Os centros escolares de Boiro levamos tempo traballando para crear un espazo de reflexión e formación que atenda as demandas que nos facedes chegar as diferentes familias. Conseguímolo.
Así que agora e grazas tamén a participación do Centro autonómico de Formación e Innovación da Consellería de Educación podemos presentarvos:
OS PRIMEIROS FALADOIROS DO ESPAZOFAMILIAS_BOIRO.
Casa da cultura de A Cachada
18:00 H
INSCRICIÓNS POR CORREO ELECTRÓNICO OU NO CENTRO ESCOLAR DE REFERENCIA
espazoboiro@gmail.com
Nesta ocasión as ponencias e conversas, que xirarán en torno aos estilos parentais e as condutas aditivas na adolescencia, levarán o título:
QUE TEÑEN NA SÚA CABEZA?
E contarán con importantes especialistas na materia ( Belén Montesa. Manuel Isorna e Antonio Rial)
- 28 de marzo: Qué teñen os nosos xóvenes na cabeza: internet, whatsapp, botellón e outras “lerias” do montón.
- 11 de abril: Que debo saber ? unha prevención integral: mellora da comunicación e das relacións na familia.
- 25 de abril: A adolescencia e internet: redes sociais, videoxogos, xogos e apostas online.
- 9 de maio: A adolescencia e drogas: botellón e binge drinking, consumo de cannabis, novas sustancias psicoactivas/drogas facilitadoras do asalto sexual.
Contamos con vós. Será moi interesante.