Skip to Content

2017-2018

Os "Araos" voan ata Pontevedra

O venres 27 os clubs de lectura do centro abandoaron terras porteñas para dirixirse a outras máis cálidas. Aló foron cincuenta alumnos acompañados de María, Silvia e Emilio, convidado estrela e responsable de que empezasen a aniñar os araos no instituto.

Ao chegar gozamos dun tempiño libre pola parte antiga da cidade e ás doce comezamos un roteiro pola "Pontevedra de Mª Victoria Moreno", a quen está adicado o Día das Letras Galegas 2018. Acompañounos un guía que nos foi explicando diferentes curiosidades da vida cultural da cidade e da propia escritora. Repuxemos forzas nunha pizzería na compaña de Eva Mejuto, a autora de "22 segundos", libro que lemos no club. Ao remate, dirixímonos ao Pazo da Cultura para visitar o Salón do libro infantil e xuvenil, onde realizamos o encontro literario ca autora.

É un pracer que un terzo do instituto forme parte desta gran familia de "Araos lectores". Compartir as felicitacións que recibimos polo bo comportamento e atención do alumnado.

Visita dos Embaixadores Júnior do Parlamento Europeo a Estrasburgo e Bruxelas

Alumnos de 3º da ESO, que este ano son Embaixadores Júnior do Parlamento Europeo, visitaron varias institucións comunitarias entre os días 10 e 16 de abril, acompañados dos profesores do Departamento de Historia, Susana Álvarez e Jacobo Santos.

Concretamente, en Estrasburgo visitaron as sedes do Consello de Europa, do Parlamento Europeo e da Valedora do Pobo; en Bruxelas, visitaron a Comisión Europea, novamente o Parlamento Europeo e a Casa da Historia Europea, e participaron no xogo de rol do Parlamentarium.

Houbo tamén tempo para ir a Waterloo, Bruxas e, en bicicleta, ás praias do Mar do Norte.

Máis info.: Que Pasa na Costa, La Voz de Galicia, El Correo Gallego (18 abril), Europa Direct

Tres ex-parlamentarios galegos visitan o instituto

O 3 de abril visitaron o Instituto Plurilingüe Pedra da Aguia tres ex deputados do Parlamento galego para dar unha charla a medio centenar de alumnos que cursan 3º da ESO, entre eles os 15 embaixadores junior do Parlamento Europeo que a vindeira semana irán a Estrasburgo e Bruxelas.

Ler máis: Que Pasa na Costa, La Voz de Galicia, Diario camariñán, El Correo Gallego (4 abril).

En que mes estamos? No matemés!

Dende o Departamento de matemáticas estamos a desenvolver durante este mes de abril dúas actividades:

O MATEMÉS: É un concurso no que se vos propón semanalmente un reto matemático para darlle solución. Os retos colgaranse cada luns no taboleiro de entrada da biblioteca e debedes ser rápidos, porque se dades a solución o primeiro día tedes 5 puntos, pero cada día que vaia pasando pode ganarse un punto menos ó acertar, de xeito que o venres xa só poderiades levar un punto. No concurso particípase en grupos de tres persoas e haberá un premio para primeiro e segundo e outro para terceiro e cuarto.

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA: Fíxate ben, ves as matemáticas arredor de ti? Mosaicos, simetrías, figuras xeométricas..., están por todas partes! Tíralles unha foto e participa ata o 27 de abril. Podes gañar unha calculadora científica, uns auriculares ou un tangram. Consulta as bases do concurso.

Participación do noso Centro no Encontro Xuvenil Europeo Your Europe, Your Say (YEYS)

Tres estudantes de 4º da ESO do noso instituto participaron no encontro europeo Your Europe, Your Say, celebrado en Bruxelas a mediados de febreiro. Carla, Gabriel e Iván, acompañados do seu profesor Jacobo, foron os únicos representantes españois neste evento organizado polo Comité Económico e Social Europeo (CESE) e que reuniu a mozos dos 28 estados membros e dos cinco países candidatos para debater o tema do patrimonio cultural europeo.                 Máis información en Que pasa na Costa, La Voz de Galicia e El Correo Gallego.

Exposición de modelos celulares

 

Como colofón de trimestre, a rapazada de 1ºESO pon a proba a súa creatividade e demostra o aprendido sobre as células nesta avaliación. Gran traballo por equipos, parabéns a estes cativos e cativas! Esperemos que en 3ºESO lembren todavía o nome dalgún orgánulo...

Preme aquí para ver as fotos de tódalas maquetas!

Distribuir contido


by Dr. Radut