.N.D.L.

  • Francisco Blanco Alcaide (Coordinador)
  • Mª Enriqueta Picón Romero (Dep. Galego)
  • Gustavo López Fernández (Dep. Ed. Física)
  • Daniel Recamán Viéitez (Dep. Artes Plásticas)
  • Mª Estrella Piñeiro Lorenzo (Dep. Xeografía e Historia)
  • Juan Carlos Couto Vázquez (Dep. Lingua e L. Castelá)
  • Antón Riveiro Coello (Persoal non docente)

PLAN XERAL DE  NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA:

Prema aquí para acceder ao Plan Xeral de Dinamización e Normalización Lingüística.

CONCURSOS LETRAS GALEGAS 2019

 

O Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua e Literatura Galega do IES Praia Barraña, convocan os concursos de poesía, relato curto e banda deseñada para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao historiador Antonio Fraguas.

 

 

 

BASES:

 

1. Todos os traballos deben ser orixinais e estar escritos en lingua galega.

 

2. O tema é o proposto para o proxecto de investigación deste curso: A loita pola igualdade, a diversidade, a violencia de xénero...

 

3. A data límite de entrega de traballos é a última semana de maio.

 

4. Os traballos, asinados baixo un “pseudónimo” presentaranse nun sobre grande, no que se fará constar no seu exterior a modalidade do concurso. Acompañará outro sobre pequeno pechado que conteña os datos persoais do autor ou autora ( nome, apelidos, curso e grupo ). Deberán gardarse tamén en formato “pen drive” ou soporte dixital para ser editados na revista do centro.

 

POESÍA: O poema ou poemas -máximo tres-, terán unha extensión libre e presentaranse impresos en papel DIN A4 por unha soa cara.

 

RELATO CURTO: O relato terá unha extensión mínima de 2 folios DIN A4, mecanografados a dobre espazo.

 

BANDA DESEÑADA: A técnica, o material e o estilo son libres. Poderán entregarse en papel ou formato dixital (DIN A4 ou proporcional). A extensión tamén é libre. A autoría poderá ser individual ou de dúas persoas (debuxante e guionista).

 

5. O xurado estará formado por profesores e profesoras do centro.

 

6. Establécense tres categorías: Primeiro ciclo da ESO, Segundo ciclo da ESO e Bacharelato. Concederase un premio por categoría.

 

7. Cos traballos presentados en todas as categorías, farase unha selección e serán expostos no centro e os traballos premiados editaranse na revista do centro.

 

8. O xurado pode declarar desertos os premios en calquera categoría, se o considera oportuno.

 

 

A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.

VISITA DA TITIRIMESTRA CRISTINA COLLAZO

A finais do mes de abril visitou o centro a actriz e titirimestra Cristina Collazo. Os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO gozaron e mesmo participaron da posta en escena de Carmiña, a Meiga.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut