Skip to Content

Info Probas Libres ESA

Información sobre a realización das Probas Libres para a obtención do título da ESA.

Info Probas Libres ESA

Mano escribiendo en un papel con un bolígrafo Foto gratis

Modalidade

  • As Probas Libres para Persoas Adultas realízanse en Modalidade Presencial nalgún dos centros indicados na resolución correspondente.

Requisitos de Acceso

  1. Ter cumpridos os 18 anos o día anterior á data de realización da proba.
  2. Non estar en posesión do título de graduado en educación secundaria.
  3. Non estar nin ter estado matriculadas no curso actual nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.
  4. O alumnado matriculado durante o curso actual na educación secundaria para persoas adultas poderá inscribirse nas probas se previamente cumpre as seguintes condicións:
    • Para acudir á primeira convocatoria:
      • o alumnado ten que solicitar a baixa nas ensinanzas do segundo cuadrimestre.
      • Así mesmo, as persoas con ámbitos do primeiro cuadrimestre sen superar deberán renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.
    • Para inscribirse na segunda convocatoria:
      • o alumnado con ámbitos suspensos no segundo cuadrimestre ten que renunciar á avaliación extraordinaria deses ámbitos.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

Organización

As Probas Libres desenvólvense en tres ámbitos de coñecemento, como sucede no réxime ordinario.

  • Ámbito de Comunicación.
  • Ámbito de Sociedade.
  • Ámbito Científico-Tecnolóxico.

Convocatorias

Existen dúas convocatorias:

  • 1ª convocatoria: celébrase habitualmente en maio.
  • 2ª convocatoria: celébrase habitualmente en setembro.

Duración

Tanto na primeira convocatoria como na segunda convocatoria os exames de cada un dos tres ámbitos realízanse ao longo dun mesmo día entre a mañá e a tarde.

Modelos de Exame

Podes consultar aquí os exames realizados outros anos.

Materiais

Os materiais son os mesmos que se empregan na educación secundaria ordinaria e que podes atopar aquí.

Matrícula

A información relativa á matrícula pode atoparse no apartado correspondente da sección Trámites da web.


Distribuir contido


by Dr. Radut