Skip to Content

MATRÍCULA CURSO 2021-2022 ESA (SETEMBRO)

PRAZO: 1 de Setembro ao 10 de Setembro de 2021

O alumnando que dexese incorporarse ás ensinanzas de Educación Secundaria para Persoas Adultas deberán cubrir e presentar a seguinte documentación:

  • Solicitude de Admisión e Matrícula. Pódese descargar aquí.
  • Declaración de non estar escolarizado/a nas mesmas ensinanzas noutro centro. Pódese descargar aquí.
  • Historial académico de ensinanzas cursadas ou libro de escolaridade.
  • Fotocopia do DNI do/a alumno/a.
    • No caso de ser menor tamén deberá achegarse a fotocopia do DNI da nai, pai ou titor/a legal.
  • Fotocopia NUSS (Número de Usuario/a da Seguridade Social).
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Dúas fotografías tamaño carné.
  • Resgardo do pagamento do seguro escolar en Abanca, Suc. Redondela.
    • Nº Conta: ES49 2080 5450 7530 4011 7398 (1,12‎€) [só as persoas menores de 28 anos].
  • Fotocopia compulsada do contrato laboral [só as persoas menores de 18 anos e maiores de 16, que non cursaran ensinanzas de FPB/PCPI].

Unha vez cuberta a documentación poderá presentarse entre o 01/09/21 e o 10/09/21 de dous xeitos:

1. Telematicamente.

    • Descárganse os documentos (Solicitude de Matrícula e Declaración de non estar escolarizado/a) e cúbrense no ordenador.
    • Envíase toda a documentación como arquivo adxunto ao email do instituto: ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal. No asunto do correo electrónico debe figurar ‘MATRÍCULA: Curso_Nome alumna ou alumno’.

Dende o I.E.S. Pedro Floriani pregamos que se empregue preferentemente a modalidade telemática de envío dos formularios se é posible.

2. Presencialmente.

    • Solicitarase cita previa enviando un correo co asunto “MATRÍCULA: Cita_Nome alumna ou alumno a citapreviafloriani@gmail.com.
    • Posteriormente descargaranse os documentos, imprimiranse na casa e levaranse xa asinados ao centro.

Calquera incidencia ou dúbida que poida xurdirlle ao alumnado sobre o proceso de matriculación, pode consultala no enderezo electrónico ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal ou no teléfono 886 12 04 13.

AdxuntoTamaño
IESPF_M_Matrícula ESA_Declaración Escolarización.pdf82.34 KB
IESPF_M_Matrícula.pdf122.99 KB


page | by Dr. Radut