Skip to Content

Espazo familias - Comprendendo a adolescencia para poder exercer de Guía - 27/04/2024


O próximo sábado 27/04/2024 ás 11:30 no Centro Social de Boiro terá lugar unha nova sesión do Espazo familias. Desta volta acompañárannos a psicóloga Mª Carmen González Hermo, a educadora social Alba Fernández (obradoiro de primaria) e o educador social Jaime Bello (obradoiro de adolescentes). Dentro dese obxectivo marcado de ser quen de comprender á adelescencia para ser quen de acompañar mellor desta volta tratarase a Educación Sexual. Sodes todas/os benvidas/os á esta sesión. 

 

Para reservar o servizo de canguraxe preme nesta ligazón.

HACKATHON EPDLAB 2024

O pasado xoves 4 de abril o alumnado de 1º ESO B desprazouse a Bandeira (Silleda) para participar no Hackathon EpDLab, unha xornada de convivencia e traballo colaborativo dentro do proxecto EpDLab, no que levamos participando tres cursos. 

O EpDLab é un proxecto que se desenvolve en cinco centros de Galicia (IES Pintor Colmeiro de Silleda, IES de Brion, IES Carlos Casares de Viana do Bolo, IES Illa de Ons de Bueu e o  noso propio centro, o IES Praia Barraña de Boiro) da man de Agareso (Asociación galega de comunicación para o cambio social).

No marco deste proxecto cada curso un grupo clase recibe a visita do persoal de Agareso  para traballar en obradoiros de 100 minutos temas como a igualdade, a xustiza social, o consumo responsable, o activismo social, a lectura crítica dos medios o redes sociais... a través do uso das narrativas dixitais e as novas tecnoloxías. O obxectivo é reflexionar sobre todos estes temas vinculados á educación para o cambio social ao tempo que se traballa nun uso positivo e responsable das tecnoloxías.

No Hackathon o alumnado que participa no proxecto xúntase para unha xornada de convivencia, socialización e traballo en equipo arredor dun tema determinado. Nesta ocasión foi a convivencia positiva e o bo trato. A través de dinámicas activas de presentación e coñecemento, pensamento creativo, creación de contido audiovisual, etc. o alumnado falou sobre conceptos como a empatía, a amabilidade, o respecto, a colaboración... e aínda tiveron tempo para compartir un delicioso xantar e tempo de lecer ao aire libre. 

Agardamos seguir participando deste proxecto, que consideramos xa fundamental na planificación escolar de cada curso académico do noso centro. 

8M - No IES Praia Barraña

 

 8M_Cartel.png

O noso alumnado conmemora o 8M lendo algúns textos seleccionados polo profesorado e tamén se creou unha playlist colaborativa con aportacións do profesorado e do alumnado que podedes escoitar premendo nesta ligazón.


As alumnas e os alumnos de 2º de Bacharelato de artes fixeron creacións relacionadas co 8M que se poden atopar nas redes sociais do centro.

Espazo familias - Comprendendo a adolescencia para poder exercer de Guía - 31/01/2024

O próximo mércores 31/01/2024 ás 18:00 no Centro Social de Boiro terá lugar unha nova sesión do Espazo familias. Desta volta acompañárannos a sexóloga e psicóloga Penélope Alonso, a educadora social Alba Fernández e o educador social Jaime Bello. Dentro dese obxectivo marcado de ser quen de comprender á adelescencia para ser quen de acompañar mellor desta volta tratarase a Educación Sexual. Sodes todas/os benvidas/os á esta sesión. 

Para reservar o servizo de canguraxe preme nesta ligazón.

Blog do centro do noso alumnado de 2º de Bacharelato

       

Debuxo realizado por: Pablo Antonio Meléndez Soto

 

O alumnado de TIC II de 2º de Bacharelato xestiona un blog no que se publican información relevante relacionada co nnoso centro. Desde a web do centro queremos darlle difusión e por esta razón pódese atopar nas ligazóns do bloque dereito desta páxina web e tamén nesta noticia. 

Podedes visitar o blog nesta ligazón.

As persoas que actualizan semanalmente son: David Ardila, Brais Canosa, Héctor Outeiral, Pedro Saborido, Xavier Polo, Gonzalo Sainz, Lucas Lijó e Carla González. Coa coordinación do profesor Daniel Conde.

BOAS FESTAS E FELIZ 2024!

  Postal gañadora do Concurso de Tarxetas de Nadal. Autora: Nerea Silva Sánchez (3 ESO)

O IES Praia Barraña desexa a toda a súa comunidade educativa (alumnado, familias, profesorado e persoal non docente) e a todos e todas os que colaboran con nós ano tras ano, unhas boas festas e un mellor ano novo 2024. Vémonos nas aulas o 8 de xaneiro. Feliz descanso a todas e todos!

Convocatoria de reunión ás familias para coñecer ao profesorado titor.

DATA:26/09/2023 ás 18:15.

Obxecto da reunión: Ademais de coñecer mellor as características, as particularidades, retos e dificultades deste curso que acaba de iniciarse, é moi importante a asistencia das familias e/ou das persoas responsables legais para mellorar a colaboración casa-escola nunha etapa tan complexa como é adolescencia.

Distribuir contido


by Dr. Radut