Skip to Content

E.N.D.L.

CONCURSOS LETRAS GALEGAS 2019

 

O Equipo de Dinamización Lingüística e o Departamento de Lingua e Literatura Galega do IES Praia Barraña, convocan os concursos de poesía, relato curto e banda deseñada para conmemorar o Día das Letras Galegas, dedicado este ano ao historiador Antonio Fraguas.

 

 

 

BASES:

 

1. Todos os traballos deben ser orixinais e estar escritos en lingua galega.

 

2. O tema é o proposto para o proxecto de investigación deste curso: A loita pola igualdade, a diversidade, a violencia de xénero...

 

3. A data límite de entrega de traballos é a última semana de maio.

 

4. Os traballos, asinados baixo un “pseudónimo” presentaranse nun sobre grande, no que se fará constar no seu exterior a modalidade do concurso. Acompañará outro sobre pequeno pechado que conteña os datos persoais do autor ou autora ( nome, apelidos, curso e grupo ). Deberán gardarse tamén en formato “pen drive” ou soporte dixital para ser editados na revista do centro.

 

POESÍA: O poema ou poemas -máximo tres-, terán unha extensión libre e presentaranse impresos en papel DIN A4 por unha soa cara.

 

RELATO CURTO: O relato terá unha extensión mínima de 2 folios DIN A4, mecanografados a dobre espazo.

 

BANDA DESEÑADA: A técnica, o material e o estilo son libres. Poderán entregarse en papel ou formato dixital (DIN A4 ou proporcional). A extensión tamén é libre. A autoría poderá ser individual ou de dúas persoas (debuxante e guionista).

 

5. O xurado estará formado por profesores e profesoras do centro.

 

6. Establécense tres categorías: Primeiro ciclo da ESO, Segundo ciclo da ESO e Bacharelato. Concederase un premio por categoría.

 

7. Cos traballos presentados en todas as categorías, farase unha selección e serán expostos no centro e os traballos premiados editaranse na revista do centro.

 

8. O xurado pode declarar desertos os premios en calquera categoría, se o considera oportuno.

 

 

A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.

VISITA DA TITIRIMESTRA CRISTINA COLLAZO

A finais do mes de abril visitou o centro a actriz e titirimestra Cristina Collazo. Os alumnos e alumnas de 3º e 4º da ESO gozaron e mesmo participaron da posta en escena de Carmiña, a Meiga.

 

 

VISITA DA AUTORA MARÍA LÓPEZ SÁNDEZ

O día 22 de marzo e grazas á axuda recibida polo Ministerio de Educación e Ciencia, tivemos o pracer de contar coa presencia da escritora galega María López Sández. Os alumnos e alumnas de 3º da ESO puideron coñecer como foi o proceso de creación da novela que leron durante o segundo trimestre, O faro escuro.

Atentos, participativos e moi interesados nos pormenores da historia e das personaxes fixeron da charla un momento agradable e distendido no que a autora explicou e respondeu a todas as preguntas dos nosos alumnos.

 

Concurso de poemas

ENDL do IES Praia Barraña CONCURSO DE POEMAS ILUSTRADOS DE MANUEL MARÍA

O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística do IES Praia Barraña, convoca o concurso de poemas ilustrados de Manuel María, escritor ó que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2016. A finalidade deste concurso é desenvolver a capacidade de relacionar imaxe e as palabras, para o que se deberán ter en conta as seguintes bases:

1. O traballo consistirá na presentación dun poema de Manuel María ilustrado.

2. A presentación do traballo realizarase en un soporte DIN A4, co poema impreso ou manuscrito seleccionado por cada autor ca ilustración libre.

3. Cada concursante poderá presentar un só traballo, que entregará na secretaría do centro sobre pechado tamaño DIN A4 no que indicará o título e un pseudónimo do autor, que deberá conter a ilustración e o poema ilustrado. Dentro do mesmo sobre incluirase outro máis pequeno en que consten o nome e apelidos, curso e grupo ao que pertence o participante.

4. Os traballos deberán ser individuais.

5. Establécense dúas categorías: ESO e Bacharelato. Concederase un premio por categoría.

6. A data límite para a entrega das obras será o 12 de maio, e a entrega de premios farase coincidindo coa Semana das Letras.

7. O xurado estará composto por membros dos ENDL do centro e terá en conta a creatividade e a relación co tema proposto.Valorarase a orixinalidade, así como a idoneidade da ilustración co contido do poema seleccionado.

8. Cos traballos presentados en todas as categorías, farase unha selección e serán expostos no centro.

9. O xurado pode declarar desertos os premios en calquera categoría, se o considera oportuno. A participación neste concurso supón a aceptación destas bases.

Boiro, abril de 2016

eTwinning 2016: VI concurso europeo de marcapáxinas (Manuel María)

The 6th European competition of bookmarks
 
Este ano o Día das Letras Galegas adícase a Manuel María.
 
O obxectivo principal deste proxecto é dar a coñecer a lingua galega e a obra do escritor Manuel María. Os estudantes deseñarán marcapáxinas inspirados na obra en galego deste autor e empregarán as novas tecnoloxías como medio de traballo.
O IES San Clemente de Santiago de Compostela convoca o
VI concurso europeo de marcapáxinas
Sobre a figura de Manuel María
 
Bases:
1. Será condición indispensable que os traballos sexan orixinais e inéditos. O prazo de admisión será até o 8 de maio e o xurado dará a coñecer a súa decisión a finais do mes de maio.
2. Admitiranse un traballo como máximo por cada participante.
3. Cada marcapáxinas deberá ter dúas caras.
4. Medidas: 18x5 cm.
5. Formato dixital BMP ou PNG, con resolución 300dpi.
6. Haberá un primeiro premio por valor de 100 €, un segundo premio por valor de 75 e un terceiro por valor de 50.
7. Os premios non se poderán declarar desertos.

eTwining: Letras galegas

(La Voz de Galicia, 26 de maio 2015)

(El Correo Gallego, 26 de maio 2015)

Distribuir contido


by Dr. Radut