Skip to Content

Taboleiro

CALENDARIO EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2ºBACHARELATO_2023

Parabéns a todos os titulados na convocatoria ORDINARIA !!

Agora toca o último esforzo.  Neste enlace podedes acceder a toda a inform. ABAU_23

O alumnado que ten algunha materia suspensa tendes clases de recuperación no voso horario normal de todo o curso e no adxunto tendes o Calendario dos exames da convocatoria extraordinaria.

CALENDARIO SESIONS DE AVALIACIÓN

Calendario de avaliacións curso 22 23

(Modificado e aprobado no claustro do 16/01/23 segundo ORDE do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG 5 xaneiro 2023)

CALENDARIO ESCOLAR 2022-2023

LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO EN 1º BACH CURSO 2022-23

A listaxe provisional do alumnado admitido para o vindeiro curso 2022/2023, para 1º Bacharelato, pode consultarse dende hoxe no taboleiro de anuncios interior do centro en horario de mañá ou tarde.

As puntuacións detalladas por cada un dos criterios poderán consultarse na Secretaria do centro de 09:00 a 13:00 horas, dende o 26 de abril ata o 02 de maio.

Prazo de reclamación listaxe provisional: Ata o luns 02 de maio de 2022

CONCRECIÓN CURRICULAR e ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022, publicada no DOG do 11 de febreiro, pola que se actualiza a normativa de avaliación en Primaria, ESO e Bacharelato, os Centros educativos de Galicia tivemos que modificar a concreción curricular, as datas de avaliacións, os criterios de promoción e titulación e as programacións didácticas deste curso 2021-2022

Nos seguintes enlaces podedes atopar toda a información que se viu afectada pola ORDE:

CALENDARIO SESIÓNS DE AVALIACIÓNS

CRITERIOS DE PROMOCIÓN, TITULACIÓN e OBTENCIÓN DE MATRICULA DE HONRA

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS

MODIFICACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR DO CENTRO

CALENDARIO FIN DE CURSO 2021/2022

II CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA

 

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Pedro Floriani (Redondela), o IES Mendiño (Redondela) e o IES Cabo Ortegal (Cariño) convocan conxuntamente o II Certame de microrrelato e fotografía Exeria, en honor á primeira escritora galega da que se ten coñecemento.

Consulta as bases que rexerán o concurso no ficheiro que se xunta máis abaixo:

ENTRADA EN VIGOR DOS NOVOS CONTRATOS DE TRANSPORTE ESCOLAR

O día 3 de marzo comezarán a funcionar os novos contratos de transporte escolar da Consellería de Educación. Poden acceder ao mapa das rutas enviadas en novembro pola Consellería no arquivo que se xunta. 

PRESENTACIÓN DO CURSO 2021/2022 - EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS/AS (ESA): MÓDULOS II E IV

Novas | IES Pedro Floriani

Os Módulos II e IV do Curso 2021/2022 en Educación Secundaria de Adultos (ESA) no IES Pedro Floriani darán inicio o vindeiro luns 7 de febreiro de 2022.

LUNS 7 DE FEBREIRO

CURSO    

HORARIO

AULA

PORTA DE ENTRADA AO RECINTO ESCOLAR

MÓDULO II

19:00

E2

A

MÓDULO IV

19:30

25

A

Instrucións a seguir polo alumnado o día da presentación dos Módulos II e IV do curso 2021/2022 da ESA:

  • O alumnado acudirá ao centro á hora indicada máis arriba.
  • O alumnado entrará a través da porta de acceso A (en amarelo no plano inferior "Planta Baixa") en ringleira con distancia de 1,5 m.
  • O alumnado deberá botar xel hidroalcólico na porta de entrada do centro e subir ata o segundo andar do centro (en amarelo no plano inferior "Segunda Planta"), ata a aula que lle corresponde.
  • Para entrar na aula o alumnado deberá coller un anaco de papel impregnado no produto de limpeza e limpar a súa mesa, posteriormente botarao no lixo correspondente e limpará as mans de novo con solución hidroalcólica.
  • O/A profesor/a daralle a benvida e explicará as normas, a organización e o funcionamento do curso.
  • Unha vez rematada a presentación, o alumnado sairá pola mesma porta pola que ten o acceso.
  • O alumnado debe permanecer coa máscara posta e manterá a distancia de 1,5 metros no recinto en todo momento.



CONVOCADAS AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2022

London2019

Publicada a Orde do 11 de xaneiro de 2022 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2022, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva (código de procedemento ED504B).

  • O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
  • A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.gal/axudasle.
Distribuir contido


by Dr. Radut