Skip to Content

Tanxarina, un mundo de títeres

Este martes tivemos a sorte de contar no IES con Andrés, un dos compoñentes da compañía Tanxarina, para nos ofrecer unha charla sobre a historia dos títeres e das marionetas. Ademais, o alumnado de 2º e 3º de PMAR así como o de 1º de FP básica puideron coñecer as diferentes tipoloxías de títeres, como se constrúe cada unha delas, que materiais se empregan e, sobre todo, como se manipulan. Todo un luxo ter á nosa disposición un dos mestres en manipulación de títeres da Galiza que nos ilustrou coa presentación de moitos dos bonecos do seu taller. 

Elas, recital teatralizado en tres actos

As valentes poetas Hortensia Bautista, Pilar Alonso e Teresa Ríos, tres das integrantes do grupo Cabrafanada (a parte / sección teatral – performativa do grupo poético ponteareán Versos de Area) actuou o venres 26 de marzo para o alumnado de 4º da Eso e de 2º de FP básica no auditorio municipal das Neves.

Física Re-creativa

O pasado xoves 25 de marzo o profesor da Universidade de Vigo, Benito Vázquez, acompañou á rapazada de 1º e 2º de bacharelato para lles falar de como o ollo humano percibe a cor. Para explicoulles a través de diferentes demostracións as diferenzas entre as cores  primarias e as secundarias e o concepto de lonxitude de onda. Toda unha marabilla poder contar con José Benito Vázquez quen participa en diversos proxectos de difusión científica, sendo embaixador en España de Scientix, e coordinador do grupo internacional Hands on Science, a máis de participar noutros proxectos como Click on Physics.

O alumnado de 2º de FPB realizan un deseño de melloras da rede local e áreas do noso centro educativo

O alumnado de segundo de FP Básica realizaron un proxecto final chamado "deseño funcional de melloras da rede local e de áreas do noso centro educativo" no módulo de "Instalación e Mantemento de Redes para a Transmisión de Datos".

Cambio climático, existe ?

O xoves 25 de marzo a rapazada de 1º de BACH e 4º da ESO asistiu a unha charla sobre cambio climático na que tamén se abordaron outras temáticas como o quencemento global e os datos que o demostran. Os ponentes eran dous investigadores da UVIGO, Alexandre Martínez Schönemann e Cristina Fernández González, que traballan sobre a contaminación do mundo mariño. Por iso, insistiron en deixar claro como de preocupante é a situación do mar e, asemade, fixeron moito fincapé no tratamento que se lles dá a estas noticias na prensa optando, ás veces, máis polo sensacionalismo que pola información. Unha charla moi amena que contou cun grande interese por parte do alumnado.
Distribuir contido


by Dr. Radut