Skip to Content

Axudas e bolsas

BOLSAS E AXUDAS PARA O CURSO 2021-2022

A partir de hoxe pódese consultar a información relativa a solicitude de bolsas e axudas para o estudo para o curso 2021-22. A información está dispoñible a través deste enlace no portal de Educación y FP do Goberno de España.

LISTAXE PROVISIONAL DE SOLICITUDES ADMITIDAS/EXCLUÍDAS NO PROCEDEMENTO DE AXUDAS PARA A ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR (vale para material escolar 50.-€)

O día 12 de xullo, pode consultarse no centro, en horario de 09:00 a 13:00 horas, a listaxe de solicitudes admitidas e excluídas na convocatoria de axudas para a adquisición de MATERIAL ESCOLAR.

Prazo de reclamacións: martes 13 e mércores 14 (ata as 13:00 horas)

Toda vez que o centro participa no PROXECTO DE EDUCACIÓN DIXITAL (E-DIXGAL), o alumnado queda excluído da participación no fondo solidario de libros de texto.

CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR CURSO 2021/22

Orde do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2021 (este incluído).

Téñase en conta que ao estar dentro do proxecto E-Dixgal para o vindeiro curso, non haberá axudas para a adquisición de libros de texto en ningún curso de Educación Secundaria.

Ver a Orde DOG 20 maio

LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO DE LIBROS E AXUDAS DE MATERIAL

Xa están publicadas no taboleiro de anuncios do centro, as listaxes provisionais das solicitudes do fondo solidario de libros de texto e axudas de material así como o período de reclamacións.

Horario de 9:00 a 13:00 horas.

Imaxe relacionada

Distribuir contido


by Dr. Radut