Skip to Content

Familias

XUNTANZA COAS FAMILIAS DE SECUNDARIA E CICLO BÁSICO

A xuntanza de inicio de curso coas familias terá lugar o vindeiro luns día 2 de outubro de 2023, de acordo ao seguinte horario:

  • 18:30 h. 1º de ESO
  • 19:00 h. 2º, 3º e 4º de ESO.
  • 19:30 h. 1º e 2º de CB de Electricidade e Electrónica.

O acto de presentación terá lugar no salón de actos, onde as familias serán acollidas polo equipo directivo, o profesorado titor e un membro da ANPA. Tras unha breve presentación, realizarán un percorrido polo centro guiados/as polo titor/a e logo continuarán na aula de referencia.

SOPORTE PREMIUM

De xeito remoto a través dunha canle telefónica durante as 24 horas do día, os 7 días da semana:

  •  A través do número de teléfono 881 86 99 00
  •  De xeito remoto a través do correo electrónico soporte.premium@edu.xunta.gal
  •  A través do WhatsApp no número 604 06 78 56
  •  A través do Telegram na conta @Serviciopremiumedixgal

CONTACTO ANPA

Contacto ANPA: anpasantamarina.floriani@gmail.com

CALENDARIO SESIONS DE AVALIACIÓN

Calendario de avaliacións curso 22 23

(Modificado e aprobado no claustro do 16/01/23 segundo ORDE do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG 5 xaneiro 2023)

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS curso 2022_23

Clicando na imaxe podedes acceder a relación do profesorado do Centro e a hora de atención ás familias de cada un dos profesores no Curso 22_23

AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2022/23 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos na orde que se achega como documento adxunto.

O prazo para presentar solicitudes rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído)

A contía da axuda para adquirir material escolar destinado a alumnado matriculado en ESO con renda per cápita familiar igual ou inferior a 6.000 € será de 50 €.

O alumnado que estea en situación de garda ou tutela da Xunta de Galicia, o alumnado de EE ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65 % será beneficiario desta axuda con independencia da renda.

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (ED330B-anexos I e II) dispoñible na aplicación fondolibros:

https://www.edu.xunta.es/ fondolibros a través da sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal

Opcionalmente, poderá presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

PRIMAVERA XOVE 2022

ACTIVIDADES DE LECER PARA A XUVENTUDE NOS MESES DE ABRIL E MAIO

Aberto o prazo de solicitudes de participación no programa Primavera Xove 2022 da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

O Programa Primavera Xove inclúe:

Estancias de Semana Santa e fins de semana en albergues xuvenís para mozos e mozas de 14 a 17 anos

Encontros formativos e de networking nos campus universitarios de Santiago, A Coruña, Ourense e Vigo.

Feiras Primavera Xove nos 12 espazos xove dependentes da Xunta de Galicia.

INFORMACIÓN

FORMULARIO DE INSCRICIÓN

ENTRADA EN VIGOR DOS NOVOS CONTRATOS DE TRANSPORTE ESCOLAR

O día 3 de marzo comezarán a funcionar os novos contratos de transporte escolar da Consellería de Educación. Poden acceder ao mapa das rutas enviadas en novembro pola Consellería no arquivo que se xunta. 

Distribuir contido


by Dr. Radut