Skip to Content

Felicidades aos nosos parlamentarios!

Aínda que non conseguiron a clasificación para a fase final do Parlamento Xove, temos que felicitar a Sol, Mónica, Fran e Gabriel que, coordinados por Jacobo Santos, acadaron un moi bo posto 11.

O nivel dos debates foi alto pero os nosos representantes deron o mellor de si e recibiron os parabéns do xurado pola elocuencia no discurso, a seguridade no mesmo ao non precisar ler os argumentos, a axeitada xesticulación e a estruturación do tema.

Porén, á satisfacción polo traballo realizado temos que sumar a indignación pola falta de seriedade da Dirección Técnica do concurso, que modificou o sistema de puntuación co torneo xa ben avanzado e sen consensualo máis que cunha parte dos coordinadores. Pola inxustiza que supón para o equipo que deixou de clasificarse por esta decisión (a nós só nos fixo baixar un posto) e polo mal exemplo que estas prácticas ofrecen ao alumnado, temos iniciado xa o proceso de impugnación do concurso. Manterémosvos informados.  Ler máis



page | by Dr. Radut