Skip to Content

Taboleiro

CALENDARIO EXAMES CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA 2ºBACHARELATO_2023

Parabéns a todos os titulados na convocatoria ORDINARIA !!

Agora toca o último esforzo.  Neste enlace podedes acceder a toda a inform. ABAU_23

O alumnado que ten algunha materia suspensa tendes clases de recuperación no voso horario normal de todo o curso e no adxunto tendes o Calendario dos exames da convocatoria extraordinaria.

CALENDARIO SESIONS DE AVALIACIÓN

Calendario de avaliacións curso 22 23

(Modificado e aprobado no claustro do 16/01/23 segundo ORDE do 27 de decembro de 2022 de modificación da Orde do 20 de maio de 2022 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2022/23 nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia. DOG 5 xaneiro 2023)

"EXPOFLORIANI", MUDANDO O MUNDO

O pasado mércores 15 de xuño abrimos as nosas portas a toda a comunidade educativa para dar a coñecer os proxectos educativos que o alumnado de 3º da ESO, 4º da ESO e 1º de Bacharelato realizou no presente curso.

“ExpoFloriani” é unha feira de coñecemento que o alumnado constrúe na súa totalidade, dende o deseño e organización dos stands, ata a explicación e atención ás persoas asistentes. Cada un dos proxectos que puido verse no evento abordou unha temática concreta que partiu dunha fonda análise da contorna realizada polo alumnado: a recuperación do monte, a limpeza de ríos e praias, a contribución na mellora de vida das persoas en risco de exclusión social ou das persoas cegas…

A exposición é o resultado da clara aposta do instituto pola renovación pedagóxica e as novas liñas educativas. No IES contamos cun equipo de novas pedagoxías dende hai 5 anos que nos permite que unha parte importante do profesorado estea formado en liñas pedagóxicas e didácticas innovadoras. Así pois situamos ao alumnado no centro do proceso formativo a través dun rol activo que busca desenvolver ao máximo as súas competencias básicas.

No instituto entendemos o centro de ensino como un espazo aberto á comunidade redondelá a través dunha concepción democrática e de calidade do ensino, na que o alumnado é o auténtico protagonista e o profesorado traballa de xeito coordinado e interdisciplinar. O centro basea a súa actuación educativa no desenvolvemento integral do alumnado a través da renovación e a innovación pedagóxica.

Se queres ver como foi “ExpoFloriani” podes premer aquí e visualizar o vídeo, e se che apetece coñecer algo máis sobre os proxectos poder visitar a web de “ExpoFloriani”. Feliz verán a tod@s!!

CALENDARIO EXAMES DE BACHARELATO. CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA. Xuño 2022

Os exames da convocatoria extraordinaria faranse o 20, 21, 22 de xuño. A sesión de avaliación será o 23 e ese mesmo día ás 15:00h publicaranse as notas por abalar. As reclamacións o 27 e 28 de xuño.

Clica na imaxe para visualizar ou descargar o horario de exames para 1º e 2º de Bacharelato

CALENDARIO EXAMES FINAIS DE CICLOS. Xuño 2022

Clica na imaxe para visualizar ou descargar o calendario e o horario dos exames finais dos ciclos que temos no noso IES

As sesións de avaliación de todos os grupos serán o día 23 e publicaremos as notas por abalar ese mesmo día ás 15:00h

RECOLLIDA DE ALIMENTOS FLORIANI SOLIDARIO

A semana do 26 ao 29 de abril, por iniciativa de alumnado de 1º de Bacharelato, vaise realizar nos IES Pedro Floriani e IES Illa de San Simón unha recollida de alimentos non perecedeiros que posteriormente se vai entregar a Cáritas. Agradecemos a vosa colaboración.

LISTAXE PROVISIONAL DO ALUMNADO ADMITIDO EN 1º BACH CURSO 2022-23

A listaxe provisional do alumnado admitido para o vindeiro curso 2022/2023, para 1º Bacharelato, pode consultarse dende hoxe no taboleiro de anuncios interior do centro en horario de mañá ou tarde.

As puntuacións detalladas por cada un dos criterios poderán consultarse na Secretaria do centro de 09:00 a 13:00 horas, dende o 26 de abril ata o 02 de maio.

Prazo de reclamación listaxe provisional: Ata o luns 02 de maio de 2022

CONCRECIÓN CURRICULAR e ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS

Segundo a ORDE do 25 de xaneiro de 2022, publicada no DOG do 11 de febreiro, pola que se actualiza a normativa de avaliación en Primaria, ESO e Bacharelato, os Centros educativos de Galicia tivemos que modificar a concreción curricular, as datas de avaliacións, os criterios de promoción e titulación e as programacións didácticas deste curso 2021-2022

Nos seguintes enlaces podedes atopar toda a información que se viu afectada pola ORDE:

CALENDARIO SESIÓNS DE AVALIACIÓNS

CRITERIOS DE PROMOCIÓN, TITULACIÓN e OBTENCIÓN DE MATRICULA DE HONRA

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS

MODIFICACIÓN DA CONCRECIÓN CURRICULAR DO CENTRO

CALENDARIO FIN DE CURSO 2021/2022

II CERTAME DE MICRORRELATO E FOTOGRAFÍA EXERIA

 

Os Equipos de Dinamización da Lingua Galega do IES Pedro Floriani (Redondela), o IES Mendiño (Redondela) e o IES Cabo Ortegal (Cariño) convocan conxuntamente o II Certame de microrrelato e fotografía Exeria, en honor á primeira escritora galega da que se ten coñecemento.

Consulta as bases que rexerán o concurso no ficheiro que se xunta máis abaixo:

ENTRADA EN VIGOR DOS NOVOS CONTRATOS DE TRANSPORTE ESCOLAR

O día 3 de marzo comezarán a funcionar os novos contratos de transporte escolar da Consellería de Educación. Poden acceder ao mapa das rutas enviadas en novembro pola Consellería no arquivo que se xunta. 

Distribuir contido


by Dr. Radut