Skip to Content

Matrículas

Actualización sobre o proceso de admisión no prazo de reserva (alumnado admitido e non admitido)

Alumnado de 1º ESO

Todo o alumnado dos centros adscritos CEIP Reboreda e CEIP Porto Cabeiro que presentou a reserva de praza para este centro en 1º ESO foi admitido no prazo de reserva (do 15 de xaneiro ao 5 de febreiro).

O alumnado admitido para 1º ESO deberá presentar o impreso de matrícula do 24 de xuño ao 26 de xuño.

Alumnado de 1º Bacharelato modalidade de Ciencias e Tecnoloxía e de Ciencias Sociais e Humanidades

O alumnado que solicitou a modalidade de Ciencias e Tecnoloxía ou de Ciencias Sociais e Humanidades dos centros adscritos IES Illa de San Simón e CPI Curros Enríquez non foi admitido no prazo de reserva xa que houbo máis solicitudes que prazas vacantes dispoñibles. Este alumnado terá que presentar unha nova solicitude de admisión no periodo de admisión do 1 ao 20 de marzo.

Coa solicitude de admisión xa poderán achegar toda aquela documentación que demostre os criterios de admisión alegados na solicitude para o baremo. 

Alumnado de 1º Bacharelato na modalidade de Artes Plásticas e Deseño

O alumnado dos centros adscritos IES Illa de San Simón e CPI Curros Enríquez que solicitaron reserva de praza na modalidade de Artes Plásticas e Deseño foi admitido no prazo de reserva.

O alumnado admitido para 1º Bacharelato de Artes Plásticas e Deseño deberá presentar o impreso de matrícula do 27 de xuño ao 1 de xullo.

Información sobre o proceso de admisión para a ESO e Bacharelato Curso 2024-2025

No caso de que o/a alumno/a estea matriculado/a nun centro adscrito ao IES Pedro Floriani deberán presentar a solicitude de reserva dende o 15 de xaneiro ata o 5 de febreiro no centro no que estean matriculados/as actualmente.

Instrucións para presentar a solicitude de admisión para o curso 2024-2025

Para solicitar praza para un/ha alumno/a matriculado/a nun centro que non estea adscrito ao IES Pedro Floriani, as familias deberán presentar o impreso de admisión do 1 ao 20 de marzo.

Deben ter en conta que no caso de que presentasen unha solicitude de reserva e non renunciasen no prazo correspondente (antes do 28 de febreiro), se no período de admisión (do 1 ao 20 de marzo) presentan unha solicitude de admisión para outro centro xerarase unha duplicidade de solicitudes.

No caso de que presentasen a renuncia en prazo (tanto dunha solicitude de reserva como doutra solicitude de admisión previa) deberán indicar no impreso da nova solicitude de admisión que renunciaron por escrito á reserva ou á admisión solicitada previamente.

O impreso pódese descargar dende os seguintes enlaces:

O impreso pódese presentar telemáticamente na sede do rexistro electrónico da Xunta no seguinte enlace:

MOI IMPORTANTE: Recorden que no impreso deben constar as sinaturas de todos os proxenitores/titores/acolledores do alumno/a. No caso de pais separados/divorciados deben constar as sinaturas dos dous proxenitores sempre que teñan os dous a patria potestade (independentemente do réxime de custodia do/a alumno/a).

O impreso tamén se pode presentar presencialmente na Secretaría do IES Pedro Floriani.

Co impreso de admisión deberán achegar:

  • O Anexo II-bis que é a sinatura do outro proxenitor/titor/acolledor (inclúese ao final do impreso).
  • Fotocopia do DNI do alumno/alumna e do DNI do/a proxenitor/titor/acolledor que conste como solicitante.
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente.
  • No caso de separación ou divorcio, sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • Poderán achegar o resto da documentación que se indica no impreso para demostrar os criterios de admisión alegados (no caso de que haxa que baremar por existir máis solicitudes que prazas dispoñibles).

Normativa onde se regula todo o procedemento de admisión para o curso 2024-2025

  • Lei Orgánica 2/2006, do3 de maio, de Educación, no seu capítulo III "Escolarización en centros públicos e privados concertados".
  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

Prazo de presentación das solicitudes de reserva

  • O prazo para presentar as solicitudes de reserva abrangue dende o 15/01/2024 ata o 05/02/2024.
  • Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: o 22 de febreiro

Prazo de presentación das solicitudes de admisión

O prazo para presentar as solicitudes de reserva abrangue dende o 01/03/2024 ata o 20/03/2024.

Información importante sobre a presentación de solicitudes de admisión

1º. Todo o alumnado incluído no ámbito desta orde poderá presentar solicitude de admisión, solicitando ata seis (6) centros por orde de preferencia, e alegar os criterios de admisión que pretenda que se lle valoren. Esta solicitude de admisión dirixirase ao centro solicitado en primeiro lugar.

Despois de presentar unha solicitude de admisión, para renunciar a ela deberá facerse expresamente por escrito, indicándoo no recadro correspondente da nova solicitude que deberá presentarse.

2º. O alumnado que teña prioridade para continuar estudos nun centro de adscrición pode exercer o seu dereito á reserva de praza presentando solicitude de reserva no centro adscrito, isto é, no que está matriculado nese momento, e identificará o centro de adscrición que solicita.

3º. En todo caso, a solicitude de reserva ou de admisión é única para cada alumno/a e ten carácter vinculante. A súa presentación implica que son certos os datos indicados nela.

A existencia dunha solicitude de admisión presentada en prazo sen renunciar expresamente á anterior e, así mesmo, a existencia dunha solicitude de admisión sen ter renunciado á praza reservada a 28 de febreiro (este incluído) poderán ser causa de perda do dereito a participar no procedemento nos termos previstos no artigo 8 da ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro (DOG 08/11/2022).

Criterio complementario do centro para fase de baremo

O criterio complementario do centro é:

  • Por proxenitor/a, irmán/irmá antigo alumno do centro: 1 punto.

Este criterio complementario estáblecese de acordo co artigo 24 da ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 (DOG núm. 212 do 08/11/2022).

Curso Modalidade Vacantes
1º ESO   6
2º ESO   0
3º ESO   10
4º ESO   6
1º Bac. Artes 12
1º Bac. Ciencias e Tecnoloxía 7
1º Bac. Humanidades e Ciencias Sociais 17
2º Bac. Artes 4
2º Bac. Ciencias e Tecnoloxía 7
2º Bac. Humanidades e Ciencias Sociais 8

Prazos do resto do proceso

  • O prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo (só no caso de que haxa máis solicitudes de admisión que vacantes dispoñibles):10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.
  • Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: o 25 de abril.
  • Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais: 5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido.
  • Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: o 15 de maio.
  • Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria: do 20 ao 30 de xuño.
  • Prazo para formalizar a matrícula na ESO e bacharelato: do 23 de xuño ao 7 de xullo.

Centros adscritos ao IES Pedro Floriani

Centro adscrito

Curso de adscrición

CEIP Plurilingüe de Porto Cabeiro

Solicitudes para 1º ESO

CEIP Plurilingüe de Reboreda

Solicitudes para 1º ESO

CPI Curros Enríquez

Solicitudes para 1º BACH

IES Illa de San Simón

Solicitudes para 1º BACH

 

Zonificación do centro

Área de influencia:

A área de influencia ESO 4 está integrada polas parroquias de Cabeiro, Negros, Vilar de Infesta, Ventosela e Reboreda. O perímetro da mesma coincide cos límites exteriores do conxunto de parroquias.

Zonas limítrofes:

Son áreas limítrofes deste centro as áreas ESO 1 (parroquia de Redondela), ESO 2 (parroquias de Chapela e Trasmañó) e ESO 3 (Parroquias de Cedeira, Saxamonde, Quintela, Cesantes e OViso) e ás áreas de influencia correspondentes ás parroquias de Teis e Candeán do concello de Vigo.

O centro ofrece liñas de transporte nas áreas de influencia propias para os alumnos da ESO.

A matriculación neste centro implica respectar o proxecto educativo do centro vixente para cada ano académico.

Consulta de datos do proceso de admisión a través da aplicación admisionalumnado

Os/as alumnos/as e as súas familias poderán consultar na aplicaciónadmisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) a seguinte información do proceso de admisión:

a) O cronograma coas datas dos trámites principais do procedemento de reserva, admisión ordinaria e matrícula.

b) A previsión de postos escolares dispoñibles e as súas modificacións.

c) A relación do alumnado de cada curso, co número da solicitude de admisión asignado pola aplicación admisionalumnado no momento da súa gravación.

d) O estado de tramitación da súa solicitude utilizando o número de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

e) A listaxe do alumnado con posto reservado e a listaxe provisional e definitiva do alumnado admitido coa puntuación total e do alumnado non admitido

Para a consulta da citada información na aplicación admisionalumnado poderán acceder utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o certificado dixital e Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

 

Admisión Formación Profesional 2022-2023 (Renucia ou Matrícula)

Dirección Xeral de Formación Profesional Admisión Formación Profesional 2022-2023

- Réxime ordinario Instrucións do procedemento vía web para:

- Solicitar/reservar matrícula

- Renunciar á praza adxudicada

INSTRUCIÓNS EN FICHEIRO ADXUNTO

SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR BACHARELATO E FP

Impreso de solicitude de uso de transporte escolar gratuíto para alumnado de Bacharelato e Formación Profesional

Ver adxunto.

MATRÍCULA CURSO 2023-2024 ESA (XANEIRO)

Muller rellenar formulario de solicitud Foto gratis

PRAZO: 9 ao 19 de XANEIRO de 2024

O alumnando que dexese incorporarse ás ensinanzas de Educación Secundaria para Persoas Adultas deberán cubrir e presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude de Admisión e Matrícula. Pódese descargar aquí.
  • Declaración de non estar escolarizado/a nas mesmas ensinanzas noutro centro. Pódese descargar aquí.
  • Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade.
  • Fotocopia do DNI do/a alumno/a.
    • No caso de ser menor tamén deberá achegarse a fotocopia do DNI da nai, pai ou titor/a legal e a autorización para alumnado menor de idade.Pódese descargar aquí.
  • Fotocopia NUSS (Número de Usuario/a da Seguridade Social).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Resgardo do pagamento do seguro escolar en Abanca, Suc. Redondela.
    • Nº Conta: ES49 2080 5450 7530 4011 7398 (1,12‎€) [só as persoas menores de 28 anos].
  • Fotocopia compulsada do contrato laboral (só as persoas menores de 18 anos e maiores de 16, que non cursaran ensinanzas de FPB/PCPI).

Unha vez cuberta a documentación poderá presentarse entre o 09/01/24 e o 19/01/24 de dous xeitos:

1. Telematicamente

    • Descárganse os documentos (Solicitude de Matrícula e Declaración de non estar escolarizado/a) e cúbrense no ordenador.
    • Envíase toda a documentación como arquivo adxunto ao email do instituto: ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal. No asunto do correo electrónico debe figurar ‘MATRÍCULA: Curso_Nome alumna ou alumno’.

Dende o IES Pedro Floriani pregamos que se empregue preferentemente a modalidade telemática de envío dos formularios se é posible.

2. Presencialmente

    • Solicitarase cita previa enviando un correo co asunto “MATRÍCULA: Cita_Nome alumna ou alumno a citapreviafloriani@gmail.com.
    • Posteriormente descargaranse os documentos, imprimiranse na casa e levaranse xa asinados ao centro.

Calquera incidencia ou dúbida que poida xurdirlle ao alumnado sobre o proceso de matriculación, pode consultala no enderezo electrónico ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal ou no teléfono 886 12 04 13.

MATRÍCULA 1º ESO CURSO 2022-2023

Para formalizar a matrícula para 1º de ESO, deberá entregar o impreso de matrícula cuberto e a documentación que se indica, na secretaría deste centro.

Recolleremos os impresos dende o 23 ata o 28  de xuño, de 10:00 a 13:00 h.

 no teléfono

886 120 413

Xúntanse instrucións e impreso.

 

PREMATRÍCULA CURSO 2020-2021

A fin de escalonar a presenza das familias no centro, iniciamos o proceso de prematrícula para os cursos de 2º, 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato. O alumnado que conte con continuar os seus estudos no IES Pedro Floriani debe seguir as instrucións que figuran na ligazón correspondente ao curso no que se vai matricular para o 2020-2021:

2º ESO

3º ESO

4º ESO

1º BACH

2º BACH

Nas datas que se indican nas instrucións correspondentes a cada curso, tamén se entregará a documentación relativa á SOLICITUDE FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO e ás AXUDAS ADQUISICIÓN MATERIAL ESCOLAR (Orde de 12 de maio, DOG 19 de maio). Máis información en https://www.edu.xunta.es/fondolibros.

Esta solicitude pode presentarse telematicamente na sede electrónica da Xunta Galicia (procedemento ED330B) en https://sede.xunta.gal/portada, ou presencialmente, no instituto.

A solicitude do Fondo e a tramitación da prematrícula faránse nas mesmas datas para minimizar o risco de contaxio.

É obrigatorio o uso da máscara, gardar as distancias de seguridade e seguir todas as indicacións.

O IES Pedro Floriani agradece a colaboración do alumnado e das familias para levar a cabo este proceso.

PROCESO ADMISIÓN NOVO ALUMNADO

Restablécese o prazo para a presentación das SOLICITUDES DE ADMISIÓN de NOVO ALUMNADO que se incorpora por primeira vez ao Centro.

PRAZO 11 - 18 de maio de 2020.

Para1º ESO: alumnado que NON cursou primaria en centro adscrito.

Para 1º Bacharelato: alumnado que NON cursou ESO no centro.

De acordo á lexislación vixente: 

RECOMÉNDASE A

PRESENTACIÓN TELEMÁTICA

de SOLICITUDES 

(NESTE ENLACE PODE ATOPAR INFORMACIÓN ADICIONAL SOBRE O PROCESO TELEMÁTICO)

PARA ATENCIÓN PRESENCIAL

de 9:00 - 14:30 h

 no teléfono

886 12 04 13

  • NORMAS:

Só acudirá un único proxenitor/a.

Débese seguir o protocolo e as instrucións de seguridade.

  • IMPRESO DE SOLICITUDE:

A solicitude atópase no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.es/admisiónalumnado

Prégase cubrir todos os campos da solicitude (incluídos os relativos ao baremo) e achegar o DNI do alumno e a documentación xustificativa do baremo.

Oferta de prazas para o curso 2013/2014 - ESO e Bacharelato

CURSO OFERTA DE
PRAZAS
RESERVA VACANTES
1º ESO 54 + 6 NEAE 45 9 + 6 NEAE
2º ESO 60 47 13
3º ESO 60 42 18
4º ESO 60 46 14
1º BACHARELATO
HUMANIDADES E CC. SS
33 6 27
1º BACHARELATO
CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO
33 16 17
2º BACHARELATO
HUMANIDADES E CC. SS
33 21 12
2º BACHARELATO
CIENTÍFICO-TECNOLÓXICO
33 28 5

NORMATIVA:

- Decreto 254/2012 do 13 de decembro (DOG do 26 de decembro de 2012)

- Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15 de marzo de 2013)

 

CENTROS ADSCRITOS:

-CEIP Santo Paio de Abaixo

-CEIP Porto Cabeiro

 

PRAZO PRESENTACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN:

Do 5 ao 17 de abril

Matrícula

Calendario do procedemento de admisión e matrícula para o curso escolar 2013/2014

(DOG nº. 53, do 15 de marzo de 2013)

 

 

Reserva de praza no centro de orixe

Do 18 ao 22 de marzo

Publicación de postos escolares vacantes

4 de abril

Presentación da solicitude de admisión

Do 5 ao 17 de abril

Presentación de documentación acreditativa dos criterios de baremo

Do 22 de abril ao 3 de maio

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas/non admitidas

Até o 10 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas/non admitidas

Antes do 31 de maio

Formalización da matrícula en ESO e Bacharelato

Prazo ordinario: Do 25 xuño ao 10 xullo

Prazo extraordinario: Do 1 ao 10 de setembro

 

Distribuir contido


by Dr. Radut