Skip to Content

Impresos

ESA: PREMATRÍCULA CURSO 2020-2021

O alumnado que desexe incorporarse ás ensinanzas de secundaria para adultos/as deberán cubrir e presentar o impreso de prematrícula que se adxunta.

PRAZO: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.

Unha vez cuberto, pódese presentar de dúas maneiras:

  1. Imprimir na casa e levar xa asinado ao centro, previa cita telefónica. Para poder imprimilo é necesario descargalo antes.

  2. Telemáticamente, enviándoo ao email do instituto: ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal. No asunto do correo electrónico debe figurar ‘Prematrícula: Curso_Nome alumna ou alumno'. Desde o equipo directivo pregamos que se use esta modalidade de envío dos formularios se é posible.

Calquera incidencia ou dúbida que lles xurda sobre o proceso de prematriculación, pode consultárnola no teléfono 886 12 04 13 ou no enderezo electrónico ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal

PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO E CICLO SUPERIOR DE FP

Convocadas as probas de acceso aos ciclos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2020

Orde do 20 de xaneiro de 2020 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2020:

  • Grao medio: O prazo de presentación abranguerá os días 2 e 13 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.
  • Grao superior: O prazo de presentación abranguerá os días 10 e 19 de febreiro de 2020, ambos os dous incluídos.

Máis información:

ABERTO O PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Desde o venres día 1 e ata o 20 de marzo permanecerá aberto o prazo de solicitude de admisión nos centros escolares para o vindeiro curso 2019/20.
Este procedemento vai dirixido a todo o alumnado que entra por primeira vez no sistema educativo, así como aos de Infantil, Primaria, ESO e de Bacharelato que desexan cambiar de centro escolar, sempre que haxa prazas dispoñibles.
Os trámites poden realizarse vía telemática na aplicación informática creada para tal fin: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
Segundo o sorteo público efectuado, no caso de empate de puntuación para unha mesma praza, as letras de desempate son “E” e“C” para o primeiro apelido e “U” e “P” para o segundo.
Imaxe relacionada

SOLICITUDE DE RESERVA DE ALUMNADO EN CENTROS ADSCRITOS

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2019/2020

Fase de reserva de prazas en centros de adscrición:

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o próximo día 1 de febreiro de 2019 inícianse os trámites do procedemento, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 15 de febreiro, ambos incluídos.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 28 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso.

Máis información aquí.

xwrcjbfrwp

gpethsrvj | IES Pedro Floriani
[url=http://www.gl7r06gvw63146pq4d847rcj260subz6s.org/]uxwrcjbfrwp[/url]
axwrcjbfrwp
xwrcjbfrwp http://www.gl7r06gvw63146pq4d847rcj260subz6s.org/

Distribuir contido


by Dr. Radut