Skip to Content

Taboleiro

ENTROIDO NO FLORIANI

ACHÉGASE SAN VALENTÍN

Puede ser una imagen de Unha ou máis persoas e texto que dice "DÍA DE SAN VALENTÍN Demostra o teu amor... EN GALEGO Escribe túg carta de amor_en_galego. Indica o nome da persoa destinataria seu curso. Deposítaa na caixa de correo da entrada. Prazos e condicións Equipos de Dinamización da Lingua Galega •Data límite: 10 de febreiro As cartas serán revisadas, como todos anos, para evitar contido inapropiado ou faltas de respecto. Reparto de cartas: 19 de febreiro os"

PREMIO DE AMNISTIA INTERNACIONAL

Parabéns para a nosa alumna Alba Roza quen recibiu a semana pasada o premio polo haiku gañador da última convocatoria do Concurso de Microrrelatos e Haikus dos centros de Educación Secundaria da zona Sur da provincia de Pontevedra, na categoria de autoras ou autores entre 12  e 13 anos (Haiku).

Nos días grises
só unha luz haberá
"A LIBERDADE"

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA CURSO 2020-21

O Equipo de Dinamización Lingüística do Instituto Pedro Floriani durante o curso 2020-2021 está compuesto polos/as seguintes integrantes:

  • Coordinadora: Andrea Expósito Loureiro.
  • Profesorado: Jose F. Fernández Sampedro, Rosa Mª Ligero Valladares e Macarena López López.
  • Personal non docente: Rebeca Veloso González
  • Alumnado: Tania Alonso Míguez, Araiz Bastos Pereira, Raúl Berdomás Rodríguez, Marina Collazo Couñago, Susana Fernández Barciela, Joel Figueroa García, Yassin Ibrahimi Lorenzo, Iria Míguez Lorenzo e Gema Vergara Míguez.

O EDLG publica na súa conta de Instagram e no blog NormalizaciónFloriani.

BOAS FESTAS

Boas Festas!

Equipo Directivo
IES Pedro Floriani

POSTAIS DE NADAL

O alumnado de 1º de ESO, xunto coa profe Inés de Plástica, participaron na elaboración destas felicitacións de Nadal que están expostas na entrada do centro.

Hoxe saberemos cal é a postal seleccionada. A que dixen

BOLBORETAS NO 25 NOVEMBRO

SOLICITUDE MÁSCARAS

PROCEDEMENTO PARA SOLICITAR ÁS MÁSCARAS PARA O ALUMNADO:

Segundo as instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre a Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

ALUMNADO DESTINATARIO:

O alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES:

a) Non ten que presentar solicitude: O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude: O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.

Alumnado matriculado en educación especial.

Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%

DOCUMENTOS QUE SE PRESENTAN:

  • Solicitude Anexo I  e Anexo II
  • Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
  • En caso de separación ou divorcio, ademais deberán achegar a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/a menor.

LUGAR E PRAZO DE ENTREGA:

DE FORMA PRESENCIAL NA SECRETARÍA DO  CENTRO ESCOLAR DO 16 AO 26 Novembro.

OFERTA FORMATIVA DE FORMACIÓN PROFESIONAL CURSO 2020-2021

Ven de publicarse no Diario Oficial de Galicia a ORDE  pola que se actualiza a oferta de ciclos formativos para o curso 2020/21.

Oferta formativa do IES Pedro Floriani:

Grao básico

CBELE Electricidade e electrónica 18 prazas
CBIFC Informática de oficina

Grao medio

CMELE Instalacións de telecomunicacións 22 prazas
CMADG Xestión administrativa 30 prazas

Grao superior

CSADG Administración e finanzas 30 prazas

Máis información no portal de Formación Profesional #FPGalicia

  

ADIAMENTO RENOVACIÓN CONSELLOS ESCOLARES

A situación derivada do empeoramento da crise sanitaria xerada pola pandemia do COVID-19 levou ás autoridades sanitarias a ditar a Orde do 21 outubro de 2020 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia. Neste contexto, coa finalidade de preservar a saúde das persoas e evitar aglomeracións, faise necesario o adiamento da convocatoria de eleccións ao consello escolar de centros docentes sostidos con fondos públicos de ensino non universitario.

RESOLUCIÓN DO 22 DE OUTUBRO DE 2020, DA SECRETARÍA XERAL DE EDUCACIÓN E FORMACIÓN PROFESIONAL, POLA QUE SE ADÍA A CELEBRACIÓN DE ELECCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DOS MEMBROS DOS CONSELLOS ESCOLARES DE CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS.

Distribuir contido


by Dr. Radut