Skip to Content

Alumnado

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA PARA AS PROBAS DO DELF ESCOLAR EN GALICIA

Os diplomas DELF (Diplôme d’Études en Langue Française1) son os diplomas oficiais de lingua francesa expedidos polo Ministerio de Educación Nacional de Francia e recoñecidos internacionalmente por 174 países. A súa validez é indefinida.


O alumnado dos centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia pode presentarse ás probas para a obtención deste diploma ao abeiro dun convenio de colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e o Servizo de Cooperación e de Acción Cultural da Embaixada de Francia en España (SCAC) polo que se implantou o diploma DELF Scolaire -DELF Escolar- en Galicia.

Quen pode presentarse?

Todos aqueles alumnos e alumnas de centros públicos de ensino secundario da Comunidade Autónoma de Galicia que estuden a materia de Francés como primeira ou segunda lingua estranxeira, estean matriculados nunha Sección Bilingüe en Francés ou cursen o programa de Bacharelato de dobre titulación BachiBac.

Prazo de matrícula:

O prazo de matrícula é do 3 ao 27 de febreiro de 2020 na Alianza Francesa correspondente.

Máis información na circular que se adxunta.

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO

Publicamos o calendario de datas e horas de exames de setembro.

A entrega de notas será o xoves día 5 de setembro ás 11:00 horas. 

Reclamacións: 5 e 6 de setembro.

CALENDARIO PROBAS ACCESO A CICLOS DE FP

Publicamos adxunto o calendario de probas de acceso a ciclos medios e superiores de Formación Profesional Convocatoria 2019.

Alumnado

Distribuir contido


by Dr. Radut