Skip to Content

Pagina nueva 1

Programacións 2023-2024

As programacións correspondentes ao curso 2023-2024 poden atoparse en PROENS en "Acceso público" neste enlace, seleccionando o centro, o tipo de ensino, curso e materia.

MATRÍCULA MÓDULO IV ESA PARA NOVO ALUMNADO

AVISO XERAL:

A matrícula para o alumnado de nova incorporación no centro no 2º cuadrimestre no módulo IV, que non estivera matriculado anteriormente neste curso no módulo III, será do 9 DE XANEIRO AO 19 DE XANEIRO.

Máis información aquí.

1ª PROMOCIÓN DO CURSO BÁSICO EN MEDIOS DIXITAIS

NORABOA á primeira promoción de alumnas e alumnos do Curso Básico en Medios Dixitais que se impartiu no IES Pedro Floriani!!!


Foi un gusto contar convosco e esperamos que todo o aprendido co móbil (transferencia de fotos e arquivos, consulta vida laboral, Google Maps, contactos, pen drive,…) e ordenador (crear unha conta, facer cuestionarios online, subir tarefas, citas dni, permisos queima,…) vos sirva de axuda no futuro.


Para todos aquelas persoas que queiran formar parte desta familia haberá mais cursos en xaneiro/febreiro. Máis información achegándose ao centro ou chamando por teléfono.

CALENDARIO DE AVALACIÓNS CURSO 2023-24

XUNTANZA COAS FAMILIAS DE BACHARELATO

A xuntanza de inicio de curso coas familias terá lugar o vindeiro luns día 9 de outubro de 2023, de acordo ao seguinte horario:

  • 18:30 h. 1º de Bacharelato
  • 19:00 h. 2º de Bacharelato

O acto de presentación terá lugar no salón de actos, onde as familias serán acollidas polo equipo directivo, o profesorado titor, a orientadora e un membro da ANPA. Tras unha breve presentación, realizarán un percorrido polo centro guiados/as polo titor/a e logo continuarán a xuntanza na aula de referencia.

Prégase que na medida do posible, só acuda un proxenitor/a de cada alumno/a debido á falta de capacidade do salón de actos.

CALENDARIO EXAMES ESA 2023/2024

FOLLETO INFORMATIVO EDIXGAL FAMILIAS 2023/24

AVISO TRANSPORTE PARA AS PRESENTACIÓNS DO DÍA 11 DE SETEMBRO

Lamentamos comunicar que o luns 11 de setembro, o transporte escolar non estará dispoñible.

PRESENTACIÓNS E INICIO CURSO 2023-2024

O tempo estimado de duración para as presentacións será de: 45 minutos.

O alumnado dirixirase ao salón de actos na hora indicada para o seu curso, e despois dunha breve presentación, serán acompañados polo profesorado titor de cada grupo ás súas aulas correspondentes.

Dado que o salón de actos está sito nun lateral do patio central, prégase non atravesar o edificio principal para o acceso a dito recinto.

As clases empezarán o martes 12, en horario habitual para todos os niveis.

AVISO: Non se disporá de transporte escolar o luns. As rutas de transporte comezarán o martes. O alumnado pode solicitar información na presentación se o precisa

Distribuir contido


by Dr. Radut