Skip to Content

E.N.D.L.

eTwinning 2015: 1º Premio

V Concurso Europeo de Marcapáxinas- Letras Galegas 2015

O xurado do V Concurso Europeo de Marcapáxinas acordou conceder os seguintes premios:

  • 1º premio (100 €): Ainoa García-Puertas Pérez – IES Praia Barraña, Boiro, Galiza, España
  • 2º premio (75 €): Lisa Topi – Liceo Classico S. C. Calasanzio, Italia
  • 3º premio (50 €): Héctor Oanes Ferrín – IES San Clemente, Santiago de Compostela, Galiza, España
  • Accésit (30 €): Ana – Escola secundaria Carlos Amarante, Braga, Portugal

Ao concurso, no que participaron 16 institutos de Portugal, Italia, Francia e España, presentáronse case 300 marcapáxinas a través do proxecto eTwinning Letras Galegas 2015 – Rosalía de Castro, que ten outras actividades como gravación de vídeos, curso de galego, cronoloxía e tradución de obras de Rosalía e de outros autores como o portugués Fernando Pessoa e o xenovés Edoardo Firpo.

Enlace aos outros premios aquí.

eTwinning 2015: V concurso europeo de marcapáxinas

 The 5th European competition of bookmarks
 
 
 
Alt Image
 
Aínda que este ano, o Día das Letras Galegas adícase a Xosé Filgueira Valverde, escollemos traballar con Rosalía de Castro no proxecto. Ela foi a primeira autora homenaxeada no Día das Letras Galegas en 1963. Rosalía de Castro é unha autora moi coñecida, recoñecida internacionalmente e ten moitas das súas obras traducidas a diferentes idiomas. Tamén ten moito material didáctico publicado.
 
O obxectivo principal deste proxecto é dar a coñecer a lingua galega e a obra da escritora Rosalía de Castro. Os estudantes deseñarán marcapáxinas inspirados na obra en galego desta autora e empregarán as novas tecnoloxías como medio de traballo.
O IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o
V concurso europeo de marcapáxinas
Sobre a figura de Rosalía de Castro
 
Bases:
1. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión será até o 8 de maio e o xurado dará a coñecer a súa decisión a finais do mes de maio.
2. Admitiranse dous traballos como máximo por cada participante.
3. Cada marcapáxinas deberá ter dúas caras.
4. Medidas: 18x5 cm.
5. Formato dixital BMP ou PNG, con resolución 300dpi.
6. Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo premio por valor de 75 e un terceiro por valor de 50.
7. Os premios non se poderán declarar desertos.

Día da Ciencia en Galego

A Coodinadora Galega de ENDL convídavos a participar na videoconferencia para secundaria que, con motivo da celebración do V Día da Ciencia en Galego organiza a CGENDL para o vindeiro  mércores 5 de novembro. Unha vez que pechamos o prazo de preferencia para a inscrición dos centros escolares que forman parte da CGENDL, abrimos a inscrición a todos os centros.

  • Título: A ciencia da programación de ordenadores (tamén en galego)
  • Relator: Manuel Caeiro Rodríguez. Doutor en Enxeñaría de Telecomunicación. Profesor na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade de Vigo. Responsable da rede TELGalicia sobre innovación educative e da aplicación. Páxinas web: http://www.edu-area.com e http://www-gist.det.uvigo.es/~mcaeiro/
  • Sinopse: introducirase a historia da programación de ordenadores desde un punto de vista moi básico e práctico, comezando pola orixe do algoritmo dos árabes, pasando por Ada Lovelace (Byron), e pasando logo a Alan Turing para chegar á estrutura dos ordenadores actuais e aos paradigmas de computación máis empregados. Introduciremos ferramentas nas que é moi doado programar, como Scratch e Squeak, para que poidades facer os vosos programas, tamén en galego.
  • Destinatarios: alumnado do 2º ciclo da ESO e Bacharelato.
  • Data e hora: mércores 5 de novembro entre as 12:00h e as 13:00h.

eTwinning 2014: IV Concurso Europeo de Marcapáxinas- IV European competition of Bookmarks

O xurado do IV Concurso Europeo de Marcapáxinas acordou conceder os seguintes premios:
  • 1º premio (100 €): Sarai Outeiral Ces – IES Praia Barraña, Boiro, España
  • 2º premio (75 €): Mariana Pinto e Rita Vieira – Escola secundaria Carlos Amarante, Braga, Portugal
  • 3º premio (50 €): Raúl Cañas Sáez- IES Rey Don García, Nájera, España
  • Accésit (30 €): Reverdito- Liceo Classico S. C. Calasanzio, Italia
  • Accésit (30 €): Pereira Grille, Junior- IES Maximino Romero de Lema, Zas, España
  • Accésit (30 €): Ilona Kolbyko- Gimnazjum nr 3 w Lublini, Polonia
  • Accésit (30 €): Marialnés Mirás Otero, IES San Clemente, Santiago de Compostela, España
  • Accésit (30 €): Adriana Rodríguez Meniño, IES Pontepedriña, Santiago de compostela, España
Ao concurso presentáronse 367 marcapáxinas a través do proxecto etwinning “Letras Galegas 2014- Xosé María Díaz Castro”. Os traballos premiados poden verse na seguinte ligazón
   
Prizes of the fourth European competition of bookmarks:
1º premio (100 €): Sarai Outeiral Ces – IES Praia Barraña, Boiro, Spain

 

Proxecto eTwinning- Letras galegas 2014: "IV European competition of bookmarks"

 O alumnado de 1º BAC da materia de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (Tics) participa no curso 2013/2014 neste proxecto eTwinning.

O obxectivo principal deste proxecto é dar a coñecer a lingua galega e a obra do escritor homenaxeado nas Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz castro. Os estudantes deseñarán marcapáxinas inspirados na obra deste autor e empregarán as novas tecnoloxías como medio de traballo.

O IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o

IV concurso europeo de marcapáxinas

Sobre a figura do autor homenaxeado nas Letras Galegas 2014: Xosé María Díaz Castro

Bases:

1. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión será até o 15 de maio e o xurado dará a coñecer a súa decisión a finais do mes de maio.
2. Admitiranse dous traballos como máximo por cada participante.
3. Cada marcapáxinas deberá ter dúas caras.
4. Medidas: 18x5 cm.
5. Formato dixital BMP ou PNG, con resolución 300dpi.
6. Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo premio por valor de 75 € e un terceiro por valor de 50 €.
7. Os premios non se poderán declarar desertos.

Distribuir contido


by Dr. Radut