Skip to Content

Pagina nueva 1

  

XUNTANZA COAS FAMILIAS DE SECUNDARIA E CICLO BÁSICO

A xuntanza de inicio de curso coas familias terá lugar o vindeiro luns día 2 de outubro de 2023, de acordo ao seguinte horario:

  • 18:30 h. 1º de ESO
  • 19:00 h. 2º, 3º e 4º de ESO.
  • 19:30 h. 1º e 2º de CB de Electricidade e Electrónica.

O acto de presentación terá lugar no salón de actos, onde as familias serán acollidas polo equipo directivo, o profesorado titor e un membro da ANPA. Tras unha breve presentación, realizarán un percorrido polo centro guiados/as polo titor/a e logo continuarán na aula de referencia.

CURSO DE CAPACITACIÓN DIXITAL

CURSO CAPACITACIÓN DIXITAL

A Xunta de Galicia vén de habilitar aulas nos centros de educación para persoas adultas co obxectivo de facilitar a capacitación dixital. O IES Pedro Floriani impartirá o dito curso, co obxectivo de formar en competencias dixitais básicas á poboación adulta do concello de Redondela.

Esta actuación permitirá á cidadanía formarse en competencias dixitais transversais necesarias para desenvolverse de forma cotiá nunha sociedade cada vez máis dixitalizada, na que servizos esenciais, tales como a banca, o acceso ás administracións públicas ou o consumo se realizan de forma telemática.

As actividades irán dirixidas, preferentemente, ás persoas maiores de 55 anos cun nivel baixo de cualificación neste eido, atendendo especialmente a fenda de xénero á poboación vulnerable e ás zonas rurais.

O comezo será o 9 de outubro de 2023 e o horario o luns de 18:30 - 21:00 horas e os xoves de 17:00 - 19:30 horas.

A inscrición pode realizarse na secretaría do instituto presentando o formulario que se xunta.

AVISO TRANSPORTE PARA AS PRESENTACIÓNS DO DÍA 11 DE SETEMBRO

Lamentamos comunicar que o luns 11 de setembro, o transporte escolar non estará dispoñible.

PRESENTACIÓNS E INICIO CURSO 2023-2024

O tempo estimado de duración para as presentacións será de: 45 minutos.

O alumnado dirixirase ao salón de actos na hora indicada para o seu curso, e despois dunha breve presentación, serán acompañados polo profesorado titor de cada grupo ás súas aulas correspondentes.

Dado que o salón de actos está sito nun lateral do patio central, prégase non atravesar o edificio principal para o acceso a dito recinto.

As clases empezarán o martes 12, en horario habitual para todos os niveis.

AVISO: Non se disporá de transporte escolar o luns. As rutas de transporte comezarán o martes. O alumnado pode solicitar información na presentación se o precisa

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA CURSO 2023-2024 ESA

 Xa sabes que se es maior de 18 anos, podes graduarte en educación secundaria, con clases presenciais pola tarde no noso centro ou semipresenciais (a distancia).

No IES Pedro Floriani ofrecemos atención personalizada e seguimento diario do alumnado.

Matrícula aberta a partir do 1 de setembro. Máis información aquí.

Teléfono secretaría: 886 120 413.

Ponte en contacto con nós. Ti podes!!! Sorriso

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA CURSO 2023-2024 ESA

"EXPOFLORIANI", MUDANDO O MUNDO

Expoflo2023

“ExpoFloriani”, mudando o mundo


O pasado martes 20 de xuño abrimos as nosas portas a toda a comunidade educativa para dar a coñecer os proxectos educativos que o alumnado de ESO, FPB e Bacharelato realizou durante o presente curso.

Antes de nada gustaríanos agradecervos a todas as persoas que vos achegastes este ano ata esta segunda edición da “ExpoFloriani” a vosa participación e interese. Todas esas familias, alumnado e profesorado de centros da contorna e profesionais do mundo do ensino que viñestes compartir connosco este evento educativo que este ano contou con 42 proxectos e 8 espazos pedagóxicos.

Como xa ides coñecendo a “ExpoFloriani” é unha feira de coñecemento que o alumnado constrúe na súa totalidade, dende o deseño e organización dos stands, ata a explicación e atención ás persoas asistentes. Os proxectos presentaron formatos diferentes (representacións, curtas, documentais, stands…), e abordaron distintas temáticas que partiron dunha fonda análise da contorna realizada polo alumnado (saúde mental, recuperación de espazos degradados, limpeza de ríos e praias, atención de persoas en situación de risco…).

A exposición é o resultado da clara aposta do instituto pola renovación pedagóxica e as novas liñas educativas. No instituto entendemos o centro de ensino como un espazo aberto á comunidade redondelá a través dunha concepción democrática e de calidade do ensino, na que o alumnado é o auténtico protagonista e o profesorado traballa de xeito coordinado e interdisciplinar. O centro basea a súa actuación educativa no desenvolvemento integral do alumnado a través da renovación e a innovación pedagóxica.

Se queres ter unha idea xeral de como foi “ExpoFloriani” podes premer aquí e visualizar o vídeo, e se che apetece coñecer algo máis sobre os proxectos poder visitar a web de “ExpoFloriani”.

Feliz verán a tod@s!!

PUBLICACIÓN DOS RESULTADOS FINAIS DE AVALACIÓN EN ABALAR

As cualificacións finais do curso 22 23 serán publicadas en Abalar de acordo ao seguinte cadro.

ADMISIÓN E MATRÍCULA CICLOS

EXAMES FINAIS DE XUÑO

NOS SEGUINTES ENLACES  PODES VISUALIZAR e DESCARGAR AS DATAS DOS EXAMES FINAIS DO MES DE XUÑO DO CURSO 22_23 (Clicade na Ensinanza correspondente)


1ºBACHARELATO

2ºBACHARELATO

FP Básica

CM Instalacións deTelecomunicacións

CM Xestión Adm. e CS Adm. e Finanzas

Distribuir contido


by Dr. Radut