Skip to Content

Matrícula Probas Libres ESA

Proceso de matrícula nas Probas Libres da ESA

Matrícula Probas Libres ESA

Ver cosechado de la mujer rellenar formulario de solicitud Foto gratis

Matrícula Probas Libres ESA

O alumando que desexe realizar a matrícula nas Probas Libre da ESA deberá realizar os seguintes pasos:

1.- Descargar e cubrir a seguinte documentación:

    • Na 1ª Convocatoria.

Instancia de Baixa. O alumnado debe descargar a instancia aquí e cubrila indicando que quere ser dado/a de baixa explicando o porqué da mesma.

    • Na 2ª Convocatoria.

Renuncia á Avaliación Extraordinaria. O alumnado debe descargar o documento de Renuncia á Avaliación Extraordinaria aquí.

2.- Unha vez cuberta documentación poderá presentarse de dous xeitos:

1.- Telematicamente.

    • Descárganse os documentos (Instancia ou Renuncia á Avaliación Extraordinaria) e cúbrense no ordenador.
    • Envíase toda a documentación como arquivo adxunto ao email do instituto: ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal. No asunto do correo electrónico debe figurar ‘BAIXA: Curso_Nome alumna ou alumno’ ou ‘RENUNCIA: Curso_Nome alumna ou alumno’, segundo sexa o caso.

Dende o I.E.S. Pedro Floriani pregamos que se empregue preferentemente a modalidade telemática de envío dos formularios se é posible.

2.- Presencialmente.

    • Solicitarase cita previa enviando un correo co asunto “BAIXA: Cita_Nome alumna ou alumno  ou “RENUNCIA: Cita_Nome alumna ou alumno a citapreviafloriani@gmail.com.
    • Posteriormente descargaranse os documentos, imprimiranse na casa e levaranse xa asinados ao centro.

Calquera incidencia ou dúbida que poida xurdirlle ao alumnado sobre o proceso de matriculación, pode consultala no enderezo electrónico ies.pedro.floriani@edu.xunta.gal ou no teléfono 886 12 04 13.

Ademais o alumnado pode solicitar información para guiarse na súa escolla no servizo de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut