Skip to Content

Faladoiros EspazoFamiliasBoiro

Os centros escolares de Boiro levamos tempo traballando para crear un espazo de reflexión e formación que atenda as demandas que nos facedes chegar as diferentes familias. Conseguímolo.

Así que agora e grazas tamén a participación do Centro autonómico de Formación e Innovación da Consellería de Educación podemos presentarvos:

 OS PRIMEIROS FALADOIROS DO ESPAZOFAMILIAS_BOIRO.

Casa da cultura de A Cachada

18:00 H

INSCRICIÓNS POR CORREO ELECTRÓNICO OU NO CENTRO ESCOLAR DE REFERENCIA

espazoboiro@gmail.com

Nesta ocasión as ponencias e conversas, que xirarán en torno aos  estilos parentais e as condutas aditivas na adolescencia, levarán o título:

QUE TEÑEN NA SÚA CABEZA?

E contarán con importantes especialistas na materia ( Belén Montesa. Manuel Isorna e Antonio Rial)

  • 28 de marzoQué teñen os nosos xóvenes na cabeza: internet, whatsapp, botellón e outras “lerias” do montón.
  • 11 de abril: Que debo saber ? unha prevención integral: mellora da comunicación e das relacións na familia.
  •  25 de abril: A adolescencia e internet: redes sociais, videoxogos, xogos e apostas online.
  •  9 de maioA adolescencia e drogas: botellón e binge drinking, consumo de cannabis, novas sustancias psicoactivas/drogas facilitadoras do asalto sexual. 

 

Contamos con vós. Será moi interesante.

 



story | by Dr. Radut