Skip to Content

2015-2016

Visita a Sotavento

Unha vivenda bioclimática con domótica instalada, un coche 100% eléctrico, os diferentes muíños de vento que se construíron ao longo da historia, o interior dun aeroxerador... Todo isto puideron ver os rapaces de 3º e 4º que o martes visitaron o parque eólico experimental de Sotavento.

Ademais, descubriron pequenos xestos que permiten conseguir, de xeito doado, aforro enerxético e de auga no día a día, como eliminar o stand-by e os consumos ocultos nos aparellos eléctricos (hai que desenchufar os cargadores!), usar lámpadas LED ou instalar aireadores nas billas. Foi unha viaxe longa, pero resultou ben proveitosa.

Día da muller

O 8 de marzo é data para a reflexión, sobre a situación social e laboral das mulleres; para a reivindicación, da igualdade de oportunidades e condicións laborais; e para a celebración, polos avances acadados e as gañas de seguir loitando para que sexan firmes e maiores.

Semana das froitas frescas

Durante os segundos recreos desta semana, temos á nosa disposición froita na entrada do instituto, dentro do Plan de Consumo de Froita na Escola, con financiamento da U.E.

Podemos escoller unha peza enteira ou pinchos con combinados de varias froitas e tamén botar unha ollada ás composicións artísticas que irán aparecendo. Fixástesvos nas palmeiras que había hoxe?

Felicidades aos nosos parlamentarios!

Aínda que non conseguiron a clasificación para a fase final do Parlamento Xove, temos que felicitar a Sol, Mónica, Fran e Gabriel que, coordinados por Jacobo Santos, acadaron un moi bo posto 11.

O nivel dos debates foi alto pero os nosos representantes deron o mellor de si e recibiron os parabéns do xurado pola elocuencia no discurso, a seguridade no mesmo ao non precisar ler os argumentos, a axeitada xesticulación e a estruturación do tema.

Duro combate!

Duro combate, dialéctico, claro, o que están librando Gabriel, Fran, Mónica e Sol. Polo momento gañaron un dos debates e perderon outro, aínda que con moi boa puntuación, polo que están ben situados na clasificación xeral.

Pola tarde teñen que verse as caras cun dos finalistas da edición pasada, pero seguro que iso non os intimida porque o están a facer cada vez mellor. Moito ánimo e seguide así!

Parlamento Xove

"Parlamento Xove" trátase dunha competición na que os  equipos inscritos investigan, escriben e debaten acerca dun tema, co obxecto de fomentar entre os xoves o diálogo como ferramenta para argumentar razoadamente as ideas propias.

Sol Carracedo, Gabriel Dovao, Fran Moreira e Mónica Mouzo están hoxe na Coruña, preparados para representar ao noso centro na fase clasificatoria que se vai desenvolver mañá na Laboral. De seguro que nos deixan en moi bo lugar. Ánimo, rapaces!

Distribuir contido


by Dr. Radut