Skip to Content

Biblioteca

HORA DE LER

NORMATIVA E CALENDARIO

  1. O alumnado accederá desde o blog Bibliofloniani ao formulario para solicitar o libro que quere ler de 1º e 2º ESO ou de 3º, 4º e FP Básica.
  2. No formulario figuran dous enlaces a padlet con propostas de lecturas: un dirixido a 1º e 2º de ESO e outro para 3º, 4º e FP Básica.
  3. Cada persoa deberá encher un formulario para formalizar o empréstito do seu libro para a Hora de ler. No formulario deberá incluir alomenos catro títulos por orde de preferencia, aínda que o préstamo será só dun libro. 
  4. Pódense pedir libros de calquera dos dous padlet, independentemente do curso ao que se pertenza. Así, un alumno/a de 3º ou 4º pode pedir libros do padlet de 1º e 2º e viceversa. Sen embargo, a pertenza a un determinado curso pode dar prioridade á hora de tomar prestado un libro se máis dunha persoa o solicita.
  5. O alumnado recibirá na aula a caixa con todos os libros do seu grupo (un por persoa). Ao finalizar a sesión a caixa deberá baixarse á biblioteca, onde permanecerá ata a seguinte sesión.
  6. En cada libro figurará unha nota (post-it)  co seu destinatario/a. Ademais, pegada na caixa irá unha lista con todo o alumnado do grupo e o libro que ten cada un/ha.
  7. Se algunha persoa quere cambiar o libro de lectura, deberá comunicalo a través dun correo electrónico a horadelerfloriani@gmail.com no que inclúa o seu nome, curso e o libro que solicita con, polo menos, 24 horas de antelación con respecto á seguinte sesión da Hora de ler. É aconsellable que o alumno/a inclúa polo menos dous títulos por orde de preferencia, por se o que desexa ler non está dispoñible nese momento.
  8. De non poder comunicalo a través do correo electrónico, deberá facelo a través dunha nota que se entregará coa caixa.

BIBLIOFLORIANI - HORA DE LER
Calendario 2020-2021

1ª Avaliación
Día de lectura: MARTES
2ª Avaliación
Día de lectura: MÉRCORES
3ª Avaliación
Día de lectura: XOVES

20/10:  9:00-9:50
27/10:  9:50-10:40
03/11: 10:40-11:30
10/11: 12:00-12:50
17/11: 12:50-13:40
24/11: 13:40-14:30

Recollida libros:
25 novembro

20/01:  9:00-9:50
27/01:  9:50-10:40
03/02: 10:40-11:30
10/02: 12:00-12:50
24/02: 12:50-13:40
03/03: 13:40-14:30

Recollida libros:
4 marzo

15/04:  9:00-9:50
22/04:  9:50-10:40
29/04: 10:40-11:30
06/05: 12:00-12:50
13/05: 12:50-13:40
20/05: 13:40-14:30

Recollida libros:
21 maio

OS MARTES, HORA DE LER

Durante este trimestre levaremos a cabo a "Hora de Ler" os martes cambiando cada semana de sesión en Secundaria e FP Básica.

Nas aulas hai caixas decoradas polo alumnado de 3º de ESO con propostas de lecturas para quen non teña libro. As propostas son moi diversas: ficción, banda deseñada, ciencia, tecnoloxía, historia...

Esperamos que disfrutedes a tope desta actividade!

COMEZAN OS CLUBS DE LECTURA

Este curso contamos con catro clubs de lectura que darán comezo ao longo do mes de outubro coa seguinte distribución:

  • 7 de outubro: 1º e 2º ESO / FP Básica HEDWIG
  • 14 de outubro: 3º e 4º ESO / LAURIÓN
  • 21 de outubro: Bach, Ciclos, Adultos / ATENEA
  • 28 de outubro: Lectura fácil

Biblioteca

biblio

Contamos con tres clubes de lectura: para 1º e 2º de ESO, para 3º e 4º de ESO e para Bacharelato e adultos/as.

A biblioteca desenvolve cada ano un proxecto interdisciplinar no que participan activamente todos os departamentos didácticos do centro.

Desde a biblioteca implementanse actividades que fomenten a innovación pedagóxica: obradoiros de temática diversa, conferencias, charlas, dramatizacións, mindfulness, etc.

Conta con máis de 6.000 fondos bibliográficos entre os que destaca unha sección adicada ao comic feminista, películas didácticas, etc. Actualizamos permanentemente os nosos fondos, con novidades editoriais tanto en galego como en castelán e editamos boletíns informativos para poñer ao día aos nosos/as lectores/as.

Acceso ao blog da Biblioteca: BIBLIOFLORIANI.

Aquí podes entrar á biblioteca do IES Pedro Floriani desde o Proxecto Meiga.

logo biblio

Distribuir contido


by Dr. Radut