( clicando na imaxe enlazas coa nosa páxina web)
Chegan as IV Xornadas EspazoFamilias!
Este ano a nosa intención é darlle voz ás familias e facilitar o diálogo entre as persoas participantes.
Durante tres xornadas xeraremos un tempo de conversa no que poder compartir inquedanzas, dúbidas e experiencias en torno a gran tarefa que temos as persoas adultas intentando educar ás nosas crianzas.
Introducimos para iso unha novidade que consideramos moi enriquecedora: non limitarnos ás familias e incluír á rapazada como parte fundamental destas xornadas. Para iso deseñamos actividades paralelas ao encontro de adultos onde elas e eles sexan as protagonistas.
As sesións estarán a cargo de:
- Anabel Mosquera (pedagoga, formadora e experta en adiccións) estará coas nais, pais, titores e adultos a cargo de menores.
- Xaime Bello (Educador social e coordinador do Proxecto Turbina) con adolescentes a partir de 13 anos
- Alba Pérez (Educadora Social) coa rapazada de 8 a 12 anos
- Para os máis pequenos(de 3 a 7 anos) haberá servizo de canguraxe que podedes reservar no seguinte enlace: https://espazofamilias.org/reserva/
As demáis actividades non precisan de reserva.
Datas: 22 marzo, 12 e 26 abril
Hora: 18.00h
Lugar: Centro Social de Boiro
Animámosvos a participar!!!