Skip to Content

Taboleiro

ABERTO O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE BOLSAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

Estimadas familias:
Informámosvos de que o prazo para presentar as solicitudes de Bolsas e axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2020/21 está aberto ata o 30 de setembro de 2020.

Para solicitar cita coa orientadora e presentar a axuda posteriormente en Secretaría podedes escribir ao correo electrónico citapreviafloriani@gmail.com

->Acceso á Resolución publicada no BOE e á web do Ministerio sobre as axudas.

CORREO ELECTRÓNICO PARA SOLICITAR CITA PREVIA

Poñemos a vosa disposición un novo correo electrónico para solicitar cita previa e ser atendidos/as presencialmente no instituto:

citapreviafloriani@gmail.com

PROTOCOLO PROBAS EXTRAORDINARIAS SETEMBRO 2020

Estimadas familias e alumnado,

Como é sabido, a Consellería de Educación publicou na súa páxina web un "Protocolo de Adaptación ao Contexto do Covid" de obrigado cumprimento para o curso escolar que está a piques de comezar. O Equipo Directivo xunto co persoal non docente, estamos traballando, segundo as nosas posibilidades, para adecuar os espazos e a organización do centro e conseguir un entorno o máis seguro posible.

Polo tanto, pregamos sigan con atención estas normas básicas:

  • Non se poderá acudir ao Centro con sintomatoloxía compatible co Covid ou se está en corentena por convivir ou ter contacto estreito con persoas diagnosticadas.
  • O alumnado chegará ao centro alomenos cinco minutos antes da hora de comezo dos exames, coa súa propia máscara posta. Aquelas persoas que estean dispensadas da obrigatoriedade de levar máscara, deberán acreditalo documentalmente.
  • Fará a entrada polo portal exterior e avanzará en fila de un, respectando a distancia de seguridade de 1.50m, polo carril dereito marcado no chan, ata a porta do edificio.
  • Debe hixienizar as mans a entrada do edificio co dispensador situado na parede.
  • Seguirá as instrucións da persoa presente na entrada para dirixirse á aula que lle indique.
  • Para a realización das probas, deberá vir provisto do material necesario, dado que non é posible compartilo.

Na Aula:

  • Debe permanecer coa máscara posta en todo momento.
  • Debe hixienizar o pupitre e a cadeira que lle indiquen, usando un pano de papel e desinfectante situados a entrada da aula.
  • Debe seguir as normas indicadas polo profesor para recoller, realizar e entregar o exame.
  • Non debe moverse do seu posto ata que llo permitan.
  • Antes de abandonar a aula, debe usar o papel e o desinfectante para limpar pupitre e cadeira.
  • Cando saia da aula, deberá seguir as rutas indicadas no chan e respectar as indicacións e a distáncia de seguridade ata abandonar o recinto escolar.

PROTOCOLO COVID ALUMNADO PROBAS EXTRAORDINARIAS SETEMBRO 2020


  • Non se poderá acudir ao Centro con sintomatoloxía compatible co Covid ou se está en corentena por convivir ou ter contacto estreito con persoas diagnosticadas.
  • Chegará ao centro alomenos cinco minutos antes da hora de comezo dos exames, coa súa propia máscara posta. Aquelas persoas que estean dispensadas da obrigatoriedade de levar máscara, deberán acreditalo documentalmente.
  • Fará a entrada polo portal exterior e avanzará en fila de un, respectando a distancia de seguridade de 1.50m, polo carril dereito marcado no chan, ata a porta do edificio.
  • Debe hixienizar as mans a entrada do edificio co dispensador situado na parede.
  • Rexistrarase co nome e teléfono de contacto e seguirá as instrucións da persoa presente na entrada para dirixirse á aula que lle indiquen.

 

Para a realización das probas, deberá vir provisto do material necesario, dado que non é posible compartilo

Na Aula:

  • Debe permanecer coa máscara posta en todo momento.
  • Debe hixienizar o pupitre e a cadeira que lle indiquen, usando un pano de papel e desinfectante situados a entrada da aula.
  • Debe seguir as normas indicadas polo profesor para recoller, realizar e entregar o exame.
  • Non debe moverse do seu posto ata que llo permitan.
  • Antes de abandonar a aula, debe usar o papel e o desinfectante para limpar pupitre e cadeira.
  • Cando saia da aula, deberá seguir as rutas indicadas no chan e respectar as indicacións e a distáncia de seguridade ata abandoar o recinto escolar.

 

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2020 - 2021

Achéganse os libros de texto por cursos e materias para o vindeiro curso 2020 - 2021.

En primeiro da ESO temos concedido por primeira vez o proxecto E-Dixgal, polo que non haberá libros de texto para mercar.

ADMISIÓN A CICLOS FORMATIVOS 2020

Consulta as listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional aquí.

Réxime ordinario

O prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 21 de xullo ata as 13:00 horas do luns 27 de xullo de 2020.

A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada. Achéganse os impresos de matrícula.

Tamén se poderá solicitar matrícula na praza adxudicada vía web, pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".

  • Listaxes de persoas con praza adxudicada

Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de grao superior

  • Listaxes de espera

Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao medio
Listaxe de espera aos ciclos formativos de grao superior

INFORMACIÓN DA ADMISIÓN NA UNIVERSIDADE NO BLOG FLORIENTA

O Blog FLORIENTA, do Departamento de Orientación, publica información sobre o PROCESO DE ADMISIÓN NA UNIVERSIDADE. Podedes consultala picando na imaxe:

Admisión na Universidade no Blog Florienta

PUBLICACIÓN DA LISTAXE PROVISIONAL FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR

A listaxe provisional de admitidos/as do Fondo solidario de libros de texto e axudas de material escolar para o vindeiro curso pódese consultar en:

  • Taboleiro de anuncios do instituto.
  • Telefonicamente no 886 120 413
  • Telematicamente mediante a Chave365

Prazo de reclamacións á listaxe: 15 e 16 de xullo de 2020.

EXPOSICIÓN INSTRUMENTOS MUSICAIS

Instrumentos feito con obxectos reciclados por alumnado de 2° ESO.
Como non foi posible facer unha exposición presencial, aí vai unha mostra do traballo dos noso alumnado.

FP: ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN

Está aberto o prazo para solicitar a admisión en FP. As instrucións están nesta páxina da Consellería de Educación:

Páxina da Consellería de Educación de introdución de datos para a matrícula en FP 2020-21

Distribuir contido


by Dr. Radut